Concurso Goya 2013
Irías ás salas de cine aínda que tiveses que empeñar un ril para paga-la entrada? Gústache tanto a séptima arte que vos parece que a Fotogramas está feita por afeccionados? Te-lo rap que fixo Antonio Resines na anterior gala dos Goya de ton de chamada do móbil? Logo esta é a túa quiniela. Fai as túas apostas para os Goya e, se acertas máis que ninguén, gaña un lote de produtos Compostimes (inclúe unha camisola á ultimísima moda e un paraugas, que ben se agradece en febreiro!).
Ligazón ó concurso: https://docs.google.com/forms/d/1NPuG_fX2Dpj5_8qq6qp6BH1aoJ4XWuM-s3V38fke8Gk/edit
Bases do concurso
- Só está permitido un voto por persoa.
- O concurso permanecerá aberto ata as 19:59, un minuto antes do comezo da Gala.
- O premio consiste nun lote de produtos Compostimes: camiseta, bolígrafo, chaveiro e paraugas.
- En caso de empate, procederase a sortear o premio entre os acertantes nun acto público cuxo día e hora serán comunicados a estes a través do correo electrónico.
- O gañador recibirá un correo electrónico de aviso no enderezo facilitado ao encher os datos do concurso.
- O nome do gañador será anunciado nas redes sociais. No caso de non desexar que o seu nome sexa divulgado se resultase agraciado, o participante pode facelo constar mediante correo electrónico ó enderezo redaccion@compostimes.com.