Cartas con resposta: “Salgan del armario”

Estas letras que nos envía Diego Seijas Varela abren a veda dunha sección que chamaremos “Cartas con resposta”, e na que o director de Compostimes responderá, a xeito de consultorio economico/sentimental, as vosas coitas cotiás, berros contra calquera das inxustizas que diariamente nos asaltan ou críticas furibundas ó noso (pseudo)medio. Lembrade, a caixa de correo redaccion@compostimes.com está famenta do que queirades contarnos.

En esta sociedad hay un serio problema. El dilema en cuestión no es más que un curioso miedo a afirmar las cosas tal y como son. A mí me gustan los hombres y lo digo sin tapujos, ¡acaso alguien tiene la osadía de decir que hay algo malo en ello! Como yo, la mayoría de churreros del poder -con todo mi respeto y admiración para todos los señores y señoras que se dedican a preparar churros, porras y derivados-, o séase, esos personajillos que se visten de traje, que viajan en coches supermegapreparados para cualquier advenimiento, que amasan billetes y papeles oficiales y elaboran recetillas a su antojo, todos esos que se hacen llamar políticos deberían reconocer que lo que les va de verdad es el dinero. La guita, el parné, también la famita, a estas gentes les gusta más el celebritismo que a las caras de cualquier revista de papel couché. Y me repatea que nos vendan que lo que quieren de verdad es servir al pueblo. Puede que en un segundo plano sea cierto, pero amiguetes, reconozcan de una vez por todas que les pone más una Visa llenita que una masa de personas dispuestas a acompañarles en una lucha de intereses sociales y colectivos. El día que tomen ejemplo de la filosofía warholiana, que alcen la voz sin remordimientos, saldrán del verdadero armario en el que siguen encerrados, por fin se habrán liberado. Solo me queda una duda existencial, y es si llegado el ansiado día de la explosión del orgullo avaricioso, el pueblo tendrá dos dedos de frente o como auténticos borregos les seguiremos aplaudiendo sus valiosas hazañas.

Diego Seijas Varela

Estimado Diego,

Ós políticos adóitalles custar máis saír do seu armario particular ca ós homosexuais do seu por un motivo moi sinxelo. Mentres que ser homosexual non ten, como dis ti, nada malo e é tan natural coma a vida mesma, para un político recoñecer abertamente “o seu orgullo cobizoso” significaría cargarse para sempre a súa carreira e empezar a erguerse cedo para acudir á cola do paro. O filósofo alemán Oppenheimer dicía que hai dous medios de obter riqueza e gaña-la vida: os medios económicos e os medios políticos. Mentres que gaña-la vida por medios económicos significa facelo traballando e mediante intercambios voluntarios, gañala por medios políticos significa enriquecerse coa “indebida apropiación do traballo dos demais”. 

Deámonos conta dunha vez: o que move unha persoa a entrar na política é facer un trasvase de cartos do peto do contribuínte ó peto propio. O teu carniceiro, a túa doutora ou o condutor do autobús que che leva á casa si que “sirven ó pobo” de verdade, e sen necesidade de quitarche os cartos contra a túa vontade nin dicirche o que debes ou non debes facer. Mentres o político mantén ós seus fillos escribindo leis e cebando toda clase de impostos, as profesións “normais” ou económicas enchen a carteira dándoche de comer, sandando as túas enfermidades e aguantando como poden os embates dos políticos. E o mellor de todo é que non pretenden que todo o que fan é “polo teu ben”, “pola patria” ou por calquera carallada similar.

O día que algún político recoñeza isto abertamente pecharase para sempre as portas da subsecretaría á que aspiraba, pero igual abre as esclusas de saída de anos de mentiras ó servizo do partido. E o pobo, votante, contribuínte e espectador cego, comezará quizais a abri-los ollos e a sacar a tódolos demais políticos do armario no que viven atrincherados.

FOTOGRAFÍA DE PORTADA: Charlie Peartree