Arrhythmia: mesmo nome, distinta banda
“Arritmia: alteración do ritmo normal do corazón ou da respiración. Arritmia cardíaca.” – Dicionario RAG
Non se trabucaría moito a Real Academia Galega na súa definición se no canto de falar de medicina estivese a falar de música. E refírome, máis concretamente, ao que conseguen os lucenses Arrhythmia, formados por Alberto Busto á voz e á guitarra, Álex Maciñeiras ao baixo e Álvaro L. Barreiro á batería.
Este power trio de hard rock con múltiples influencias doutros xéneros leva bourando dende os escenarios xa uns cantos anos, chegando a gravar un longa duración e mesmo sendo os encargadors de quentar o ambiente para o mestre Rosendo Mercado. Porén, nunca estiveron tan cómodos como agora. Dende a segunda metade do pasado 2012 decidiron facer un punto de inflexión na súa traxectoria e cambiar algunhas cousas. Agora, soan mellor que nunca. Aquí tedes as respostas para entender un dos grupos revelación do rock feito en galego.
A primeira pregunta, obrigada: Arrhythmia, mesmo nome, distinta banda.
Alberto: O rollo empezou no último San Froilán que tocamos, no 2011. Despois dese concerto no que eramos catro, quedamos tres, porque o outro guitarrista marchou… pirou a Amsterdam a estudar rollos de sonido. Entón foi a primeira vez, creo eu, en anos, que quedamos e dixemos “qué queremos facer?”. De feito, quedamos Álvaro, este [por Maci] e eu nun bareto, e nos deu por cambiar un pouquiño o estilo. Antes faciamos algo en galego, pero tamén en castelán, e o outro guitarrista non era galego, entonces tamén era un rollo distinto. Agora nos apetecía un mogollón así, e nada, foi así, de 2011 para aquí. O primeiro que sacamos foi agora, aínda que fixemos algún concerto por non aburrirnos e tal, temos agora 8 ou 9 temas novos e andamos con iso.
…nada que ver coa banda esta que está en Spotify na páxina de Arrhythmia e que canta en inglés, non?
A: Non, non, esa é outra banda (risas). O rollo das patentes aquí é un pouco curioso: cando miramos Arrhythmia, estaba pillado, en galego ou castelán, e nos fomos ao inglés, porque en inglés no rexistro de patentes española non está, pero resulta que por aí adiante hai un carro de Arrhythmias… pero bueno.
Maci: En España tamén… hai uns en Cádiz…
A: Non creo que teñamos moito que ver… (risas)
M: Nada que ver…
Rock directo, rimos sinxelos pero trementamente efectivos. Como e onde nacen as cancións de Arrhythmia?
A: Eu creo que “III”, o sinxelo que sacamos, explícao máis ou menos ben. Mira, por exemplo, Non Quero, naceu de local, puro. Ese tema, de feito, foi nun ensaio 3 ou 4 días antes de gravar. Non sei se empezou Maci con Álvaro, ou como foi o rollo, ou eu con eles, pero saíu ese tema e dixemos “buah, hai que gravalo, montámolo rápido” e foi puro de local. Despois noutro tema como Diñeiro xa trouxen eu da casa a base, máis ou menos, e xa cando chegamos aquí cada un lle meteu a súa parte, cambios, cortes… entón depende, tanto pode partir dun riff meu, como de Maci, como aquí no local… ou que Álvaro empece cunha batería e nos metamos. Non temos un criterio definido.
O fundamental é que vos entendedes.
A: Si, agora mesmo si, a verdade é que si. Igual antes era un pouco máis caos, cada un tiraba por un lado e ao final soaba como soaba. Agora creo que entre os 3 hai rollo.
Alberto: gañamos en honestidade, no rollo de “iso é unha puta merda”. E xa está. […] se algo nos parece unha merda pois o dicimos, e se algo nos parece a hostia igual.
E… o compositor debes ser ti, non?
A: A ver, a nivel de letras si. Logo a nivel de música… é que cada un polo seu lado isto é…
M: Claro, o rollo é iso: tes un riff que che sae na casa un día alí tirado no sofá, e ves aquí… poste a tocar… o outro se une a ti… e saen as cousas, non sei.
A: As cancións son aula aberta. Aparte, coa entrada de Álvaro gañamos un pouco en honestidade, no rollo de “iso é unha puta merda”. E xa está. Tanto el coma nós, se algo nos parece unha merda pois o dicimos, e se algo nos parece a hostia, igual. Antes era un pouco máis… “bueno, pois se hai que tocar isto, tocámolo”. Os temas nacen aquí. Logo, a nivel de letras, xa é un pouco máis unha raiada miña, normalmente na casa. Aquí os temas nacen en bolas: facemos moito instrumental antes de meter letras, inda que haxa unha idea. Por exemplo, Diñeiro si que naceu da melodía de Diñeiro, de estalo tatareando na casa, cunha guitarra española. Pero bueno, a letra en si faise ó final sempre.
E o mellor estado de ánimo para escribir unha letra?
M: o mellor estado de ánimo? Con estas tres amigas [sinala as cervexas que tomabamos] (risas)
A: A min, a verdade é que me inflúe bastante o que está a pasar; cando era máis novo escribía outro tipo de letras, ou cando toco solo sen ter nada que ver con Arrhythmia, pero está claro que ao facer rock o tema social é importante. Hoxe en día case é fodido facer unha canción de rock sen protestar, sen berrar.

III é o último EP da banda: tres membros, tres cancións
Outra pregunta obrigada: para cando o disco de longa duración?
M: Hostia, iso… primeiro para cando teñamos cartos para gravalo (risas). Pero tampouco é que teñamos moita présa, porque cando gravamos o primeiro deixamos cartos, tempo de máis…
A: Tempo de máis non, cartos de máis…
M: …e tempo de máis. Pero vaia, que non temos tampouco maior présa. De feito non é algo que teñamos plantexado tampouco. Estamos xa facendo cousas, e cando saian… pois mira, que temos 10 temas? Temos aí un finde libre? Pois nada, ir gravando pouquiño a pouco e cando haxa, pois xa veremos que facemos con eles. En principio é gravar así unha por unha e…
A: O rollo é que hoxe en día con internet, e a parte cos avances técnicos para gravar, tampouco estás limitado a ter que xuntar 12 temas, metelos nun CD que, ao final, cómprancho os colegas por puro compromiso. Nós o que nos interesa é que se nos oía. Entón, agora mesmo… bueno, Álvaro, que é quen mezclou os últimos temas, ten o son bastante claro e é probable que gravemos nós mesmos pouco a pouco. E que ao mellor, xuntemos, pois iso, de 3 en 3, ou de 4 en 4, e o vaiamos subindo. Agora mesmo temos temas para gravar un disco, pero ao mellor non nos convencen ao cen por cen como para pagar unha pasta para gravalos, entón… sen présa.
E para o tema da pasta, non pensastes nunha plataforma destas que están tan de moda de crowfunding?
A: Sabes que ocorre con iso? Eu creo que necesitas ter un “algo” detrás, porque estou vendo mogollón de grupos que o están facendo e se están comendo unha hostia criminal, porque van 15 días e levan 30€. Pero iso non significa que a banda sexa mala, significa simplemente que non tes unha lexión de fans detrás como para poñerche 7.000 pavos para que graves un disco. Iso é de libro, por moi bo que sexas. Entón eu creo que iso, se chega, chegará máis adiante, agora mesmo non creo que sexa o momento. De todas formas, no bandcamp se alguén quere aportar, pode. Están agora mesmo os tres temas por 2€, Diñeiro está gratis e supoño que máis adiante tamén estarán todos, así que…

O novo son de Arrhythmia demostra unha perfecta unidade no son e unha madurez musical brillante
Mentres estaba a preparar a entrevista estaba a escoitar os temas e lembrábame do concerto que destes no Clavicémbalo hai uns meses e a verdade é que me entrou o mono de concerto da hostia. Cando e por onde tedes pensado xirar?
A: Agora mesmo acabamos de falar cunha axencia de grupos galega e por onde eles tiren tamén un pouco poida que saia algún bolo, e tamén nos miraremos. En principio estamos intentando que se escoita bastante o que estamos facendo e estamos intentando currarnos aquí no local un setlist competente como para saír con garantías. Seguro que a partir de febreiro ou marzo as catro provincias haberá que tocalas. E falamos tamén con algúns grupos galegos que están no rollo e probablemente xiremos xuntos.
E ides defender só as novas cancións ou tamén…?
A: Non, cepillamos o vello todo. O setlist é completamente novo. De feito, o último está por alí [sinala un pequeno encerado onde está escrito o setlist coas novas cancións] e do vello non queda nada. É outra historia, é outro estilo, a maioría era noutro idioma, eramos outra xente… quedou o nome por pura nostalxia, practicamente.
Seguindo co tema dos concertos, notades en falta o apoio da outra guitarra que tiñades antes?
M: Non, para nada. É dicir, antes, cando tiñamos dúas guitarras, eran uns roles moi definidos: un máis ao que era o ritmo e outro máis a solos a destacar e tal. Por exemplo as guitarras, agora son máis… máis a unión desas dúas cousas, e penso que iso é un dos toques que máis lle está gustando á xente da nova formación.
A: Sabes que ocorre tamén? Cando fas un trío, cada tema é un reto. Cando sodes catro, está claro que no medio da canción o guitarra rítmico e o baixo van quedar facendo un colchón para que o solista faga un solo. Agora o tema é dicir “joder, temos que facer que, entre tres a canción non raie en ningún momento”. E iso que implica? Cambios, cortes… ese tipo de movidas. Antes as cancións eran moito máis lineais. E agora enriba do escenario e aquí nos divertimos o dobre tocando isto. Non é que non o botemos de menos como persoa, que é un gran amigo, pero musicalmente, eu nunca toquei máis a gusto en grupo que agora mesmo.
Alberto: Isto é outra historia, é outro estilo, a maioría era noutro idioma, eramos outra xente… quedou o nome por pura nostalxia, practicamente.
Imaxino que tamén ten que ver a bagaxe que che dá levar tempo tocando…
A: Si, hai que fallar. Está claro que primeiro hai que fallar para logo acertar.
Nótase que sodes seguidores do DIY (Do It Yourself), “faino ti mesmo”. Por gusto ou por necesidade?
A: Home… a ver, se houbera unha persoa realmente profesional con bagaxe, que puidera apostar por nós e que nos guiase, tampouco iamos dicir que non de primeiras… pero estamos a gusto. Creo que os tres temos detrás, con varias bandas e concertos, algo de experiencia e que máis ou menos sabemos por onde queremos ir e como queremos soar. E agora mesmo non é unha prioridade buscar a ninguén que nos diga por onde ir. Tivemos malas experiencias, neste mesmo local, cunha persoa que intentou ser a nosa produtora, e que nos quixo cercear letras e cambiar melodías, e mandámola á merda. Entón, polo de pronto, imos deste pau e máis honesto así.
Unha pregunta máis xenérica: a día de hoxe que notades en falta no panorama musical galego ou español?
A: A nivel de bandas, creo que hai nivel. Aquí en Lugo, se te paras a pensar, entre Cats and Monkeys, Ocean’s Garden, Hollywater… nós facemos o que podemos… hai xente no rap, hai xente coma o Dr. Think que agora mesmo está facendo as américas… ou sexa, que nivel musical haino. O que faltan probablemente sexan axudas, festivais…
M: Locais…
A: Locais, salas. O que fai o Clavicémbalo aquí en Lugo é para darlle as grazas cada día, porque non creo que Alberto faga moita pasta co Clavi. Facer concertos non é rentable hoxe en día. Se o fai é porque leva 28 anos con iso aí e… 28 ou 30, creo que xa van polos 30…
M: Por aí andan…
A: Vamos, que bandas hai, pero probablemente nin aos que mandan lles interese demasiado promocionar este tipo de música… ao mellor a Lucía a do Incio [Lucía Pérez] ou ás cantareiras de Luar lles interesan máis (risas), pero do noso pau non demasiado.
Que música levades na furgo cando ides tocar?
M: Hostia, primeiro non temos furgo, pero queremos ter unha, tío (risas). Eu penso que en vez de gastar cartos nun disco os podemos gastar nunha furgo. Pero o rollo da música eu penso que tamén é un tema moi ao noso favor, porque os tres temos referentes comúns, pero así como son referentes, tamén temos bandas completamente opostas. No que aporta cada un, tirando un pouco do seu, acaban estas mesturas que acaban soando como soamos.
A: De feito Maci agora mesmo está tocando nunha banda de folk, Álvaro está tocando nunha banda de hardcore, e eu fago rollos de cantautor, entre comiñas. O que soa no coche depende de quen vaia conducindo, supoño: se vou eu pode soar dende Berri Txarrak a Foo Fighter, ou Raconteurs. Se vai Maci pode soar O’Funk’illo e se vai Álvaro pódenche soar barrabasadas hardcore (risas). Depende…
Blogs, Facebook, Twitter, Bandcamp… que sería dunha banda como Arrhythmia a día de hoxe sen redes sociais?
A: Aburririámonos máis na casa (risas). Eu, a primeira vez que noto que internet nos está a axudar e que hai xente que está detrás, é agora, porque antes ao mellor subías un tema, disparabas un pouco ao aire… catro “me gusta” dos colega e tal… pero agora si empezamos a notar que hai visitas, que nos chaman de sitios, de radios… e sen internet eu creo que iso sería imposible. Gravaríamos e iso non sairía da muralla.
M: Antes era unha promoción máis local, cando empezamos, que non tiña nada que ver con isto… era saír polas noites a pegar carteis…
A: Hoxe en día fai máis un evento en Facebook que pegar carteis, está claro. Creo que agora mesmo nos está impulsando bastante. Eu levántome e, un é curioso, mira cousas por Facebook ou internet que publicou outra xente que non contabamos, e iso sen internet sería imposible.
…e o contrasinal do MySpace esquecístelo, non?
M: Ajá (risas)
A: Completamente…
M: De feito, esquecemos a conta coa que está creada (risas)
A: Intentamos eliminar todo hai pouco, pero está complicado… estamos en accións legais…
Comentabas antes que tiñades cada un o seu proxecto paralelo, cales son?
A: Eu, de vez en cando, me da o ramallazo e gravo algunha canción, ou me vou tocar a algún bar… fago dous, tres, catro concertos ao ano.
M: Eu estou cos Pinchacarneiros, un grupo de folk de aquí de Lugo, que se están lendo isto mándolles unha aperta. E por outra banda está Álvaro cos Few Days Later, que tamén fixeron un cambio de carallo.
A: Están agora, de feito, a punto de gravar. Hai tempo eran un grupo punk, ou indie-punk, e agora mesmo se os vas ver flipas, porque están brutos brutos. Pero bueno, as evolucións que sufrimos todos, supoño.
Maci: Temos referentes comúns, pero así como son referentes, tamén temos bandas completamente opostas. No que aporta cada un, tirando un pouco do seu, acaban estas mesturas que acaban soando como soamosa
E compaxinar varios proxectos co traballo e coa vida…?
A: É unha gran putada. Probablemente, se tiveramos o día libre, a parte de ter unha depresión, se tiveramos o día libre e o día enteiro para ensaiar, seriamos infinitamente mellor banda do que somos, pero hai que conformarse con ensaiar os fins de semana, as horas libres… e con isto sobrevivimos. O que poderiamos facer nun ano, facémolo en catro. Pero bueno, aí estamos.
Onde vos vedes dentro dun ano?
A: Espero que xa petando un pouco máis no panorama galego, que se empece a mover un pouquiño a cousa. Se realmente, como parece, á xente lles está molando, poder sumarnos a festivais, xirar… é todo unha simbiose, depende de como a xente reaccione. Polo de pronto ben, así que espero que con moito máis gravado e con moitos máis bolos enriba.
E no pouco tempo que levades os tres houbo algunha anécdota?
A: Anécdotas sempre hai…
M: A última máis…
A: Non digas iso, tío, que se o ven… (risas)
M: pero é curioso, tío, ías alí…
A: A historia graciosa dese concerto, que creo que foi… na Estrada?
M: Non, foi en Caldas.
A: En Caldas de Reis. Diso hai 3 ou 4 meses, e durmimos nun hotel. Puxéronnos un hotel, así bastante “pijolas”, cerca de Padrón, se mal non recordo, e acabamos os tres, ás 4 da mañá, na discoteca do hotel, que había a excursión dun xeriátrico, como mínimo, e acabamos alí os tres bebendo cubatas e bailando bachatas con vellos de 80 anos…
Para rematar, outra pregunta obrigada: Alberto, cando vas cortar o pelo?
A: Iso mo pregunta miña nai tódolos días!
* Nota: as imaxes empregadas para ilustrar o artigo foron cedidas polo propio grupo. Podedes seguilos no seu Facebook, en Twitter ou na súa páxina web. Para escoitalos, nada mellor que facelo no seu Bandcamp.