De botíns vai a cousa
Despois de moito analizar o ciclo meteorolóxico das témporas, os vellos da miña parroquia chegaron á conclusión de que este tempo chuvioso, gris e desapracible vai ser unha constante ata ben entrado marzo… Polo tanto, aínda que moitas de vós atopedes refuxio nas Hunter e derivados, esta semana vimos cun artigo que versa sobre calzado non tan a proba de bombas (pluviais), pero si máis apto para aquilo que as nais dan en chamar “entretempo”, neste caso, ben húmido: os botíns.
Nin que dicir ten que o número de estilos posibles nos que se pode materializar este calzado é tendente ao infinito, así que, nesta selección arbitraria que me tomei o luxo de facer, veremos tres deles que creo son incombustibles para este inverno do 2013. Comecemos!
Botíns tipo “charlie”:
Así denominados pode que non os recoñezades (con perdón das máis avezadas), pero estamos a falar nada máis e nada menos que das típicas botiñas de cordóns tan “British” que fixeron as delicias hai tres ou catro anos das modernas-alternativas-gafapastosas. Como nós somos xente con criterio, e que as leve todo o mundo ou as deixe de levar non inflúe nas nosas decisións “fashonís”, faremos un repaso por este calzado atemporal:
Aquí, Agyness Deyn presume de “charlies” de charón:
A sempre-“cool” Alexa Chung engádelles un robusto tacón e uns remaches metálicos que os aproximan ao cancán:
Aínda que moitas de vós ao mirar as botas de Freja Beha diredes: “isto nin son “chalie” nin son nada”, ousei achegala porque, aínda que próximas ao militar e moito menos ao “retro”, haberá quen as considere unha opción moi axeitada a este tempo do demo:
Por último, a alternativísima “blogger” Natalie Off Duty lóceas cun vestido:
Entre as nosas tendas preferidas, atopamos estes en Zara, por 59,95 euros antes de rebaixas, e como xa non están na web, pero pode que sí en establecementos, non sei a canto andarán agora:
Tamén en Zara atopamos estas botas, máis próximas ás de Freja Beha, por 79,95 antes de rebaixas:
En Massimo Dutti, sen rebaixa nin historias, temos este botín por 125 euros:
Tamén en Massimo Dutti, estes negros por 99,95 euros:
E por último en Uterqüe observamos estes cun taconciño de seguro moi favorecedor, por 149 euros (nada rebaixados):

www.uterque.com
Botíns tipo “chelsea”:
Tamén moi coñecidos, son eses que teñen un aspecto marcadamente masculino, moi “dandy”, que na súa versión máis tradicional incorporan unha parte elástica aos lados para poder metelos, dado que carecen de cordóns:
Aquí unha, coma sempre, enfurruñada Clémence Poésy leva os típicos “chelsea” nos baixos dun “look” moi básico:
Unha “it-girl” que se me está a revelar como extremadamente interesante, Fearne Cotton, xa os leva cunha pequena modificación: unhas fibelas laterais:
A ineludible Alexa Chung non recea de combinalos cun vestido:
Ou cunha gabardina e un sombreiro:
De novo Natalie Off Duty, fai apoloxía do “vintage” con este “outfit”:
Por último, a veterana Kate Moss, elíxeos en branco para rematar un estilismo moi básico:
En Massimo Dutti os máis básicos, cun pequeno detalle na goma en pico, por 99,95 euros:
En “burgundy” por 125, moi cotizados ultimamente:
Similares aos de Fearne, 99,95 euros:
En Bimba y Lola, moi afeccionados ao ante, temos estes por, actualmente, 48 euriños (eran de 120):
En Topshop temos estes de charón por 49 euros:
Uterqüe propón estes por 119 euros:
Estoutros por 129:
E estes últimos, co detalle na punteira, por 149 euros:
Gala González “for Mango” non escatimou en dourados para propor estes botíns, que eran de 59,99 e non sei a canto andarán agora:
Por último, non menos atrevidos que os anteriores, temos estes de Zara por, anteriormente, 79,95:
Botíns tipo “cowboy”:
Estes si que sabemos todas cales son. Desgraciadamente. Nada coma o actor Coyote Dax “pegando justo” para rompernos o pobre corazón no que ao estilo “western” se refire. Non obstante, non todo esta perdido, e, ben postos, atreveríame a dicir que estes botíns son os máis “stylish” dos tres tipos que hoxe analizamos, aquí algúns exemplos!
Chloë Sevigny combínaos co seu Proenza Schouler e unha gabardina:
A venerada Charlotte Gainsbourg fainos peza cantante no seu estilo tipicamente “rocker”:
Kate Bosworth non arrisca tan fortemente, pero non podemos deixar de chamalos “cowboy”, que ademais suma a un conxunto moi estival:
Kate Moss déixase obnubilar por este deseño de Isabel Marant que fai as delicias do “look”:
E por último, a “blogger” Song of Style, escolle estes de Topshop tamén para un día de sol (afortunada ela):
En Bimba y Lola temos dous modelos do máis atrevidos, estes eran de 390 e pasaron a 117 euros:
Estoutros, só aptos para as menos vergoñentas, eran de nada máis e nada menos que 420, e están a 126:
Moi “katebosworthianos” temos estes de Topshop por 81 euros, que tamén os hai en negro:
Temos tamén estes, por 124 euros, tamén en marrón:
Ou incluso estes cun importante tacón, por 195 euros:
Ata aquí a entrada de hoxe! Que pensades facer? Aproveitaredes as rebaixas para facervos cun par de botíns? Xa me contaredes!
Ata a próxima!