Quédate a cadros

Hai quen di que xaneiro, por moito inverno que sexa, é o momento de comezar coas compras da tempada de primavera-verán, pero como aquí en ComposTimes somos moi rebeldes, seguimos coa tempada de inverno, que para algo están as rebaixas! Se aínda non mercastes nada con estampado a cadros, este é o voso artigo!

O estampado “tartán” leva polas nosas terras desde arredor do 2007, sementada no terreo dos “indies-modernos” coas súas camisas de cadros, a colleita foise estendendo cara todos os sectores estilísticos. Non resultaba estraño ver pantalóns, trencas (moi do gusto dos alternativos) ou complementos de calquera índole con cadros como protagonistas. Non obstante, a tendencia vén renovada, debemos apartar das nosas mentes a faceta máis “leñadora” do termo, para adaptalo con sofisticación aos nosos armarios do 2013. Adiante!

Coma sempre, seguiremos unha orde en risco ascendente, así que, comezamos coas familiares camisas:

Aquí un deseño de charón de Maison Martin Margiela:

1 MAISON-MARTIN-MARGIELA-FALL-2012- anobanooo.blogspot.com

www.anobanooo.blogspot.com

 

Máis rockeira preséntasenos a “fille-terrible” Alice Dellal:

2 alice-dellal-lacoste trendencias.com

www.trendencias.com

 

Tamén se fai posible un engadido de pedrería (coma da que temos falado aquí!), resultón, non?:

Photographer Nam

www.streetfsn.com

 

En Zara temos esta opción, agora rebaixada a 22,99 euros (era de 29,95):

3.1 IMG_0446

www.zara.com

 

E en Massimo Dutti estoutra que pasou de 39,95 euros a 25,95:

RUBEN GB

www.massimodutti.com

 

Afondamos un pouco máis no terreo “tartánico” e atopamos os pantalóns:

Na imaxe, dous deseños de Dries Van Noten:

4 dries van noten gocitygirl.com

www.gocitygirl.com

 

E unha peza da colección de Ralph Lauren:

5 Ralph-Lauren-Fall-2012-Collection-Look-1 preposity.com

www.preposity.com

 

Baixando á rúa, esta rapaza lóceos como peza dominante entre un xogo de básicos:

6 pantalóns tartán facehunter.blogspot.com

www.facehunter.blogspot.com

 

Estoutra paséase polos xardíns “des Tuileries” cuns acampanados!:

7 Tartan-Plaids-London-New-York-Paris-SS-13-Fashion-Week- inapad.com

www.inapad.com

 

En Inditex non escatiman cadros e ofrécennos, por exemplo, este modelo de 29,99 euros (antes 39,95):

7.2 IMG_0445

www.zara.com

 

Para aquelas algo máis atrevidas, temos as saias, co risco de semellar un escocés lucindo un “kilt”…

Aquí un deseño de Michael Kors:

8 Michael-Kors-Fall-2012-6 loffit.abc.es

www.loffit.abc.es

 

Fearne Cotton non se deixa amedrentar e lócea sen medias nin nada:

9 fearne-cotton-gallery coolspotters.com

www.coolspotters.com

 

Máis colorida  é a combinación que fai esta fotógrafa:

10 Saia Tartán facehunter.blogspot.com

www.facehunter.blogspot.com

 

En Topshop atopei dúas substanciosas opcións, esta primeira de 33 euros:

10.1 27J01DBLK_large (3)

www.topshop.com

 

E estoutra, de 47 euros, aínda que só quedan as tallas 42 e 44 na páxina web:

10.2 27T11CMUL_large

www.topshop.com

 

Imos agora coas prendas exteriores, comezando polas máis curtas, nesta imaxe unha creación de Les Copains:

11 2012 les copains vogue.it

www.vogue.it

 

En versión americana, este deseño de Ralph Lauren:

12 ralph-lauren-aw12-new-york- lyst.com

www.lyst.com

 

Irina Lazareanu, moi na súa liña andróxina, combínaa cunha garabata:

13 irina lazareanu tartan stylefrizz.com

www.stylefrizz.com

 

Este “blazer” de Zara é unha posibilidade. Custa 45,99 euros (antes 59,95):

7784377401_1_1_3

www.zara.com

 

Máis atrevido é este abrigo de Chloé:

14 chloe vogue.it

www.vogue.it

 

Donna Karan emprega unhas mantas en tons azuis a modo de ponchos nestes dous deseños:

15 donna karan gofugyourself.com

www.gofugyourself.com

 

16 Donna+Karan+Fall+2012+ stylebistro.com

www.stylebistro.com

 

Mentres Michael Kors se decanta polo vermello con estas dúas prendas:

17 michael kors vogue.it

www.vogue.it

 

18 michael-kors-rtw-fw2012-runway- vogue.com

www.vogue.com

 

Fearne Cotton, de novo, amósanos esta capa tan “naïve”:

19 Fearne cotton tartan scotcamous.com

www.scotcamous.com

 

Alexa Chung, como boa “lady británica” que é, non podía faltar nesta tendencia:

20 alexa-chung-tartan doblemoda.com

www.doblemoda.com

 

Mentres Rachel Zoe lle engade un pouco de peluxe (coma do que temos falado aquí!):

London Fashion Week S/S 2012 - Celebrity Sightings

www.whowhatwear.com

 

Xa na vertente máis radical da tendencia, atopamos o “todo aos cadros”, coma neste conxunto de Giambattista Valli:

23 giambattista valli vogue.it

www.vogue.it

 

Ou no vestido (?) desta rapariga:

24 vestido tartán facehunter.blogspot.com

www.facehunter.blogspot.com

 

Pero por se isto non vos parecera suficiente, tedes aquí o súmmum da cuadrícula: a mestura de estampados de cadros distintos, coma nestes dous deseños de Dries Van Noten:

25 dries van noten pagesdigital.com

www.pagesdigital.com

 

26 dries van noten trendencias.com

www.trendencias.com

 

Incluso a misteriosa rapaza da terceira foto deste artigo escondía a súa artimaña “fashionista”:

27 total tartan bikeinhands.com

www.bikeinhands.com

 

Outras, como Laura Bailey, incluso superpoñen o tartán con estampados florais, e tan contenta!:

28 laura-Bailey- fashion.telegraph.co.uk

www.fashion.telegraph.co.uk

 

Ata aquí a entrada de hoxe! Que vos pareceu? Sodes amantes dos cadros? E de superpoñelos con outros estampados?

Ata a próxima!