O Bayern de Pep
Sobrou media tempada para que o ano sabático de Josep Guardiola se convertese en motivo de especulación por parte dos grandes medios deportivos nacionais e internacionais. Moitos foron os equipos que soaron nas últimas datas: Chelsea, Milan, Manchester City, Bayern de Múnich e un largo etcétera de clubs.
22 Bundesligas, 15 Copas de Alemania e 4 Champions League, entre outros moitos títulos, avalan ó novo equipo de Pep: O Bayern de Múnich. Este club, xunto con FC Barcelona e o SL Benfica, conta co número de socios dos máis elevados do mundo, 188.000.
Xoga como local nun dos mellores estadios do mundo, o Allianz Arena, que ten un aforo máximo de 71.000 espectadores. Este campo posúe a categoría 4 da UEFA que só se concede ós mellores templos futbolísticos. A media de asistencia é do 100%, algo inverosímil na liga española.
Trátase dun club con varias seccións deportivas como ximnasia, baloncesto, tenis de mesa, bolos, xadrez ou balonmán. A parte futbolística, tanto económica como deportiva, corre a cargo dunha sociedade filial denominada FC Bayern München AG.
A Bundesliga (liga alemá) conta cunha estrutura interna ben organizada, polo que todos os equipos están ó corrente de pagos con Facenda, con outros clubs e cos seus xogadores. O Bayern non ía ser unha excepción. O prezo MEDIO dunha entrada é de 36,25€, bastante razoable se tes en conta que podes ver partidos como un Bayern – Borussia no Allianz Arena.
Pep Guardiola ficha polo Bayern co obxectivo de gañar a Champions League. Este club, igual que o Real Madrid, leva máis de unha década sen alzar a copa de campións. Seguro que recordan a final do 00/01 no Giuseppe Meazza, en Milán. O Bayern viña de eliminar ó vixente campión, o Madrid, e atopábase na final co Valencia de Rafa Benítez. 1-1 e os penaltis decidiron que Oliver Kahn fose o heroe. Parou o lanzamento decisivo de Pellegrino. Foi a última que gañaron, de momento…
Pero se o principal fin é gañar a “Orelluda”, tampouco se quedan atrás os desexos que teñen os dirixentes bárbaros de que Guardiola traia consigo a “filosofía Masía” e que importe tamén o estilo de xogo da selección alemá e española. Para iso xa soan nomes como o recente Golden Boy, Isco.
Dous propósitos, dúas intencións e un “equipazo” para conseguilo.
A portería: Manuel Neuer
Considerado por moitos o sucesor de Oliver Kahn, Manuel Neuer chegou o 1 de xuño de 2011 ó Bayern procedente do Schalke 04 a cambio de 18 millóns de euros. É un dos mellores porteiros na actualidade. A súa altura non lle impide ter uns excelentes reflexos e chegar a balóns imposibles que van a ras de chan. Impecable no man a man. Especialista en sacar balóns das escadras. Merece a pena ver este vídeo das súas paradas.
A defensa:
Philipp Lahm
Que decir de Lahm! Actúa tanto de lateral dereito como de lateral esquerdo inda que a súa perna boa é a diestra. Rápido ó corte e boísimo na anticipación, Philipp Lahm non só destaca polo seu rigor defensivo xa que, en ataque, é un perigo para todo equipo que se enfronte ó Bayern, Recupera e avanza polo seu carril ata que saca o centro ou intenta unha xogada que, se acaba en tiro dende a frontal, pode ser perigosa.
O Centro do campo: ¿?
A verdade é que tiña pensado escoller un xogador de cada liña, pero neste caso é imposible. A clase e o último pase de Toni Kroos, a potencia e a chegada de Bastian Schweinsteiger, a polivalencia de Thomas Müller, o desborde de Arjen Robben, o pulmón de Javi Martínez ou a rapidez do suízo Shaqiri. En fin, unha longa lista de cracks que forman o mellor centro do campo xunto co do FC Barcelona. Pero se hai un que se pode destacar, ese é Franck Ribery. Desborde, caneo, maxia, velocidade, gol, pase, carácter… todo adxectivo queda curto para cualificar a este xogador tan bo como polémico. Mellor, vexan o vídeo.
A Dianteira: Mario Gómez
Ademais de contar con dous goleadores como son Mario Mandzukic (unha das sensacións da Eurocopa 2012) e Pizarro, o conxunto bárbaro ten nas súas filas de ataque a un alemán de orixe hispana: Mario Gómez
En maio de 2009 facíase público o seu fichaxe polo Bayern de Múnich procendente do Stuttgart. A operación foi cifrada nuns 30 millóns de euros, cantidade récord por aquel entonces na liga alemá. Especialista en rematar ó primeiro toque, as súas carencias técnicas cos pés súpleas cun excelente remate de cabeza. Ademais, trátase deses dianteiros que sempre está onde ten que estar para poñer a perna e marcar gol. Para mostra, este vídeo dos 39 goles que marcou en 45 partidos con Bayern na tempada 2010/2011.
Os afeccionados bávaros están desexando que cheguen as datas do verán para poder ver como se vai formando o seu novo equipo. De momento, deixemos que as cousas transcorran como ata agora, co Bayern líder na Bundesliga e clasificado para oitavos da Champions, onde se enfrontará ó Arsenal de Wenger.
Foto de portada: http://www.huffingtonpost.co.uk