Recibe os mails da USC no teu correo persoal

Es de eses que nunca se enteran dos avisos e novas da Aula Virtual que profesores e universidade envían por email?
Ou estás canso de ter que entrar sempre no email da USC para enterarte?
Qué che parecería se che ofrezco unha solución simple, sinxela e para toda a familia?

Esta consiste en configurar o teu correo @rai.usc.es para que envíe unha copia de todos os mails que ahí recibas (aula virtual, profesores, universidade…) no teu correo persoal. Isto é comodísimo, pois a día de hoxe “case” todos dispoñemos de un Smartphone onde temos configurado o noso correo e recibimos aí no instante todos os emails.

Poñámonos mans ao choio.

Entramos no xestor de correo da USC: https://correoweb.usc.es/
Observamos o menú da esquerda, e clicamos en “Opcións” e desplégase un submenú onde clicamos en “Correo“.Na parte central aparecen 3 columnas, onde na terceira “Outras Opcións“, clicamos en “Filtros” (Crea regras de filtraxe para organizar o correo que entra, ordenalo en cartafoles e eliminar o correo lixo).
Agora, en “Regras de filtraxe” clicamos en “Edite as súas regras de filtraxe“.
Ben, aí móstranos as regras xa existentes, e abaixo hai un botón que pon “Nova regra” no cal facemos clic.
O primeiro que imos facer (nesta orde) é: onde pon “Faga isto:” seleccionamos “Redirixir a“.
Observamos que se reestructura a páxina (desaparecen campos, de aí importante facer primeiro esto).
Ao lado de “Redirixir a” aparece unha nova caixa de texto, onde escribimos o noso correo persoal (de Gmail, Hotmail, Yahoo, Apple… etc.).

En “Nome da regra” poñemos por exemplo “Redirección Email Persoal“.
O resto das opcións/campos non os tocamos.
Por último clicamos no botón “Gardar

E listo! A partir de agora nos van a chegar ao noso correo persoal todos emails relacionados con avisos da aula virtual, profesores e universidade.

Espero que isto vos sexa de axuda, pois me dou conta que aquí na USC (tamén pasaba cando estaba na UDC), a gran maioría dos estudantes non se enteraban de avisos importantes porque non lían os correos que chegaban a esta conta. É normal, é unha cuestión de vagancia e olvido ter que entrar nesa conta “especial” que só a temos para iso. Así, con este “apaño”, temos todo automáticamente no móvil ou no correo que soemos ler a diario.

Se tedes algunha outra suxerencia, agradécense os comentarios/suxerencias a continuación.