Slippers, que no sleepers

Híbrido entre zapato e zapatilla, cómoda, trendy é unha das pezas indispensables do armario de vestir masculino, que agora se adapta e se converte nunha prenda unisex. Tras varias tempadas aparecendo timidamente nas coleccións e escaparates das nosas tendas favoritas, os slippers veñen con máis forza que nunca, ameazando con destronar ás eternas bailarinas do top ventas do zapato plano.

A súa orixe está ligada á aristocracia británica que usaba este tipo de calzado a modo de zapatillas de andar pola casa. Deste uso doméstico, convertéronse no acompañante perfecto do smoking ou black tie, seguramente grazas ó actor David Niven, prototipo da elegancia inglesa e sedutor de Hollywood. Uns jeans estreitos, camisa lisa e americana son a escusa perfecta para romper cos moldes tradicionais para levar este calzado.

Actor David Niven

www.madametrompeloeil.blogspot.com

Actor David Niven

En España, podémolos atopar facilmente en Scalpers, a firma de complementos e prendas para home de Rafael Medina. Veludo, sola de coiro e interior forrado pel, son un plus de comodidade para un longo día cheo emocións, que poderás combinar ó teu gusto, grazas á súa gama de cores en azul mariño, marrón e negro.

 

Pero o tema hoxe non vai para eles senón para nos, as doncelas pois… Quen non desexou nunca chegar a casa e quitar eses incómodos tacóns que nos levan amolando todo o día para pór as zapatillas? Tan cómodas, agradables e quentiñas. Pois ben, estamos de sorte porque estes zapatos, úsanse para saír á rúa e aínda que tiveran un comezo complicado, son un must que non nos podemos perder xa que, ademais de ser moi cómodos, son tan versátiles que non importa con que os poñamos porque se adaptan a calquera estilo; Pitillos, jeans boyfriend, ou ben, vestido, saia ou short. Así é como os levan as celebrities:

fashion.telegraph.co.uk

 Taylor Swift

elrincondemoda.com

Olivia Palermo

Stylebistro.com

Alexa Chung

Vogue.fr

Natalia Voadianova

lapetiterobenoire-ale.blogspot.com.es

Anne Hathaway

 

  Velaquí as coleccións dos deseñadores máis it:

Christian Louboutin

  Alexander McQueen

Emporio Armani

Maloles Roberto Cavalli

Oscar de La Renta

Miu Miu

 

Pódense atopar a un prezo moito máis accesible onde sexa que as busquedes, pois hai apostas para tódolos petos. Se o que buscas é un plus de estilo, decántate polas tachas, caveiras,o estampado ou as cores máis fortes:  

 ZARA

49’95 euros

15’99 euros

Suite Blanco

19’99 euros

Mustang

 

33 euros

Stradivarius

35’95 euros

32’95 euros

Nin o Papa Benedicto  XVI pode resistirse á tentación xa que Adriano Stefanelli, deseñou un slippers ex profeso para el.

 

http://www.adriano-stefanelli.it

http://www.adriano-stefanelli.it

    Como podedes comprobar as novas tendencias e os slippers únense, para pisar máis forte que nunca.