Abrígate! Perfectos e bombers para o inverno

Este ano está a facer un frío de campionato, polo que un pequeno artigo que verse sobre prendas exteriores non vén nada mal… Falaremos dos celebérrimos perfectos e das coñecidísimas bombers! Á marxe de que son un “must” desta tempada, son unha opción quentiña nada despreciable nestes invernais días (sobre todo as bombers).

Comezamos, coma sempre, cunhas cantas imaxes de pasarelas, concretamente con perfectos:

Alexander Wang propón este de charón negro:

www.taistoisoisbeau.com

 

Este é de Milly by Michelle Smith, que aposta por unha combinación moi “Inter de Milán”, de azul klein e negro:

www.vogue.it

 

Stella McCartney tamén aposta polo klein con este longo perfecto ao que lle adxunta unha solapa en gris marengo:

www.rivafashioblog.blogspot.com

 

Nas nosas tendas favoritas podemos atopalos de moi diversas clases:

Esta de Asos, custa 138,90 euros:

www.asos.com

 

Estoutra, tamén de Asos, en versión “denim”, custa 52,09 euros:

www.asos.com

 

Tamén en Asos, moi “chloéro”, temos este perfecto verdoso, por 118,07 euros:

www.asos.com

 

Xa pasando ao bando Inditex, esta biker de Bershka, ornamentada con incontables tachas, custa 89,99 euros:

www.bershka.com

 

En Blanco tedes estoutro perfecto longo moi riquiño por 69,99 euros:

www.blanco.com

 

En H&M, estilo tsarina, podemos mercar este perfecto con peluxe polo pescozo, sae por49,95 euros:

www.hm.com

En Mango tamén soben ao carro e ofrécennos este longo abrigo combinando azul e negro (a que terían montado as nosas avoas se lles viñeramos mesturando azul con negro hai cincuenta anos):

www.mango.com

En Topshop temos este perfecto moi “calvinkleiniano” por 175 libras. Nota importante: os enlaces de Topshop remiten á páxina principal, e non á prenda en cuestión, polo que se vos gusta algunha prenda e non podedes persoarvos nunha tenda física, teredes que buscala vós mesmas na páxina web 🙁 Pero polo menos é máis sinxelo que Asos!

www.topshop.com

 

Esta biker de Zara tenme namorada, aínda que os 129 euros que custa non son compensados polo “abrigosiña” que é (é dicir, cero):

www.zara.com

 

Estoutra tamén de Zara, sae por 79,95 euros:

www.zara.com

 

Este perfecto “combi” que oferta Amancio sae por 99,95 euros (con tantos 5 céntimos que aforro en cada compra en Zara xa tería mercado a biker de 129 euros…)

www.zara.com

 

Tamén en granate, “combi” por outros lugares, 129 euros:

www.zara.com

 

Máis sobria é esta opción de 99,95 euros:

www.zara.com

 

E máis estrafalaria estoutra verde de 69,95 euros:

www.zara.com

Unha vez analizados os perfectos, estaredes a pensar, pasamos ás bombers! Pois non! Aínda resta un paso intermedio, algo a cabalo entre perfecto e bomber que non sabe moi ben a quen arrimarse…

Coma por exemplo esta creación de Balmain:

www.nowfashion.com

 

Estoutra moi famosa de Chloé:

www.aquila-style.com

 

Esta tamén en klein e negro de Proenza Schouler:

www.elitemanagementnyc.com

 

Esta en coiro moi “The girl with the dragon tattoo”, tamén de Proenza Schouler:

www.theberstfashionblog.com

 

Ou esta última de Stella McCartney:

www.chinadaily.com.cn

 

Vedes como non saben por onde andan!

Nós podemos atopar en Primark esta, que descoñezo canto custa, e o certo é que non vin por ningures en ningunha tenda… Mágoa:

www.delvilwearszara.vogue.es

 

Ou estoutra en Topshop, máis masculina, por150 libras:

www.topshop.com

 

Pasamos, agora si, ás bombers propiamente ditas:

Altuzarra:

www.asianmodelsblog.blogspot.com

 

Barbara Bui (ámbalas dúas):

www.vogue.co.uk

www.lainformacion.com

 

E Chloé (como non):

www.zimbio.com

 

Bershka ten unhas cantas opcións, esta primeira custa 39,99 euros:

www.bershka.com

 

Esta máis galáctica sae por polo mesmo prezo:

www.bershka.com

 

Máis “high school”, temos estoutra, por 35,99 euros:

www.bershka.com

 

As bombers de Topshop téñenme totalmente obnubilada, a ver que vos parecen a vós!

Esta tan “naïf” custa 55 libras:

www.topshop.com

 

Estoutra de pel custa 150 libras:

www.topshop.com

 

Esta “combi” azulada sae a 130 libras:

www.topshop.com

 

Esta tamén moi “yankee”, 129,99 libras:

www.topshop.com

 

Xa no terreo do barroco, atopamos esta por 60 libras:

www.topshop.com

 

Moito máis seria, esta en granate, 125 libras:

www.topshop.com

 

E por último, esta acolchada, 65 libras:

www.topshop.com

Ata aquí a entrada de hoxe! Que vos pareceu? Animádevos a compartir connosco as vosas ideas 🙂

Estades pola labor de investir nunha destas prendas?

Ata a próxima!