O consultorio da Ramona

Boas tardes. Son Ramona, a pitonisa do amor. Teño baixo o meu poder os mellores trucos para namorar a homes, mulleres ou animais. Nestas datas tan sinaladas, éncheme de orgullo e satisfacción dicirvos que cada dúas semanas vou aparecer por aquí, por amor á arte, para aconsellarvos e axudarvos nos vosos líos amatorios. Velaí van os primeiros amorconsellos.

Ramona, chámome María e teño un grave problema. Ao principio do curso boteime un follamigo e agora canseime del. Non sei cómo deixalo, intenteino de mil modos pero non o consigo. Ocurríuseme que, se follaba mal, me deixaría el, pero son demasiado boa na cama. Que podo facer para que me deixe?

Querida María, a resposta é ben sinxela. Basta con que deixes de depilarte, especialmente o “chichi”. Ademais, se non te lavas antes de quedar con el ou, no seu defecto, restrégaste polas túas partes un peixe podre, telo todo feito. Non te olvides de pedirlle sexo oral, para que faga máis efecto o do peixe, e mentres bótaslle un peido na cara. Se isto o acompañas de roupa interior cor beige estilo avoa, terá efecto seguro. Se despois disto non te deixa, é que te quere ben e eu de ti non o deixaría escapar.

Hola, Ramona. Este é o meu primeiro ano de carreira e na clase coñecín unha mozo co que comecei a saír e aínda non nos acostamos. Resulta que é do Opus. Eu quero que abra os ollos e facelo con el, que podo facer?

Habería tres opcións:

1.Casa con el, así xa poderedes ter sexo. Iso si, coa única finalidade de procrear, así que prepárate tamén para ser mamá.

2.Respecta as súas crenzas e dedicádevos a compartir outros hobbies. Ir á misa, por exemplo.

3.Ponlle os cornos con outro home que satisfaga as túas necesidades sexuais e logo vai compartir hobbies (mira de novo o punto 2) co do Opus.

Moi boas, Ramona. Son home, Piscis e estudo dereito. O ano pasado marchei de Erasmus e, antes diso, saía cun mozo da miña clase. Antes de marchar eu, decidimos poñer fin á relación pola distancia. Mentres eu estaba fora, el comezou a saír cun dos meus mellores amigos da carreira, e eu entereime cando xa levaban uns meses. Non me importou demasiado pero, este ano, estívenme liando con el a escondidas do meu amigo. El enterouse e, en lugar de enfadarse, dixo que lle parecía ben e que, se queríamos, podiamos ter unha relación de 3. Non sei que facer. I need help, please!

Antes de nada, eu miraría que clase de amigos te botas. En canto ao da relación a 3, decide ti. Eu aconséllote botar unha moeda ao aire (de 2 euros, outra non vale). Se sae cara, tíraste á piscina. Se, pola contra, sae cruz, tíraste ao mar.