Familia Caamagno, volven polo nadal

A Familia Caamagno podería ser o grupo que fai o rocanrol mais puro dentro de Galicia. Sen maquillaxe, sen excesos. Pouco a pouco van sacando os seus traballos á luz e a cada un que aparece mostran unha irrefrenable sensación de ebulición. Cada canción é un paso cara adiante. Así ten que ser, e esperemos que, por moito tempo, así siga. A primeira familia mafiosa que ten uniforme profesional. Revindicando o que son.

Co fin de ano no horizonte e cunha aborrecida e preta fin do mundo doulles un toque a Familia Caamagno. É difícil buscar o momento, entre ensaios, traballo e publicación de EP novo o grupo anda a cen por hora. O sitio é mais fácil. A Corredoira é un punto en común para a Familia e para min. Hoxe, ata os topes de xente. Temo polo ruido. Non importa, a música tamén é ruido… ¿Que mellor modo de facer unha entrevista a un grupo de rocanrol que a berros?  Antonio, Lano, Jesús e Manuel serán os responsables de contestar as cuestións propostas que levo apuntadas na man. Tódolos membros da Familia menos un. A próxima tocaralle a el solo.

© Charlie Peartree

© Charlie Peartree

¿Gústalle o Nadal a Familia Caamagno?

Manuel: Obviamente non nós gusta o Nadal, a min polo menos. Son unhas datas marcadas polo consumismo e blablábla… Intentamos reflexalo nas letras. O Nadal foi basicamente unha escusa para quitar o noso novo traballo como tódolos grandes, un “jingle” navideño e adaptalo un pouquiño ao noso sentido do humor.

Lano: A min si me gusta, eh. Eu pásoo ben. Hai mais días pa saír, hai mais ceas… Se o sacamos mais aló de calquera reminiscencia relixiosa, podemos gozar del. Eu pásoo ben.

¿E se tendes que definirme o Nadal?

Antonio: Pff… Non sei que dicirche eh… Empeza ti Manuel, veña.

M: Hai unha parte da letra, a de “Panxoligna de amor R5”… ¡Ai! non hostia, é a outra… A de Bule (risas) … A letra di: “E cando tigna cinco anos quería un Action Man /aghora quero unha Action Girl e un caldeiro de champan” Supoño que o Nadal é un pouquiño iso, como cambian os gustos e as apetencias. Xa o di Lano, para el o Nadal pois é saír mais, mais jolgorio, mais marisco… E de chavaliño eran os regalos e as vacacións. Eu, polo menos, do roio cristianismo e de resurrección de cristo e de Jesucristo bendito non sei nada diso.

Jesús: E o que di Manuel, cambian os ámbitos. O Nadal son unhas fechas para ver a xente, para ver a certos colegas… E basicamente no se que basea.

L: O Nadal é…. ¿Que é o Nadal? E ti mo preguntas (risas)

A: Empanada

¿Consideranse os membros da Familia Caamagno politicamente activos?

M: ¿Na nosa vida persoal?

Se queredes empezar por aí.. si

M: Eu si… O sentido do grupo non é facer cancións políticas a machada pera falar e comentala, si, tocámola e algo sempre xorde…

A pregunta vai por aí ¿non? Se a Familia é un grupo que trata moito a política ou se é un grupo que tira cara outros temas, xa sexa para pasalo ben, tocar por aí, e montar algo de festa…

M: A Familia Caamagno é, antes de nada, un grupo para que bailes as rapazas. Rapazas, en feminino. Despois se queren bailar os rapaces, pois tamén. Logo si que na temática tocamos certos temas políticos que é culpa do que fai as letras…

A: Que es ti.

M: Que son eu.

¿Que deixariades debaixo da árbore de Rajoy?

L: Un DVD que está moi de moda, é o regalo estrela.

M: Unha pota … Unha pota, sen mais. Con tornillos e cousas así. Tamén poderíamos deixarlle un kit de sadomasoquista, que reafirmando así como reafirmamos ao PP en Galicia, sería o mais propio. Gústanos que nos dean. Sería axeitado. Eu vivín catro anos en Pontevedra e…

A: Estiveches de cañas co mantenido de Rajoy.

M: …non, pero si que coñecín moita xente que coñecía ao mantenido de Rajoy, é verdade todo iso. (risas)

¿Que é a Familia Caamagno?

A: Un grupo de Rock & Roll para bailar, nada mais. Un grupo de amigos, obviamente.

M: Familia Caamagno é o brillo nos ollos dun neno de cinco anos baixo o sol de Asgard.

L: Somos cinco amigos tocando rocanrol. Aí queda a cousa, a parte do que di Manuel, que hai nenos mirando para nós (risas)

¿Vai aprendendo a xente a bailar o ritmo da caverna?

M: Pois mira, agora fora coñas… Si que se nota, dende que puxemos a gravación no Bandcamp, a xente canta mais nos concertos. As cancións que están no disco, o público si que as vai coñecendo e asimilando.

L: Eu creo que tamén hai mais afluencia de xente aos concertos. Tamén axudou moito o boca a boca.

¿É unha obriga para un grupo ter algo gravado?

L: Eu creo que si…

A: Indispensable hoxe.

L: Nós antes iamos por aí, vale, a xente pasábao ben… A diferenza é o que di Manuel, que agora o respetable xa coñece as cancións é xa están mais predispostas a bailar, a cantar…

Terbutalina xa comentaran que eles gravaran no seu día so polo mero feito de que a xente puidera escoitar os temas cando quixera, non tiñan outra pretensión. A descarga do voso CD tampouco costa cartos… ¿Editastes en formato físico o primeiro disco?

M: Si, editamos o primeiro. Moi pouquiñas copias e presionados por tíos, primos e veciños que o querían… Tamén familiares en xeral. Se collemos a pregunta anterior dáste conta de que a xente se lle gustas quere escoitarte de vez en cando, entón gravar vólvese indispensable. É así, non pode ser doutra forma.

L: Gravar, só. Editalo nun formato físico… O CD para min é un formato totalmente obsoleto, perdido fai tempo xa.

M: editar en CD é unha chorrada…

A: ¿E para que o sacamos cago en Dios?

M: Joder, pois presionados por familia e amigos… había xente que o quería, pero a día de hoxe é un recordo…

¿Pensastes en editar o novo EP?

M: Eu de editar, editaríao só en vinilo, así de claro.

A: Neso estamos todos de acordo, creo. Xa o temos mais que falado. E se non, como dixo a Terbutalina, nun cartucho da Super Nintendo.

¿Atopades moitas trabas a hora de saír a tocar por aí adiante? ¿Custa saír?

A: Home, trabas non, o único os gastos que che conleva moverte. Sitios onde tocar hai. A veces hai que insistir un pouco pero… custar, custar…

M: Nós a verdade, tivemos bastante sorte… Antón ten mais grupos, nós tivemos outros antes ca Familia… E aí si que era fodido tocar. Non saiamos da comarca de Ordes. Agora pois non sei por que será… Será polo de gravar, igual polo de que non o facemos mal de todo… Non nós está sendo complicado tirar para diante. Autoinmpuxémonos a norma de non facer mais de dous concertos ao mes. Xa temos o exemplo da Terbutalina moi preto, un grupo que tocaron coma fillos de puta todo un ano e…

A: Así están agora.

M: …así están agora que están a piques de desfacerse (risas)

Terbutalina tamén é un caso especial…

M: Terbutalina foi o grupo revelación absoluto do rock galego… E para min que conste en acta que… Bah non, mira nada, deixa…

L, J, A: A ver oh a ver… canta claro hostia… ¡Fala!

M: Non mira, ía decir que… Bah que non, que é moita comida de polla, que non…

A: O que quería dicir Manuel, me parece, que é que Terbutalina é o mellor grupo da historia.

J: Do mundo, extraterritorial. Non da historia, do universo.

¿Que lle pedides ao próximo ano?

M: Eu pídolle gravar outro EP ou así e seguir tocando ao ritmo que estamos tocando. Que os concertos vaian igual de ben. E a nivel de composición que sigamos nesta onda na que estamos que estou moi a gusto.

L: Aínda que subiramos  un pouco o ritmo de composición non pasaría nada eh (risas) Eu pido que de ano a ano, nótese o medrar. Tocar en sitios novos, mais grandes, con mellor equipo… Non esquecer os outros, pero ver que a banda medra. Se temos que seguir así seguimos, pero todo o que sexa crecer, agradécese. Estaremos contentos veña como veña o ano que ven.

¿Gravariades no mesmo sitio ?

A: Eu aínda non sei coma queremos soar…

M: Bueno, non sabes como queremos soar no CD, na gravación.

A: Si, claro, refírome a iso… Como reflexar o son dunha banda nunha gravación. É un tema moi complicado, difícil.

De todo se aprende na experiencia de gravar.

A: Si, por suposto… Levamos dúas gravacións soamente e xa sabes, sempre vai a cousa pillada polo tempo, pola pasta… Non tes tempo a pararte. Para min, persoalmente, Circo Perrotti é unha referencia, o estudio de Jorge Muñoz (Guitarra e voz en Doctor Explosión). Mais tarde ou mais temprano gustaríanos gravar alí.

M: Algo no que estamos todos de acordo a hora de gravar e que nós gravamos sempre tocando todos a vez. Non gravamos por pistas. Non é en directo exactamente por que hai algunha cousa como a voz ou o saxofón, algún arreglo… Que si van a parte, non é un directo, sería un falso directo; pero é como nos gusta facelo. Hai que sentir esas vibracións místicas detrás da música, esa pulsión sexual dos ritmos de Antonio.

© Charlie Peartree

© Charlie Peartree

Deixoume a Terbutalina un recado para vos en Twitter… “Pregúntalles polo multitap”.

M: Si… e que agora estamos ensaiando no mesmo garito Terbutalina mais a Familia Caamagno e alguén tivo a xenial idea de levar un televisor e unha Play Station 2 co Pro Evolution Soccer 6. Trouxemos un multitap co que ti enchufas catro mandos… ¿Que quere dicir isto? Que o fin da Terbutalina e o fin da Familia Caamagno comeza co Pro Evolution e co multitap. Aí vaise acabar o noso rocanrol. Imos vender todo, facer unha cea e comprar a Play Station 3.

É digna de mención esa conexión Terbutalina-Familia Caamagno, parece que funciona a tódolos niveis. Sempre é bonito ver como entre dous grupos que aínda non sendo os mesmos estilos xorde amizade, convivencia, bolos, ensaios…

M: Nós cando iamos debutar, eles aínda non tiñan o Broncodilatador, tiñan o Live in Catoira… Antonio coñeceraos por Internet e chamámolos para tocar no Badulaque, en Ordes. Aquel día unha chea criminal, claro, e fixemos moi boas amigas xa naquel momento. Esta convivencia conste que xa  se deu noutros grupos coma Os Samesugas e The Homens… Non é algo, estritamente novo. Total, que a raíz desto, temos un proxecto, que aínda non sabemos data, nin cando vai saír, nin sequera se vai saír… de quitar un disco en común. O proxecto de facer algo xuntos no estudio, está aí. Que si fan eles versións nosas, que nós versións deles, novas… Falouse, pero saíron outros proxectos aí polo medio.

Ao final o problema sempre é o tempo

M: E a pasta sobre todo… Gravar é moi caro…

A: A ver, non é que sexa excesivamente caro, nunca estivo tan barato como agora. O tema e que a Familia non xera a suficiente pasta para gravar todo o que queremos.

É obvio que a Familia non vive da música, o que poida gañar o grupo supoño que se reinvirtirá directamente no grupo

M: Home.. Entre o aluguer do garito, as gravacións, os desprazamentos… As veces repartiremos algúns cartos, pero oxalá foran mais veces.

L: O que pretendemos, creo que todos, é que o grupo non de gastos. Eu estaría contento se a banda puidera sosterse a si mesmo: tocar por ai, gravar, cear… Que toda actividade do grupo poda sustentarse con el.

M: Non se entenda o comido polo servido, eh.  Non se trata de ir a tocar e que nos paguen a cena e o hotel e tal… Non, tampouco e iso. Os concertos teñen que pagarse a tódolos grupos, a música en directo tense que pagar. ¿Que pasa? Que esa pasta reinvírtese outra vez no grupo. Nós temos que cambiar os traxes agora, que xa están todos rebentados (risas)

A música non é gratuíta, aínda que moita xente pense que si. Facer música custa cartos.

M: Mira, nós colgamos onte as dúas cancións de Nadal. Aquí tes, dúas cancións da Familia Caamagno, descárgaas e tal… De puta madre. Ten que ser así e é como imos facer sempre. ¿Que pasa? Que a xente ten que ser consciente que detrás diso hai pasta. Moitas veces cando aquí ven a tocar calquer grupazo da hostia paganse 20 pavos, e despois tocan dous grupos da terra e son 5 pavos e a algún lle parece moi caro, pois iso non pode ser así. Non pode.

L: Eu podo entender que cos medios que hai hoxe é practicamente imposible protexer a túa gravación, está ben, pero si que hai que educar a xente a pagar por ver un grupo, pola súa actuación. Moitas subvencións que houbo, moitos festivais a título gratuíto o que se fixo e dar a imaxe de que a xente non ten que pagar por ver unha banda. Agora claro, estamos nas vacas fracas e non hai un duro, e ninguén da un peso, se ti pides 3 ou 4 euros poñen o grito no ceo.

A: Eu non estou de acordo con iso. Esta mierda da rede galega, e toda a peste esa… creo que tivo unha cousa positiva e foi precisamente educar a xente en pagar unha entrada. Antes deso no badulaque se poñías unha entrada de 5 pavos, a ente botaba as mans a cabeza.

L: Non, a ver, eu falaba mais de exemplos tipo: O Concello de Santiago paga a cinco ou seis bandas e fan un festival. A hora da verdade a conciencia, aínda que sexa sen querelo, faiche pensar que ese espectáculo é gratuíto (cando en realidade pagáchelo cos impostos). Logo o grupo volve a Santiago un mes despois, pide 3 euros, e paréceche caro. Non é caro, obviamente.

Grupos de referencia que teñen os membros da Familia Caamagno

M: Grupos de cada un ¿non? Coma cando Miguel (Terbutalina) dixo o de Red Hot Chilli Peppers, ¿non?

Por exemplo

M: Cada un ten os seus grupos preferidos, pero a banda ten unha posta en común que é tirar polo rock clásico dos sesenta que é o que mais nos gusta. Os Sonics, os Kinks… Persoalmente ía dicir Raphael pero… Para min os Beatles son unha referencia pero bueno, xa se que é un roio moi manido e que Antonio ódiaos a muerte pero…

L: Eu engado que como grupo, mais aló da propia referencia que temos que tocar, que vai polo roio sesentero, británico, mod… Chámalle como queiras. Todos os do grupo amamos incondicionalmente aos Ramones. Non é o grupo que define a nosa banda, pero que si é o que nos une a nós. Poderíamos tocar agora cinco cancións dos Ramones sen ensaialas antes.

M: Incluso coa letra (risas)

A: A min molanme os Ramones, AC/DC, Siniestro Total, os Clash…

J: Eu dou meu voto a Los Pequeniques e a Bom Bom Chip.

¿E cal é o grupo ao que se quere parecer a Familia Caamagno?

M: A ningún

A: Bueno, eso non é verdade pero…

M: ¿E logo a que grupo nos queremos parecer?

A: ¿E non che molaría parecerte os Sonics, ou sonar coma os Sonics ou ter a súa actitude?

M: Sonar si joder… ¡pero non quero ser  eles!

A: Bueno coño, eu non quero ser Loquillo tampouco.

¿Sodes moi distintos entre vós? ¿É fácil traballar xuntos?

A: Somos uns putos gañáns (risas) De momento levámonos de puta madre (risas)

M: Eu creo que é unha das grandes fortalezas da Familia Caamagno. Vai ser complicado que poida xurdir algún problema que non se poida resolver. Antes de ser compañeiros de banda, somos amigos. Xa sei que isto se di moito, en moitos grupos pero… Nós saímos por aí xuntos, quedamos ao marxe da actividade da banda. Non nós vemos só nos ensaios.

Parece que chegado certo momento os grupos sofren unha profesionalización que parece rematar coa amizade base dun grupo e converte a banda nun traballo mais

M: Home, nese roio hai moitas anécdotas da música ¿non?  De acabar aburridos uns doutros… Os Ramones que Joey e Johnny non se falaban, que si os de irmáns Gallagher… Pero hai moitos casos ao revés, onde o grupo ten o seu ciclo vital de nacemento e morte e seguen sendo colegas, a nivel profesional incluso. Eu acórdome cando fomos ver os Artic Monkeys a Castrelos e vimos uns rapaces xogando ao fútbol detrás do escenario. Eran eles. Ao día seguinte vímolo na Voz de Galicia. Estaban alí xogando antes de tocar. Ninguén se fixara neles, ninguén os recoñecera.

¿Hai algún ditador dentro do grupo? ¿Alguén ten mais peso a hora de compoñer?

M: Creo que cada un ten o seu peso en diferentes historias. É evidente que a experiencia de Antonio como músico é unha das fortalezas da Familia Caamagno. Non é un misterio. Logo Lano leva todo o referido ao aparato legal, Jesús é o que da as palizas…. Fran encandila as mulleres. Cada un ten o seu papel. É unha mágoa que non viñera Fran para saír nas fotos. (risas)

¿Preferides tocar nunha sala como a Capitol ou nunha sala como a Moon?

M: Home, na Capitol ¿non?

Refírome a que un concerto de cen persoas na Capitol é unha sala semi-vacía, e un concerto na Moon con cen persoas é unha olla a presión musical…

L: A min gustaríame unha sala pequena a rebentar… Que houbera ese feeling público-artista. Xa non me importaría tanto a calidade do son se todo dios está metido no lío do rocanrol. É certo que a Capitol o que ten e que soa moi ben.

A: E que ti imaxínate tocar coa Capitol a tope… A ver como che queda o corpo despois diso.

M: Este ano tocamos no Brincadeira e tivemos un horario terrible (risas) E habería… bueno… ¿cento cincuenta persoas?

A: Menos oh…

M: E que íamos tocar as sete e tocamos as cinco e media ou así… Bueno, non había casi nadie. Pero tocas alí, nun escenario dese tipo, con esas condicións e como grupo flípalo por que te oes como nunca, vas sobre seguro por así dicilo.

L: Eu defendo os sitios pequenos como continentes de maxia joder… De comunión co público, de que a xente se te tire enriba. Eu prefiro iso, encher unha sala pequena que unha grande.

© Charlie Peartree

© Charlie Peartree

Van unha recua de nomes… Homer Simpson

A: Ghuardián

M: Modelo a seguir

J: Referente

L: Referente tamén…

Mourinho

L: Extraterrestre

J: Un gran cómico

M: É unha mágoa que marche… Dáballe moita vida ao fútbol (risas)

A: Ganas de matar, punto.

El Gran Wyoming

A: Pf… Manuel dille ti.

M: O outro día lin unha entrevista que lle facían nunha revista e pareceume un ghuardián pois tiña as ideas moi claras e dicía o que había que dicir.

J: Cáeme ben Gonzo.

L: Sen pelos na lingua.

Totó García

M: A Familia Caamagno non sabemos quen é Totó García por que non consumimos porno. É unha regra do grupo.

Wert

A: A min estas preguntas dánseme moi mal…

J: Españoleador

M: Españolizante

L: ¿Un fillo de puta?

A: Mierda seca (risas)

Miguel Duarte

A: ¡Homé! … Un ghuardián tamén. Un puto ghuardían.

L: O beche ese que ten… matao un pouco, pero é un rapaz excepcional.

M: Sonará redundante, pero é un ghuardían.

¿Probariades a cantar en castelán?

M: En castelán si, en español non. Espera, aquí está pasando algo… …

A: ¡Con acento sudamericano oh!

M: Iso, exactamente, en latino. Se non é con acento suramericano non cantamos. Esta é a resposta correcta, apúntao aí.

L: Eu non cantaría nunca, en ningún idioma (risas)

¿E en italiano?

M: Temos unha versión en italiano, así que si, xa estamos iniciados no tema.

¿Que personaxe de cómic vós gustaría ser?

M: Ou Predicador ou Punisher…

J: Batman, que ten pasta

L: Eu Robin (risas)

A: Edadepiédrix, o vello que está coa cachonda.

¿Cal é o proceso de extorsión que utiliza a Familia Caamagno para tocar nas salas?

A: A iso que che responda Lano…

L: A ver… A forma, sempre. As boas formas.

J: Cando chegas alí e pos a pistola enriba da mesa suelen acceder todos.

L: Danse conta que é o mellor para eles (risas)

¿Que fará a Familia en fin de ano?

M: Eu teño que traballar. Traballo poñendo música nun bar de Ordes.

L: Eu xogar a brisca, toda a noite.

J: Eu serei a súa parella de brisca.

 A: Eu non salgo (risas)

¿E se non chegamos a fin de ano e morremos todos o 21?

M: Eu teño unhas ganas tolas de que se acabe o mundo… “Tengo unas ganas de morirme…”

¿Aínda non vos ofreceron na TVG dar o discurso das campanadas en fin de ano? ¿Dariádelo?

L: Si, absolutamente si, se é con Beatriz Manjón. Unicamente nese caso.

M: Ou coa rapaza esta de Tourilandia que tamén nos gusta moito…

L: Alba… Alba algo…

M: A rapaza de Tourilandia, vímola por aí un día e non nós saudou pero é mais maja…

L: Non se dou conta de que eramos nós, que se non…

A: Suplicaría

J: Sen o traxe… Non nos recoñeu. É como o traxe de Batman ou Superman, sen el non nos coñecen… Sería o revés, bueno (risas)

¿Faríades un grupo con Ramón García?

J: Por suposto, é o meu ídolo…  “¿Qué apostamos?” e “Grand Prix”, os dous mellores programas da televisión española. Leva a capa con moito mais estilo que Batman.

A: Outro ghuardián.

A estas alturas a pregunta é obrigada, definídeme ghuardián.

M: Ghuardián e a definición máxima da expresión humana. Ser un ghuardián e ser o summun da perfección en tódolos sentidos…

L: Con cartos, fodechín de vellas… (risas)

A: Gran bebedor de tazas e de sol y sombras… Requisito indispensable.

¿Pódese considerar a Zapatones un ghuardían?

L: Homé, maximo ghuardián do mundo.

M: Eu non sei que pensar de Zapatones, sinceramente… Iso do pin do PP na solapa non o levo moi ben…

¿Aínda hai sitio no rock galego?

A: Hai oh… hai moito.

L: Creo que a xente, aínda ten que explotar o rock galego. A xente quedouse coa superficie, quedouse co “mainstream” coma Heredeiros e demais grupos do Xabarín… Moita xente que non fale galego seguro que descubriría grupos que lle molarían se buscase un chisco entre as bandas que hai hoxe por aí-

M: Oxalá tiveramos un Bisbal en galego, sería ideal…

Temos a Antón Reixa (risas)

L: Pff… Non está tan bueno… pero temos a Martín Rivas.

M: Familia Caamagno facendo amigos.

A: Non creo que Martiño Rivas chegue aquí…

L: Se lle regalas un bolso Loewe si.

Algunha anécdota que vos acontecera polo mundo adiante, e que queirades transmitir ao mundo

M: Cando encerramos a Fe de Ratas. A Terbutalina presentaba o seu disco na sala Moon, que fomos Deseqilibrio, fomos nós… Estivera moi ben aquel concerto. Ao día seguinte saíunos outro e tamén a Terbutalina. Era un festival en Poulo. Tamén estaba Fe de Ratas. Bueno, o festival fora un pouquiño mal, non viñera moita xente e acabamos coincidindo todos os grupos no backstage e Fe de Ratas digamos que tiña unha habitación aparte. En plena exaltación da amizade, fartos de churrasco e tortilla (que estaba boísimo todo), collemos un palé, un tableiro ou algo así e puxémolo diante da habitación dos Fe de Ratas e, claro, non podían sair. Ao principio tomárono ben “Gallegos eh, abridnos jeje”. Despois non lles fixo tanta gracia… (risas)

¿Proxectos de futuro? ¿Que tendes na cabeza?

M: Antes do verán imos tentar sacar outro EP… Que temos uns temas aí preparados, específicos para a praia e o sol e… Podería ser a canción do verán algún deles.

A: Seguir tocando e tocando.

¿Fechas próximas?

A: Cerramos o ano en Ordes, o 29 de decembro. No Nuada.

¿Queredes mandar un saúdo a alguén? ¿A Terbutalina en concreto?

L: Si, que se laven algo mais, por favor.

M: Que cheira o garito mal (risas) desde que viñeron. Non sabemos como dicirllo e esta creemos que é a mellor forma (risas).

© Charlie Peartree

© Charlie Peartree