A puerta cerrada
Cando Jean-Paul Sartre pariu no 1944 a peza teatral A puerta cerrada, xa sabía de sobra que estaba condenado de por vida -e de por morte tamén- a ser o mestre da angustia. O último humanista, que rexeitou cun sorriso o Premio Nobel de Literatura por unha cuestión de principios e que arengou ás xuventudes da Sorbona naquel maio francés, deixa bo legado do seu pensamento existencialista nesta obra rápida e intensa. Cos seus personaxes vomitivos e cheos de negatividade, o antecesor da xeración Beat puxo patas arriba todo o que o seu bolígrafo tocou.
A puerta cerrada resulta ser un teatro de situacións, no que o único que cada personaxe ten de parecido a un ser humano é a forma. No demais, cada un deles ven a ser un cerebro no que Sartre instala un guión con diferentes e repulsivas filosofías de vida para expoñelas aos espectadores, en situacións limite e baixo un fondo tétrico, co fin de que nos chegue de forma máis directa e nos vexamos identificados, obrigándonos a elixir entre un dos personaxes. Isto xa sucede con La náusea ou con La puta respetuosa, pero pode que sexa neste libro onde nos atopemos máis directamente coas relacións sartreanas entre a liberdade, a responsabilidade e a culpa.
Sen corresponder coa súa doutrina filosófica, os actos represéntanse sempre no mesmo decorado: o inferno. Nin xofre, nin lume, nin demos. Aquí a tortura eterna ten lugar nun salón do estilo Segundo Imperio francés, onde non hai máis que tres canapés e unha estatua de bronce sobre unha cheminea. Nel os personaxes son tres que asumen o seu destino desde diversas perspectivas: Garcin, un covarde desertor dos seus ideais; Inés, unha lesbiana que non acepta a súa condición de tal; e Estelle, unha burguesa infanticida carente de sentimentos maternais.
É nesta peza onde nace a expresión “L’enfer, c’est l´Autre” (O inferno é o Outro). Mediante evocacións é a posibilidade que os personaxes teñen de percibir durante un tempo o que ocorre na terra; é todo o mundo de cada un deles, as situacións nas que se atopaban antes da morte, o que emerxe ao ritmo das intervencións. Así, son dous os espazos nos que transcorre a obra: o mundo terreal evocado polos protagonistas e o salón Segundo Imperio onde se ubica o inferno. No pasar da obra o espazo queda reducido ao plano místico e os tres perden a visión do mundo dos vivos, quedando condenados para sempre a soportarse entre eles de por vida, para ser cada un cada un o inferno do outro.
Garcin:(Con la mano levantada). ¿Se callará usted?
Inés: (Lo mira sin miedo, pero con una inmensa sorpresa). ¡Ah! (una pausa) ¡Espere! ¡He comprendido; ya sé por qué nos metieron juntos!
Garcin: Tenga cuidado con lo que va a decir.
Inés: Ya verán qué tontería. ¡Una verdadera tontería! No hay tortura física, ¿Verdad? Y sin embargo estamos en el infierno. Y no ha de venir nadie. Nadie. Nos quedaremos hasta el fin solos y juntos. ¿No es así? En suma, alguien falta aquí: el verdugo.
Garcin: (a media voz) Ya lo sé.
Inés: Bueno, pues han hecho una economía de personal. Eso es todo. Los mismos clientes se ocupan del servicio, como en los restaurantes cooperativos.
Estelle: ¿Qué quiere usted decir?
Inés: El verdugo es cada uno de nosotros para los otros dos.
A puerta cerrada (Ed. Losada, 1944)