Segunda pel
Hai case unha semana comezou o inverno, formalmente falando, claro, que aquí temos inverno de outubro a maio; pero segundo o calendario comezou o pasado día 21. As cruelmente baixas temperaturas ameazan con cuartear a nosa epiderme, e por iso, nada mellor ca unha segunda pel. Isto vai de peluxe, amigas!
O “pelo” sempre se deixa sentir durante a época máis escura do ano, aínda que as prendas adáptano das formas máis insospeitadas en cada tempada. Non obstante, un clásico abrigo de pel disque nunca pasa de moda.
Este pequeno abriguiño que vedes é obra de Gianfranco Ferré:
Elle Macpherson dálle un toque máis “malote” coas mangas curtas e ombreiros anchos:
Entre os nosos fieis e baratos aliados sintéticos, temos nesta vertente conservadora este abrigo beige-cru de Blanco (Suite Blanco para as puristas) por 45,99 euros:
Na mesma tenda, temos esta opción, un pouco máis Cruella De Vil, por 54,99 euros:
E por último, tamén de Blanco (moitos coellos teñen que criar…), esta prenda un tanto máis longa e cun cinto á cintura que custa 59,99 euros:
En H&M temos esta prenda, máis arriscada quizás, por 49,95 euros:
E como colofón, este abrigo de Mango, que sae por 69,99 euros:
Se o que acabades de ver é demasiado discreto para vós, pasamos ao estadio seguinte: o “combi”. Nesta primeira imaxe, un deseño de Fendi, que adhire a un estrito abrigo gris unhas mangas curtas (de dubidosa utilidade) en pel:
Máis discreta é esta bomber de Antipodium, onde as protagonistas indiscutibles son as mangas:
Cun lixeiro toque militar, esta marabilla de Jason Wu tamén destaca as mangas:
Tamén acentuando as extremidades, esta obra de Maison Martin Margiela (aínda que non creo que para H&M esta vez…):
Olivia Palermo loce o “combi” coma ninguén e adxunta un “clutch” e unhas bailarinas en claro contraste:
En versión camiseta, Mary Charteris loce os brazos (e outras cousas…):
Como proposta low-cost, temos esta chaqueta de Zara, que custa os seus 149 euros:
Se chegadas a este punto notades un frenesí de peluxe e necesitades máis extravagancia en vea, estades de sorte, porque chegan as peles de cores!
Dries Van Noten aposta por una capiña en azul turquesa:
Marni xustapón o verde e o marrón:
Aquí vedes a Agyness Deyn, unha das miñas “it girls” preferidas, aínda que é a primeira vez que a poño, dado que ten a estraña manía de saír en pixama á rúa moi habitualmente e non é nada fácil collela ao xeito…
Fearne Cotton aposta forte, pero non ao vermello nin ao negro, senón a toda a paleta de cores:
E Poppy Delevingne tamén fai un exercicio cromático con este abrigo:
Para nós podemos atopar este abrigo lixeiramente similar ao de Marni, en Asos, por 38,89 euros:
Tamén en Asos, con este podemos emular a Agyness Deyn, polo módico prezo de 54,17 euros:
E por último, na onda de Fearne e Poppy, este, tamén de Asos, por 52,78 euros:
Aínda non rematamos. Probablemente algunhas de vós diredes: “gústame, pero non tanto como para mercar un abrigo” ou, “un abrigo é too much para o meu corpo” ou “non gasto eses cartos nun peluxe de mentira nin aínda que morra de frío”, etc., polo que neste último anaquiño veremos as peles na súa versión máis discreta, tanto en forma de apósitos como de detalles nalgunhas prendas:
Gianfranco Ferré adxunta este anaco pel a un vestido:
Lanvin aposta polos chales con estas dúas propostas en verde e morado:
Sharon Wauchob estivo tanto tempo intentando pronunciar o seu nome que non lle deu tempo a facer o abrigo enteiro:
Yves Saint Laurent adhírese á tendencia con este detalle en negro:
Elin Kling tamén lle adxunta un colo de pel ao seu perfecto:
Algo parecido fai Emmanuelle Alt:
Giovanna Battaglia protéxese do xélido inverno con este colo granate alaranxado:
Este colo de Mango custa 25,99 euros:
E por último estoutro de Zara por 25,95 euros:
Ata aquí a entrada de hoxe! Que vos pareceu? Gústanvos as cousas de peles? (sintéticas tamén valen) Hahaha!
Ata a próxima!