Saquiños de rulo e xamón, con cebola caramelizada e marmelada de tomate

Sei que nestes precisos momentos estades todos coas mans na cabeza, pensando que este salto de “calidade” dos macarróns aos saquiños vai ser imposible, pero como case sempre, estades equivocados.

Chegou o momento de lucirse. Quen non quedou con alguén (véxase una rapaza) e lle dixo que a invitaba a cear? Seguro que os días seguintes tedes a cabeza dando voltas en que facer para non quedar coma un cutre, e non gastar moitos cartos, pois a resposta aquí a tedes.

Para comezar, estes son os ingredientes:

  • 4 obleas (masa de empanadilla, tédela en refrixerados no super, cerca de donde anden as pizzas),
  • 4 rodaxas de queixo de rulo,
  • 4 lonchas de xamón serrano,
  • 1 cebola,
  • 1 ovo,
  • marmelada de tomate,
  • aceite, azucre e vinagre.

O primero de todo e preparar a cebola caramelizada. O que temos que facer é poñer ao lume unha tixola cun chorriño de aceite e engadir a cebola en corte xulianaTemos que deixala pochar un ratiño, sobre uns 5 minutos, con lume medio, e engadiremos o azucre.

Buscamos que a cebola chegue a ter unha cor marrón, tipo caramelo, algo semellante a isto.
Agora toca montar os saquiños, en 5 movementos moi sinxelos.

Colocamos o queixo, enriba o xamón, e pechamos o paquete. Despois colocamos os saquiños na bandexa do forno e dámoslle un pouco de cor, pintandoos con ovo batido. (Se non tedes pincel, podedes usar un pano de papel a modo de brocha)

Cando estean ben douradiños, quitámolos e presentamos o prato, colocando cebola, marmelada, ou ambos.
Por último, podemos darlle un toque persoal á hora de decorar, que aínda que ás veces non lle damos importancia, se entra polos ollos, sabe mellor.

Agora só queda que o comades. Bo proveito !

Agradecementos a Restaurante Casa Pita polas instalacións e a Diego Pita polas fotos.