Xoias de ensoño: EABurns, Andrés Gallardo e Les Jumelles
Esta vez vimos con algo distinto, vai de xoias! Navegando pola web e por revistas destas casposas de moda ás veces atópanse cousas curiosas, innovadoras. Trátase de tres páxinas web que venden produtos online e que cada unha desprende o seu encanto. A ver que vos parecen!
Londinense, esta firma autodefínese coma “unha marca de moda ética que traballa principalmente o coiro reciclado. Facemos xoiería abstracta tridimensional inspirada na ciencia e na maxia”. Nada máis e nada menos.
Aquí tedes algunhas das súas creacións:
Esta chámase “Stegasaurus Necklace”, e custa 140 libras esterlinas. Tamén o ai noutras cores, rosa, negro, prateado e laranxa.
Algo máis discreto (e máis barato) atopamos estoutro colgante, chamado “Double Chevron Necklace”, tamén noutras cores. Custa 65 libras.
Estoutro denomínase “Iris Necklace” que ten variantes en cores e chirimboliños. Custa 140 libras.
Temos tamén pendentes, coma estes, os “Kite Earrings”, que saen a 70 libras.
Ou incluso pulseiras, coma o “Creature Bracelet”, dispoñible tamén en modo arco da vella. Prezo, 220 libras.
A páxina gábase de que ofrece pagamento seguro a través de Pay-Pal e tamén envíos gratuítos a todo o mundo! Así que se vos gusta algo, non hai nada que temer 😉
Esta firma tivo o seu espazo na Mercedes Benz Fashion Week Madrid (Cibeles, vamos, que as pasarelas parecen equipos de baloncesto…) e o seu leitmotiv é a “borken porcelain”, que supoño que quere dicir “porcelana rota”, nin máis nin menos… Combina metal, coiro e fragmentos de cristal con figuras de porcelana que son o froito dun proceso de reciclado que resulta na composición de xoias baseadas na natureza. Todo a man.
A ver que tal!
Esta fabulosa gargantilla denomínase “Blue Panther” e custa 149 euros.
Estoutra recibe o nome de “Twin Pink” e sae por 205 euros.
As “Winter Flowers Blue” custan 160 euros.
Por último este colgante máis discreto, por 78 euros, “Baby Panther” (mellor mercalo antes de que medre).
Os envíos a España fanse a través de Nacex, custan 5 euros e levan só dous días laborais.
Non sei que pensaredes deste par de creadores, pero desde logo son ben distintos o un do outro, así que espero que se non vos gustan ambos, polo menos vos guste un! E de ser así, tamén aposto que á meirande parte de vós se vos encollía o corazón cada vez que viades os prezos… PEEEEEERO a última proposta que vos traio é moito máis xugosa… (en prezos polo menos). De todos os xeitos, quizás sexa máis apta para as amantes de Andrés Gallardo e non de EABurns. Avante!
Esta firma española con taller afincado en Barcelona combina pezas vintage con outras actuais. Os “charms” empregados proceden na súa meirande parte de fábricas de Francia que permaneceron esquecidos durante medio século no seu embalaxe orixinal para ser descubertos e reinventados para nós.
Colgante “Romantic Time”, 22 euros.
“Dorothy Necklace”, 24 euros.
Colar “Polar Bear”, 22 euros.
“Collier Gun Red”, 22 euros.
Colgante cunha “Printemps Bottle”, 23 euros.
“Bracelet Oiseau”, 23 euros.
Anel “Quartz Ring”, 56 euros.
Os envíos son a todo o mundo, custan 3,5 euros e pódese pagar con Pay-Pal.
Estas son as tres revelacións de hoxe, que vos parecen? Coñecíadelas? Animádesvos a comprar por internet? Compartide as vosas impresións!
Ata a semana que vén!