Corte peplum
O peplum, esa especie de apósito estraño que se adhire coma un home fóra de si ás cadeiras dunha muller, que tantos sentimentos enfrontados xera… Xa as antigas gregas debían de ter estas preocupacións cos seus “peplos”…
Ou as mulleres dos anos corenta…
E incluso ás nosas nais nos oitenta!
A verdade é que pode chegar a causar verdadeiros estragos… Como lle pasou a Jessica Simpson:
Non me digades que non parece unha “sirvienta”, só lle falta a cofia! O binomio imposible: metida no vestido coma se dun bolo preñado se tratara e peplum ríxido tipo mandilón.
Ou Sandra Arco, a de “La Voz”:
Que o elixe tan curto e tan “apretao”, intentando darlle un toque “moderno” ao típico vestido de copla, que non lle favorece nin o máis mínimo.
Estou convencida de que non é un problema de talla, de ter máis cadeira ou menos, ou de ter as pernas máis gordas ou máis fracas. Trátase de elixir o que a unha lle queda ben.
Por exemplo, nesta mesma liña de cantantes:
Lily Allen está fantástica, parece un caravel.
Pero se hai unha celibrity á que lle gusten os peplums, esa é, sen dúbida, Kim Kardashian. É obvio que Kim non é precisamente un spaghetti, máis ben é a Afrodita das curvas, e ben que se gaba delas! De contado ides ver unha serie de imaxes onde Kimberly acerta e outras onde erra, as curvas son sempre as mesmas, os peplums non.
OK. Vestido negro, axustado (sen problema), un peplum relativamente LONGO, e con LIXEIRAS ONDAS.
KO. Un vestido que a afoga (sinto dicir isto dun Lanvin) e un peplum DEMASIADO PROMINENTE, e incluso algo CURTO.
OK. En versión CAMISETA. Favorécelle moito o corte que combina cuns pitillo de coiro.
KO. Ese peplum TAN CURTO e en versión LYCRAZA, non ten nada de bonito.
Penso que Kim Kardashian é o exemplo perfecto de que se pode levar un peplum extremadamente favorecedor sen ser un palillo… e tamén do contrario.
Creo que estamos todas algo cansas da versión máis “coplera” e “bershkiana” do concepto, que ademais soe vir en versión lycra (como o vestido de Kimberly), que opino que é como menos pode favorecer un peplum.
Por iso me propuxen traer algo lixeiramente distinto, e a máxima expresión do que vos quero transmitir é a colección deste outono de Burberry Prorsum:
Unha colección moi “lady”, o peplum na súa vertente máis “British” revélase coma un elemento de sofisticación perfecto, acompañado de cintos coroados cun laciño.
Nesta liña, na versión low cost:
Saia de Mango de terciopelo: 19,99 euros.
Vestido de Mango 49,99 euros.
Outra vertente “peplumera” do máis suxestiva é a que propón Lanvin na súa colección de outono:
Propostas monocromo aptas para calquera cóctel, máis perigosas, quizais, pero tamén moi femininas.
Nesta versión:
Celebérrimo vestido de Mango, 19,99 euros. Pode ser o teu mellor aliado ou o teu peor inimigo, porque combínase un agarimoso peplum longo cunha ameazadora lycra… Todo é probalo!
Vestido de Zara de polipel que non sei canto custa… Sorry, é que xa non está na web, pero ao mellor segue nas tendas!
Saia de Zara, 39,95 euros.
E por último, a forma de peplum idónea para todos os corpos e formas… A CAMISETA.
Esta modelo do “street style” lévao en vermello cuns vaqueiros e uns stilettos.
Fashion Vibe combina un negro cuns pantalóns estampados.
Elin Kling leva este tan gracioso cuns vaqueiros e uns salóns.
Hanneli Mustaparta saca á luz o seu lado máis naïf con esta camisoliña a raias.
Olivia Palermo mestura este de encaixe cuns pantalóns curtos de leopardo (parece que a pillamos xusto acabada de levantar).
As propostas low cost son:
Camiseta de Zara: 22,95, dispoñible tamén en azul e morado.
Camiseta brocada de Zara: 29,95 euros.
Camiseta de Zara: 39,95 euros.
Camiseta de Zara: 59,95 euros.
Ata aquí o imprescindible de hoxe!Que vos pareceu! Gústavos o peplum ou sodes das que o mirades con sospeita? Animarédesvos a partires de agora a mercar un? E a probalo polo menos? Hahahaha!
Ata a semana que vén!