O “Whatsapp” de Tuenti chega a iPhone
Tuenti Social Messenger, é a nova app móbil de Tuenti que se centra máis no servicio de mensaxería instantánea, aínda que sen deixar de lado a rede social.
Por agora está dispoñible para iPhone na súa versión 1.0 beta.
Non é unha aplicación que sustitúa a aplicación móbil actual de Tuenti (a cal agora chámase Tuenti Classic, e que sigue dispoñible no mercado español para iPhone), pero esta nova app sí que incorpora novidades e vantaxes sobre a súa antecesora como:
- O chat está máis presente con notificacións instantáneas.
- Menor consumo de batería e consumo de datos (esto é unha boa baza, hai que recoñecelo)
- Un deseño máis coidado
- Multiplataforma, os contactos e as conversacións están na nube (para os non entendidos, quere decir que os datos non se gardan no teléfono, se non que están no servidor de Tuenti)
- Conversacións simultáneas na web e móbil
- Importación directa de contactos
- Maior seguridade que Tuenti Classic e outras aplicacións de mensaxería instantánea feitas por outras compañías ao utilizar o protocolo de seguridade SSL
Según explican no Blog de Tuenti, esta app continúa desenrolándose en fase Beta e irá incorporando pouco a pouco, ademáis das funcionalidades de Tuenti Classic, melloras e novas funcionalidades moito máis avanzadas, como o chat de grupo (esperemos que melloren o sistema de grupos de Whatsapp, sobre todo as notificación, que se poidan desactivar por completo e nin te enteres xD)
Pola miña parte, aínda que só levo unhas horas con ela instalada, non pinta mal.
O único que teño que dicir, se non estoupo, é que as app’s das redes sociais cada vez están a copiarse máis. Vale que incorporan novas funcionalidades, pero hai unha cousa que a día de hoxe, xa van 2 ou 3 app’s que a teñen dende que a implementou Facebook, e é a “imaxe de portada”. Non hai tanto, a incorporou Twitter e, cal foi a miña sorpresa ao instalar hoxe Tuenti Social Messenger, que esta tamén a ten:
Recoñezo que é algo que lle dá unha estética agradable a todas elas… pero non sei, eu intentaría facer algo diferente, porque vai chegar un momento en que se van “fusionar” por dicilo de algunha maneira, ao incorporar todas o mesmo, e chegado ese punto… qué sentido ten usar ambas (estou no caso Facebook vs. Tuenti) se che ofrecen o mesmo?
Con todo isto, eu xa a teño instalada, e como fago con todas, ahí seguirá ata que vexa que non lle de ningún uso. Esperemos que vaia adiante, pois sempre está ben que unha empresa “española” esté competindo co todo poderoso imperio de Mark Zuckerberg.
Descargar Tuenti Social Messenger para iPhone en iTunes