O fútbol e a noite de Mágico González

“Reconozco que no soy un santo, que me gusta la noche y que las ganas de juerga no me las quita ni mi madre. Sé que soy un irresponsable y un mal profesional, y puede que esté desaprovechando la oportunidad de mi vida. Lo sé, pero tengo una tontería en el coco: no me gusta tomarme el fútbol como un trabajo. Si lo hiciera no sería yo. Sólo juego por divertirme”.

Só con ler estas palabras quédanos bastante claro que estamos a falar dun grande da historia do fútbol. Quen? Jorge Alberto González Barrillas, máis coñecido coma Mágico González. Este salvadoreño, de agora 54 anos, marcou unha época na historia do fútbol español e, sobre todo, na historia do Cádiz CF.

A súa carreira coma futbolista comezou no seu país, en equipos coma o ANTEL, o Independiente ou o FAS. Conseguiu clasificar á Selección de fútbol de El Salvador para o Mundial de España do ano 1982. Esto supuxo un punto de inflexión na súa carreira, a partir deste momento comezou a recibir ofertas e a mostrar o seu famoso carácter.

Ó rematar a participación da súa selección no Mundial, tanto o Atlético de Madrid coma o París Saint-Germain quixerón facerse cos seus servizos, pero el declinou todas as ofertas. De feito, cando estaba todo preparado para fichar polo PSG, Mágico González non foi firmar a París porque “era demasiado compromiso” (vagancia).

O Cádiz CF foi o equipo que tivo a sorte de incorporarlo finalmente ás súas filas. Non tardou demasiado en gañarse á afección gaditana xa que o seu xogo foi algo nunca visto no Ramón de Carranza. Famosos son os seus goles, partidos, e o seu espectáculo no campo. Pero non menos recoñecidas as suas festas, saídas nocturnas e a súa debilidade polas mulleres.

O seu nivel de “peculiaridade” chegou a ser tal, que nun partido contra o FC Barcelona non se presentou a tempo. Eso sí, saiu na segunda metade, cando o Cádiz perdía 0-3, e remontou el soíño o partido con dous goles e dúas asistencias. O seu regate, o seu cambio de ritmo era tan brusco, que ningún defensa se atrevía a entrarlle por medo a que o humillase. O mesmo Maradona chegou a decir que Mágico era “de outra galaxia”, mellor ca el.

De él dise que se durmía no vestiario, que os adestradores ían buscalo á discoteca e mesmo que rexeitou ofertas do FC Barcelona por quedarse en Cádiz. Vivía de noite, saía case todos os días e non lle importaba ter partido ó día seguinte, coma el mesmo afirmou.

Sen dúbida, Mágico González era un xogador que non foi grande porque el non quixo. Pero, se lle obligasen a adestrar, ir ó ximnasio, ser disciplinado… Sería o mesmo?