Medomedá, queren ver como vos rides

Medomedá son rocanrol. En todo o que fan. Son rocanrol nos seus concertos, nas súas cancións, nos seus videoclips, nas súas palabras… Pese a non levar tanto tempo como outros grupos do panorama rock galego, Medomedá perfílanse como un dos  expoñentes do xénero, como unha mostra de calidade e potencial musical que vivimos nestes tempos. Era unha obriga (e un placer) compartir unha charla con eles.

Chove, chove moito. Xa é noite e apenas hai un par de persoas pasando apuradamente pola Quintana. Quedei cos Medomedá no Paraíso Perdido, ao lado da mítica praza antes mentada. Coa que está a caer pregúntome se aparecerán nunha canoa e gafas de buceo, ou se se materializarán cun flotador nas súas cinturas. Sento algo de decepción ao velos baixar polas escaleiras do local, supoño que deixaron a canoa arrimada arriba, logo xa ma ensinarían. Veñen os catro, Marquinhos, Arturo, Patato e Pais. Estou en desventaxa númerica. Pedimos a primeira ronda. Avísolles de que en caso de necesidade podemos parar e fumar fora, que hai tempo. Comezamos.

 ¿Qué é Medomedá?

Marcos: É un concepto audiovisual, multidisciplinar… Explícallo Pais.

Pais: Non non, eu so aportei o concepto…

M: Ah,  ti aportaches o concepto… Bueno, é un concepto audiovisual por que nos dedicamos, fundantalmente, a facer audio e video; e multidisciplinar por que facemos o que nos da a gana.

¿A tódolos niveis?

M: A tódolos niveis. Nos autoproducimos o disco e seguiremos con iso… Tamén estamos agora a piques de estrear videoclip, que xa está gravado.

Dous membros de Medomedá formaron antes parte de “Drinkin’ Tinto” mítico proxecto de rock galego…

M: Alí estivemos Arturo e eu… Si

Tenme dito Zapa (Martín Zapata) que estragastes moitas noites xuntos por aí adiante…

M: Arturo tocou con Zapa eh… En Sufridos.

Arturo: Fun, fun batería de Sufridos.

Non era mal grupo ¿non?

M: Era puro rocanrol

A:  Está mal que o diga eu pero e que era un puto grupazo (risas) Se houberan tido un batería bo sería a polla xa (risas)

M: Eu mais ben diría “se tivesen un cantante bo”… E por meterme con Zapa eh (risas) Xa daquela era moi bo guitarrista o que pasa e que lle tiña un pouco de medo ao micrófono, cousa que xa solventou dunha forma espectacular.

A parte das extensas xiras do grupo, ¿como aguanta Medomedá no día a día?

P: O grupo mantense cobrando nada… Polos menos cada un dos compoñentes. Eu sempre digo que os grupos cando empezan a levar pasta, acabanse ¿non?

¿Hai que sufrir moito estando nun grupo?

P: Eu non creo que haxa que sufrir… Nunca, que va. Se sofres e que estás a desgusto. É sacrificado pero…

M: Sufrir non é a palabra. Tes que sacrificar unhas cousas en beneficio doutras, nada mais.

P: E que cando dixeches sufrir, pensei “sufrir pfff, estou a desgusto no grupo”  e sempre que alguén estivo a desgusto nun grupo acabou mal. Mirade Kurt Cobain. (risas)

A: Hostia, ¿e que é del?

Fixo un unplugged seica (risas) Falaremos logo dos unplugged… Pero agora, ¿que vós da medo?

M: ¿Unha cousa? O goberno

P: Que a xente esté triste

M: Joder… vaia parida (risas)

Patato: Pues miedo…

M: Ao espello dille oh, ¡ao espello! (risas)

Patato: El verano pasado hice el verano del terror… Me chapé todas las películas de Halloween, de Freddy Krueger, de Jason y… Ya está, superado. No hay miedo. Hasta alquilamos algunas incluso.

Arturo: A min dáme medo a situación actual, en xeral. Xa sexa a nivel político, a nivel económico, social… Non so polos políticos que fan o que lles sae de aquel sitio, ou que a economía está tan mal, que eu teño as miñas dubidas sobre iso; se non toda esa tensión social que estamos a vivir. Creo que corremos demasiado e non sei en que vai derivar isto. Dáme medo a xuventude de hoxe en día… Estou falando coma se fora un vello (risas) e non o son, que son un chaval, pero… Todo isto provócame preocupación, incertidume.

¿Cales son os proxectos futuros de Medomedá? ¿Que tendes diante?

A: Ensaiar o sábado (risas)

¿E logo?

M: Volver a ensaiar?

P: Manter a situación actual entre nós e de cara ao que é o grupo. Manter latente a ídea da banda.

Por que vós sodes un grupo de amigos, ante todo

P: Bueno, eles son amigos de toda a vida nós (Patato mais él) non o somos de toda a vida. Pero si, somos un grupo, evidentemente de amigos e baseado niso. Non somos os Beatles que si que se coñecían de toda a vida… ¿non? Paul e Harrison si, creo… Non che sei.

M: Me importa un huevo (risas)

Eu sempre fun mais dos Rolling Stones…

P: Non creo que o saiban nin eles

M: Os Rolling so se falan por avogados, e nós, acabaremos así…

P: Si? Acabaremos falando por avogados?

M: Dentro de cincuenta epico anos direiche eu…

A: Dos Rolling non hai documentación daquela época, de se eran amigos ou non…

M: Eran papiro.

P: En resumen si, eu penso que o noso roio e ser un grupo de amigos. Non somos as Spice Girls, un grupo feito para vender millóns de discos..

M: Bueno… esteticamente pode ser (risas)

Xa que sacades o tema, a seguinte cuestión vai por aí, ¿Como xorde as típicas vestimentas que lucides nos vosos concertos?

M: Por accidente, puro e duro… O primeiro concerto de Medomedá fora na casa e xurdiu o típico de “a que non hai huevos a…”. Foi alí, onde gravamos agora o video de “Faltai fai”. E quedou, e agora temos que andar cargando con iso.

P: Foi unha “explosión creativa instantanea”, se queres porlle un nome (risas)

Sodes escravos da estética

M: Efectivamente, somos escravos da estética. Tamén hai que dicir que nos mola, vémonos guapos.

A: As mallas son comodísimas para tocar eh… Moito mellor que os vaqueros, debería probalas todo o mundo… Nunca puxeramos mallas e non sabiamos o que era claro, pero agora puxémolas e xa non as quitamos.

Hai dúas cousas na vida que nunca minten, os nenos e as mallas

M: Estou totalmente de acordo (risas)

A: Todo o noso é 100% natural eh… Concretamente 100% algodón.

P: Eu ía dicirche que nunca minten por que ao final acaban rompendo e escápase o… (risas)

¿Ningún do grupo ten pesando tatuarse os tribais que lucides nos concertos?

M: Arturo é o único tatuado do grupo…

A: Pero xa os tiña antes de formar Medomedá eh! (risas)

M: Eso, non o fixo para… ¿sabes? Fíxoo por convencemento propio, por que lle molaba a el.

Quizais o seguinte paso do grupo sexa o de tatuaros como os que vestides

M: Non sería mala idea eh, saír todos tatuados de pes a cabeza pero… Sufro de urticaria crónica polo que non podo nin plantexarme o de poder tatuarme.

Poderiades vender iso, que vestides tatuaxes por solidaridade contigo por que eras o único do grupo que non lle permitía a pel pórse tinta no corpo…

M: Pois… Hostia.. A partir de agora esta vai ser a versión, como eu non me podía tatuar, por conciencia social o grupo… O asunto dos tribais, en realidade foi por que nunha tenda vin o couso de tatuajes, moloume mogollón, compreino e salín eu con él nun concerto.

¿En que concerto os luciches por primeira vez?

A: No TNT ¿non?

M: Si, no TNT. E mais, alí tocamos o sábado e o domingo ¡Seguidos! (risas) Daquelas aínda o tiña JackY, a negociación foi a seguinte: “Jacky necesito entradas por que hai xente que quere vir a ver o concerto – Douche 50 –Non me chegan, necesito mais –Pois eu teño que reservar entradas para a xente habitual –Pois eu teño un problema por que teño mais de 50 personas que queren vir… –Vale, pos facémolo o domingo tamén” E fixemos un doblete. Sería no 2009, fai 3 aniños.

¿Para que película vos houbera gustado crear unha BSO?

M: Eu a Batman, a do 89. Eu son de Batman, soamente creo en Batman. Non creo en ningún outro superheroe, chámese Hulk, chámese La Masa, chámese Jesucristo… Os Vengadores? Son pseudo-superheroes. (risas)

P: Eu a Superman (risas) Pero en serio eh, eu son de Superman en serio. Lévoo na alma eh (ensina o colgante coa S mítica) … Sei que non queres miralo moito (risas) pero aquí está.

M: Explicalle ahí por que es de Superman

P: Pois por que me molaba a hostia de pequeno, e agora vexo as películas tódolos días.

M: ¿E a verdade?

P: Non sei, sábela ti mellor ca min vese… Pois a ver…

M: ¿Quen ten tatuado no brazo ese mesmo símbolo que levas ti colgado ao pescozo?

P: Ah… Jon Bon Jovi, pero non é por iso que me gusta.. (risas) Non en serio, gustoume antes Superman que Bon Jovi.

M: Está mintindo, gústalle por iso.

Patato: ¿Una peli? Creo que en el cine de terror hay mucho heavy y rocanrol. Algo metería en ese género.

A: El día de la bestia (risas) o Año Mariano… Molaríame moito meter música nesa.

M: Que casualidade, que cumprimos agora un ano Mariano. Poñemos a BSO desa película para este ano,

¿De Mariano Rajoy tendes algo que dicir xa que sacades o tema?

M: Lamento profundamente que sexa galego… Sempre sacamos aos mellores. Sacamos a un 40 anos seguidos e agora 4 anos a este…

Noutro tercio, ¿Que canais de televisión borrariades? Entre todos

M: Canal 13, intereconomía e…

Patato: La MTV (risas) No puede ser que la televisión de la música no emita música…

M: E que eu non os borraría, deixaríaos. Eu se me quero rir poño Intereconomía e, nun principio, quero seguir rindo… Tamén me cabrea bastante as veces. Cada un que se exprese como queira, todo o mundo ten dereito a estar equivocado (risas)

A: Eu Telecinco na miña casa non a teño. Ou polo menos non a atopamos, estará a tomar por culo, no trinta e tantos… No cinco non está, iso seguro.

Parece que cantos mais canais temos, menos contidos vemos

P: Bueno, respecto a iso teño algo que dicir. Houbo nalgúns TDTs que tiñan un canal que se chamaba “Mundo interactivo”, e non sae nada, podes estar aí tres cuartos de hora co mesmo bucle de roio e dis “Pero que carallo pasa aquí”

M: E aínda así non é o que peor programación ten (risas)

P: E que o roio chámate, “fotos non sei que” “tal non sei canto” Isto vai ser un roio táctil que imolo flipar e… non. Continúa de novo, unha bolita caendo no medio, como unha lámpara de lava…

A: Eu teño unha lámpara e cando…

P: Mirabas se ían ao mesmo tempo ou? (risas)

A: Non joder, pero dábaste conta de que a lámpara, o movemento non era aleatorio, acabábase repetindo.

P: Falamos entón dun “canal lámpara de aceite interactivo” (risas)

M: O ser humano e limitado, entretense con nada.

Vós destilades humor nas cancións ¿pódese un rir de todo?

M: sempre, por suposto, absolutamente de todo. E moito mellor se te ris das cousas importantes, das que o son realmente. Iso é complicado e debería ser un exercicio para facer tódolos días.

P: Non é que se poida, e que se debe… É complicado, pero hase de facer.

M: Escoitara unha vez que o único que a enfermidade non soporta é o sentido do humor. Con iso xa cho digo. É unha filosofía de vida, un punto de vista, unha dirección.

Ao mellor fan falta mais grupos coma vós que aborden os temas con humor e non coma un continuo golpeo de negatividade e desengano

M: A cuestión e que podes falar do mesmo pero dende outro lado. Eu sempre o digo, no mundo da música non existe so unicamente o tema do amor e do desamor. Parece que na radioformula instalouse esa temática e 9 e cada 10 cancións falan diso. Que está  moi ben, que debe existir pero existen mais temas. Podes rirte de todo ou cagarte en todo, todo é moi valido.

P: É interesante aínda así facelo dende un punto de vista positivo ¿non? Estamos como nunha película da Guerra das Galaxias, a forza e o lado oscuro Perseguen o mesmo dende diferentes puntos de vista. Dicíalle Yoda a Luke: “Mas rápido, mas eficaz, mas seguro, mejor… No”

M: Entón nós que somos?

P: Nos somos Jedis cojones, que carallo imos a ser,

M: A min gústame Darth Vader

P: Xa, por que a ten dura eh, é de plastico (risas) Suficiente, corta (risas)

A: É certo. O rocanrol na súa mais ampla expresión serve para cagarse en todo, é rebeldía. Pero tamén pode servir como vía crítica dende outro punto de vista ou para botarte unhas risas. Exemplos hai centos, non somos nós os primeiros en facelo. Sendo egoístas, a verdade, e que facemos isto para pásalo ben nós. Todo o que se graba ou se canta nun disco, anteriormente saíu nun ensaio. E o que nós mola, rirnos. E para o que temos o grupo, para pasalo ben e para desconectar un pouco.

P: A música estivo ao servizo de cada época, para unha cousa ou para outra cousa.

M: Agora estamos na época de cagar de todo…

P: Si por iso digo que está no servizo (risas)

M: Agora entendo… Es un sabio Pais.

Antes comentabamos algo de Kurt Kobain, ¿nunca pensastes en facer un concerto acústico ou algún formato parecido?

M: Eu pensei en todo xa… Absolutamente en todo. Pensei en facer un unplugged, efectivamente, ¿cando?, pois segundo os meus cálculos dentro de 7 ou 8 anos, aproximadamente (risas) Pero antes diso, eu querería facer “Medomedá e a banda de Calo” un roio S&M pero daquí.

Sairía en tódolos medios, ¿eh?

M: Pois seguro. Teño mais ganas diso que dun acústico e conste que o segundo sería mais fácil e poderíamos tocar mais por ai adiante.

Por aí ía o do formato acústico: pechan salas, bares, prohiben tocar na rúa, leis de ruído, de horarios… ¿Por que non se pode tocar rocanrol?

M: O rocanrol nunca o tivo fácil. Eu creo que subsistirá. É un pracer, sempre, ver como está o panorama, esas dificultades, esas barreiras que che poñen pa tocar e logo un bo día, e logo vas a Barrantes e hai unha cervecería que ten unha programación semanal de actuacións…

P e M: Cervecería Encontro

M: En Barrantes… Non é unha sala, é unha cervexería. Ten unha programación cultural semanal e faiche ter esperanza. Sempre haberá xente que  faga cousas, pouca xente, pero haina.

P: Recalco o de que cervexería é, por que hai que darlle corda a estas cousas, deixar esta reseña. Se alguén estao a facer, haberá que difundilo, agradecerllo dunha forma. Ben indo, ben dándolle difusión que é unha palabra moi utilizada ultimamente.

A: Nos cando tiñamos Drinkin’ Tinto, fai moitos anos xa, tocamos mogollón de veces na zona vella. Agora é impensable todo iso, está morto. ¿Onde podes tocar na zona vella de Santiago? Non podes

Tampoco quedan tan lonxe eses tempos, ¿que cambiou?

M: Grupos sigue habendo, verdade?…

Vituco (Ruxe-Ruxe) comentábame que parece que se perdeu a promoción, a educación e a concienciación da existencia da música en galego…

M: Nunca houbo tantos grupos nin tanta variedade, que é o importante do asunto. O Rock e un subgrupo pero importante e que haxa de todo, para todo dios… Pop, jazz, folk… E a forma de chegar a todos e despois… Que veñan ao rock claro. (risas)

Catro nomes… Obama

M: Presidente de Estados Unidos

P: Africano

Patato: Premio Nóbel da Paz … (interrompe Marcos) –Eso ten delito! So quería apuntalo

A: Cambio

Picolo

M: Picolo é… é un bo tio. Aínda que non o pareza

P: Vomitar un huevo … (risas)

Patato: Capa blanca

A: Tomás

Benedicto XVI

A: Noxo

Patato: Tamén capa blanca

M: Benedicto XVI el amigo de los gueis

P: Unha mentira

Vituco Neira

M: Referente

P: Barba

Patato: Planeta Furancho

A: O irmá maior que non teño

¿Creedes que está politizado o idioma galego? ¿Está politizado cantar en galego?

A: Ese é un tema que me toca un pouco os huevos. É un tema que vivimos no seu dia e hoxe se cadra menos pero…

M: Está mais normalizado

A: Afortunadamente. E para ben e para mal eh, ten os seus pros e os seus contras. O cantar en galego abre unhas portas pero pecha outras, aínda que non queiras. Nós non politizamos con nada, e menos co idioma. Cantamos en galego por que é no que falamos, por que nos criamos en galego, por que os nosos pais falan galego, os nosos abuelos e… A min me sería imposible facer música en español ou en inglés.

M: O que se pon diante do micrófono son eu e é a miña forma de expresión. Sen mais.

P: Eu creo que quen debería preocuparse dese tema e quen pensa desa forma, que debería evolucionar e deixar de vivir no atraso.

A: Se cantas en galego pero non dis “Galiza ceibe poder popular” e non sei que mais… Hai certo sector que che despreza, que xa din “estes son de segundas”. Que si non aproveitamos o galego para revindicar ideas ¿non?, que si non somos auténticos. Home, mais auténtico ca min, que son de aldea, xa só tes que escoitar o meu acento… Van ser catro nenos de papá que falaron ata fai dous anos en español e logo na casa seguen falándoo, os que me van a explicar a min…? Non quero entrar en polémicas con ninguén, pero tócame os huevos (risas)

M: Ti só queres facer amigos

¿Cantariades en castelán?

A: Eu xa tiven un grupo onde o cantante falaba e fala en castelán e non teño problema ningún, pero claro, eu non cantaba. Se tivera que cantar, faríao en galego.

P: Eu si, e en inglés… É unha cuestión de expresión. Se non hai ningunha idea detrás depende de como ti vexas capaz de expresarte. Eu non podo expresarme ben en castelán, por iso me expreso en galego. Non é cuestión de ideoloxía.

M: Eu non me vexo cantando en castelán…

Todo isto ben polo que dicía Arturo, ¿non? Cantar en galego abre portas e cerras portas…

M: Posiblemente, pero no momento en que decides cantar en galego non pensas niso, simplemente xorde, fixemos o que nos salía. Se tes pos a valorar cada cousa pois é imposible. As opinións son coma os cus, e nos facemos o que nos gusta. O que estea de acordo, que estea e o que non pois terá outras cousas.

P: Isto é como ter un euro un día de calor e ter que escoller entre un helado e un auga… ¿Que escolles? Unha cousa darache unhas cousas e outra outras. A vida sempre esta chea de eleccións, e do que se trata. Cada elección colocate nun sitio, sen mais.

M: Gustaríame engadir que nun futuro, oxalá, poida haber un mercado musical galego. Que non o hai. Tamén que de habelo, poder pensar que Medomedá puxo o seu graniño.

Amplíame iso, ¿que é mercado musical galego?

M: Que os grupos que tocamos aquí e cantamos en galego, algún día cheguemos a simplemente, plantexarnos vivir desto.

Por que da música é imposible vivir

M: É imposible vivir de Medomedá, da música non sei (risas) Non sei Luar na Lubre… Dentro do rock quen foi os que mais acadaron foron ¿Heredeiros da Crus? Digo cantando en galego eh, Los Suaves e Siniestro pos si que viven dos seus respectivos grupos…. Pero cantando en galego apenas é un caso único o de Heredeiros, dando por suposto que chegaran a vivir do grupo… E logo Antón Reixa que colocou unha canción de número un nos 40 principais… Iso é abrir portas.

E logo ir a SGAE

M: Si, logo a SGA. A ver que fai, é a incertidme que temos todos (risas). De momento nos non somos dela, somos “Creative”

¿Marshall ou Mesa Boogie?

M: Marshall ou Mesa? Pois Mesa Boogie, ¡homé!

P: Estamos mais acostumados… Pero descarto Marshall por descoñecemento eh, a verdade…

Patato: estarás cheo de escoitar Marshalls…

P: Pero nunca toquei con un.. Nunca tiven un cabezal Marshall ahí que te cagas (risas)

¿E que opinades de Israel?

P: É unha orquestra que está medrando, contratou agora unhas chavalas  de cuidao.

M: Teñen un cantante guapo

Patato: Israel era o de Gran Hermano?

P: O que gañou?

Ese era Ismael, Israel era o galego ¿ou? (risas)

M: Tamén era o malo dos pitufos…. Non perdon, ese era Gargamel, Asrael era o gato… ¿Agora queres que che conteste en serio?

Adiante

M: Dame moitísima, moitísima pena que a historia non sirva para aprender. E creo que igual eles non son os únicos culpables de todo isto, pero que sen duda, sons uns abusóns. Soziedad Alkoholika xa o dicía “Nos vimos en Berlín”.

A: Ti mira esa letra, a dese tema de SA. Sigue vixente, ¿cambiou tan pouco o asunto? E un desastre…

M: E recalco o de que non todo é culpa deles por que moita culpa é da ONU. No ano 48 a ONU creou o estado de Israel. É obvio, que se montas un estado, terás que quitarllo a alguén. As cousas son cruelmente irónicas supoño. Sons uns abusóns, teñen ahí ao irmao maior defendéndoo e a loita entre un helicóptero e unha pedra é moi desigual. Non quero dicir que tirar unha pedra estea ben, soamente digo que é moi desigual.

Papato: Estamos rodeados de merda por todas partes. Y lo vemos de una manera tan natural que lo malo ya no es malo, o parece no ser tan malo. Son los detalles buenos los que harán que reacciones, lo malo es constante, lo bueno no.

Arturo: Isto todo, a situación de facer dos morto algo trivial ou natural, chámao como queiras pasa a tódolos niveis. ¿Canta xente morre na carretera nun fin de semana? A nadie lle afecta, ou iso parece.

M: Eu teño unha pregunta, para eles: ¿A súa relixión non fala de amor?

Posiblemente contesten que o amor teñen que ganalo ou algo polo estilo… As bombas choven en moitos lados, e bombas tamén hai aquí, doutra forma, con outros nomes, pero tamén están matando xente… A crise cébase coas persoas na nosa terra

M: A cousa está dura. E ¿sabes? Creo que nunca chegaremos a comprender o porqué. ¿Por que estamos pasando por todo isto? Supoño que todo atopa resposta cando falas do carto. Todo responde aos cartos. As guerras, as crises… Chegar a comprendelo, cando nos falan de millóns e millóns de euro, que eu xa fai días que non os gano… É complicado. A nós tócanos vivir o día o día, e cada vez é mais triste. A pregunta é: ¿ata cando o imos a aguantar?

¿Viviu Medomedá por enriba das súas posibilidades?

M: Sempre, e seguirá facéndoo

P: Con crédito e sen crédito.

M: Se Bankia vive, nós tamén. Que, por certo, oín que pediu unha cantidade tan insultante que non sei, se pide 20.000 millóns eu son o goberno e xa lle diría, “Dámoste 25 e xa o amoblas”

¿Por que a xente non reacciona cando saltan os escándalos políticos? Se Rajoy gasta 10.000 euros nunha viaxe de avión en alcohol, ou se os deputados teñen un menú de comedor mais barato que o escolar…

M: O goberno xoga a súa principal baza… A política do medo: “Estás así, pero poderías estar peor”. O medo ten moitísimo poder,  a información ten moitísimo poder. O medo debe contrarrestarse coa información. Se non, non atopo na miña cabeza a esta maioría absoluta que saíu fai unhas semanas. Funciona, a política do medo funciona, realmente faino. Haberá que contrarrestala.

Moitos protestan polo sistema de votación do pais

M: Eu non sei exactamente dicir que falla, falar de datos, ou de leis… Non son un experto no tema, é así. Pero algo falla.

A: Hai cousas que non cadran, ¿ou? A min non me cuadra. Ninguén bota o PP nunca, xa sabes.

P: Teñen unha maioría dentro de unha minoría. A minoría dos galegos foron botar e eles teñen a maioría desa minoría. Pero claro, a maioría real, non botou.

A: Estabamos falando antes da reacción da xente. Isto vai ter que pegar unha hostia nalgún momento ¿Cando? Non o sei. Cando a única arma que temos contra eles é o voto; pouco efectiva, certo, pero é a única que temos. ¡Usémola! Logo a folga vai todo Dios, ¿por que? ¿Por que non van botar tamén? Mira, se hai tantas abstencións como votos do PP, iso non pode ser unha maioría.

¿Sería posible vivir en Galicia o proceso soberanista que quizais suceda en Catalunya?

M: Si é posible, pero dentro de moitísimos anos. Algo que caracteriza a Galicia e sempre ir moitísimo despois do resto.

P: Ponlle trinta e pico anos (risas) Pero se falamos de independencia, espero que non se dea da mesma forma que se pode  dar en Catalunya. Xamais. Gustaríame unha independencia que fora abanderada por alguén que crera realmente nesa idea e non que se abanderase dela buscando outros intereses por que un entón preguntase… ¿Por que non a defenderon antes?

Outros menesteres, ¿Que música soa na furgoneta dos Medomedá?

M: Normalmente imos cantando… Tamén imos dicindo tonterías.

A: A música na furgo é unha putada por que non che deixa falar. Eu vou diante e vou flipando co volumen por que ademais soa moi mal (risas) Faise un barullo de moito cuidado, xa nin collemos CDs para cargarlle.

M: Se queres saber que levo agora mesmo no meu coche diriache: o master de Medomedá, o disco de Medomedá, o de Ruxe (o último); o de Zapa, en serio (risas), un de Fracasados de Antemano por que tocamos con eles en Rianxo e déronnos un par de discos, e o último non teño moi claro se é un de HIM ou un de Metallica… Non sei. Que traías ti Arturo?

A: Tiven o de Zapa un mes no coche… ata fai dúas semanas e iso que ten cinco temas. E agora tiña o último de Metallica e onte puxen un destes variados con algo de todo.

Medomedá escoitades de todo, sen tapuxos.

A: Meu grupo de cabeceira é SA pero o meu favorito podería ser Leño. Entre unha cousa e a outra entra de todo. Depende do día, do teu estado de ánimo…

M: Do que saque a peña… Se Deseqilibrio saca algo, polo no coche. Vas consumindo música. A frase de Medomedá podería ser “A nós gústanos a música en xeral e o rock en concreto”

A: No meu coche nunha veras música electrónica, nin Reggaeton nin mierdas desas eh…

M: No de Arturo; no de Pais atopaste a Chimo Ballo eh (risas)

Contádeme unha situación vivida con Medomedá que gardedes para o recordo

M: E que eu miro tanto para o futuro que me costa recordar que o que pasou. Dedícolle pouco tempo a pensar que fixen, prefiro pensar que vou facer. Esta xa é unha boa resposta (risas).

P: Pois a situación típica, destas tipicadas que cando a vives, deixa de ser típica e convertese en putada (risas) que foi cando encallou a furgoneta alí na Fonsagrada. É un clásico. Foron momento de tensión (risas).

M: O sitio era precioso. Pero chovía.

A: Estivera todo o día orballando e fixérase na pista que abriran para que pasaramos. Un barrizal de moito carallo. ¡Se iamos andando e resbalabas!… Imaxínate a furgoneta para sacala… Tivo que vir un tipo cun todoterreno a facelo. Iso si, despois de rematar co cubata.

M: Rocanrol.

A: Eu teño unha, que foi surrealista de carallo. Cando presentamos a canción do Lobelle no multiusos, durante o descanso. Facendo playback alí… Tentamos de facer por que se notara pero sen que fora moi descarado de que queriamos que se notara… Pensamos en facelo evidente de todo por que era o que nos molaba a nós… pero por respeto a aficción…

M: E por que era suficientemente evidente (risas)

A: Foi unha cousa, que como se sae do noso. Non é algo que fagas habitualmente vamos. Eu quédome con ese momento.

M: Tamén merece a pena recordar que cando o Lobelle, que xa non é asi, que xa joderon a canción (risas) na súa paxina web principal levaron o que era o logo antigo de Medomedá, que era unha pastilla coas iniciais MDMA e iso queda aí para o posteridade (risas). Ter unha pastilla que pon MDMA na páxina do Lobelle, é curioso.

Patato: Yo es que con Medomedá el segundo concierto que di, fue con Ruxe en la NASA, el siguiente fue en Capitol y el siguiente fue en el Miltiusos (risas) y claro, ya decía yo “Bueno, voy a dejarlo que ya está todo hecho”… Tenemos pendiente una presentación del disco en El Monte do Gozo. (risas)

¿Pulpo ou Churrasco?

M: A min sóenme dicir que son moi pulpo, a tódolos niveis.

P: Pulpo, abarca mais.

Patato: Churrasco, que soy muy cerdo. (risas)

Arturo: Eu pulpo e churrasco tío… De ternera mellor ca de porco.

En USA legalizouse a marihuana para uso recreativo en dous estados tralas últimas eleccións… ¿Que opinades da legalización das drogas?

M: Eu opino que me vou pa Colorado (risas) Eu votaría ao seu favor, dende logo.

P: Lexislar prohibindo, no século XXI, paréceme un atraso. Lexislar legalizando e regularizando esté ben, ou esté menos ben; polo menos, vai nunha dirección de avance e iso sempre me parece positivo.

M: Tamén apoio,  aparte de legalizalas, que dean mostras gratis, coma os condóns.

A: Absolutamente a favor… E non son consumidor eh, pero paréceme tan evidente o tema este… Todo o mundo fumou un porro algunha vez. Hai que por esforzos en informar e concienciar.

¿Queredes mandar algún saúdo?

M: Eu a David Hasselhoff… ¿Ves? A él non lle deberían legalizar as drogas (risas)

P: Para Apostolos Mangouras

A: Eu saúdo aos Deseqilibrio, ao gran Zapa e ao gran Vituco que xa estiveches con eles. E a toda esa xente coa que compartimos escenario e que nos atopamos nos bolos

É raro, pero Miguel Duarte sempre acaba aparecendo nestas entrevistas (risas)

M: Acórdate de poñelo. A aos Ruxe e a Xan Pericán tamén, que colabora con nós. Tamén a Torroncho que pasou por Medomedá e a Anxo que foi un dos artifices desde proxecto

Patato: Eu saúdo ao lector… ou lectora. (risas)

Texto e fotos: Charlie Peartree

Webs do grupo
www.medomedá.com
https://www.facebook.com/medomedarock