“Escribir coa intención de publicar sería o maior erro que podería cometer”
A escritora Irene Castelos Cortizas de 18 anos publica a súa terceira novela, Respira, unha historia sobre guerra e amor, sobre anxos e demos. A nova artista presentará a súa novela nun acto o próximo 7 de Decembro ás 18:30 en Ferrol, no centro cultural Torrente Ballester.
Ola Irene, noraboa pola túa publicación de Respira. Poderías contarnos de que trata a túa novela?
Respira ten unha temática de fantasía porque é o que me gusta ler. A súa protagonista, Lía, atópase, non por casualidade, cunha muller chamada Dara. Lía descobre que Dara é un anxo do exército sagrado que quere reclutala porque ela é unha das novas xeracións de anxos e necesitan novas forzas para combatir ós demos. Lía terá que formar parte dese mundo do que antes non tiña nin idea de que existía e terá que aprender os seus costumes. Mais Lía coñecerá a outros personaxes como Adir, un demo que lle intentará facer ver a Lía que os anxos non son os bos da película e que non todo o que lle din é verdade e só poderá sabela se escoita a outro bando, aos demos. Así que o dilema de Lía é se combatir contra ós demos ou escoitar o que lle di Adir se quere descubrir a verdade.
Así que ós anxos da túa novela podería aplicárselles a frase: Nin os bos non son tan bos, nin os malos son tan malos…
Exacto, os anxos da miña novela non son anxos convencionais, tamén buscan o seu beneficio propio…
Para que tipo de público cres que é Respira?
Como dixen, a miña novela é de fantasía e adóitase encadrar no xénero xuvenil. Pero eu son das que pensan que depende do gusto de cada persoa e que tampoco habería que encadrar un estilo nunha xeración en concreto. Porque eu sei que igual que agora leo fantasía dentro de trinta anos podo seguir lendo fantasía e pódeme seguir gustando. Pero entendo que teña máis éxito entre o público novo porque é o que máis demanda, pero claro que pode haber xente máis adulta á que lle poida interesar ou que lle guste.
O dilema de Lía é se combatir
contra ós demos ou escoitar
o que lle di Adir se quere descubrir
a verdade
Por que escribes?
Eu escribo dende sempre, dende que era pequeniña. Escribo porque me gusta. Non escribo cóa intención de publicar. En ningún momento escribín coa intención de publicar. Eu creo que ese sería o maior erro que podería cometer. Porque eu non podería escribir pensando en que pensaría a xente que o fose ler. Eu escribo o que me gusta, non o que creo que á xente lle gusta.
Supoño que o xénero que máis les é o fantástico. Ata agora, as túas tres novelas publicadas son deste xénero. Gustaríache ou tes pensado tocar outros temas?
Tamén teño un ou dous proxectos comezados con temática realista, pero os teño aí por se algún día apetéceme seguir con eles. O que estou tocando máis agora é a ciencia fición. En Marzo sacarei outra novela que se chama Zona 23 e toca a ciencia fición e o tema futurista.
Viguesa de nacemento, residente en Ferrol ata este ano e agora volves a Vigo para estudar Tradución e interpretación en francés. Tes pensado escribir nese idioma? E en galego?
Eu adoito escribir co idioma co que máis cómoda estou, e ese é o castelán. Mais que nada pola cantidade de vocabulario que podo controlar comparándoo co francés.
Escribir unha novela en francés é máis difícil… pero non tes pensado escribir algún relato, algo de menor extensión?
Claro, escribir en francés sería algo complicado á hora de desenvolver a trama. Pero, o que dis si, algo así si. Igual máis adelante, traduciría ao francés algo do que teño escrito. Pero o meu idioma base é o castelán. E respecto ao galego, teño empezada algunha que outra cousiña. E me gustaría, claro. O meu curmán, Antón Cortizas escribiu en galego sempre. É un mercado máis pechado, por así dicilo, pero pode chegar a máis xente da que pensamos. Hai moita xente que le en galego.
Sei de xente que tivo que mentir
ás editoriais sobre a súa idade
solo para que o lesen,
para que o valorasen.
A verdade é que é unha situación triste
Cáles son as túas influencias?
Pois eu comecei lendo Harry Potter. Foi a primeira saga que me enganchou. E podería dicir que gracias a Harry Potter comecei a tocar o xénero fantástico. O meu referente da literatura española é Laura Gallego. Sobre todo no xénero fantástico. Non obstante, creo que cada escritor ten o seu propio estilo e está ben deixarse levar polo que les, pero creo que hai que ter o teu propio carácter e intentar buscar o teu propio estilo. E é o que estou intentando buscar estos anos. Porque claro, ao publicar unha novela con 14 anos non tes un estilo definido. E creo que é o que estou comezando a conseguir a partir de Respira.
O feito de que escribas fantasía e ciencia fición ven determinado pola túa personalidad. Supoño que eres unha persona “soñadora”
Si, sempre fun unha persoa moi imaxinativa. Queiras ou non, o que escribes reflicte moito a túa forma de ser.
Escribes só cando estás inspirada ou tes horarios establecidos?
Normalmente escribo cando estou inspirada, cando teño ganas de escribir. Pero teño amigos escritores que a verdade me deron grandes consellos e aprendín moitas cousas deles e dixéronme que polo menos escribise dous parágrafos ó día ou o que se me pasase pola cabeza para non perder o hábito. O intento, pero evidentemente agora coa universidade é máis complicado lévalo porque os horarios tamén son diferentes, non estou na casa todo o tempo, chego a casa e estou cansa… e o último que se me pasa pola cabeza é dicir: veña, vou acender o ordenador e escribir un rato. Pero normalmente cando escribo é pola noite porque estou máis inspirada.
No caso de que te apeteza escribir pero no momento de poñerte non estás inspirada, que fas?
Pois adícome a desenvolver a trama da novela da que estou traballando. Se xa a teño preparada, pulo os personaxes, os doto de máis características, relaciónoos,saco cousas…
Tes outras inquedanzas a parte de escribir?
A miña inquedanza principal é acabar a miña carrera e seguir co francés e poder traballar do que me gusta.
E a que che gustaría adicarte?
Todavía non o pensei del todo ben, pero gustaríame adicarme ao mundo editorial. Tamén gustaríame ser tradutor xurado, que é a máxima representación dos tradutores en España e poden conseguir traballo no Parlamento Europeo, ou outras institucións.
Cales foron os consellos que che deron os do teu gremio?
Un dos mellores consellos que me deron foi o de Manel Loureiro, o autor de Apocalipsis Z, un best-seller. El é de aquí,de Pontevedra. A anécdota que vou contar é moi graciosa: nas súas novelas, que son de zombies nunca morre un gato e que non morra nunca o gato, rodeado de zombies, déixache perplexo. O consello que me deu foi: Never kill the cat, nunca mates ó gato, non no sentido literal, senon que nunca mates ó personaxe máis fráxil de todos,non acabes cun personaxe que non poida defenderse, porque o lector preguntarase: por que?, non deixes consternado ao lector.
Cando coñecín aos escritores que me deron consellos eu tiña 14 años candoo publicara a miña novela Pesadillas al anochecer, e eles xa levaban anos escribindo, eran escritores consagrados xa, e o consello que me daban é que non me rendise nunca e que non deixase de seguir escribindo.
Nos tempos que corren, como cres que están as cousas actualmente para aqueles que queiran publicar algo por primeira vez?
Realmente agora hai editoriais que están apostando pola xente descoñecida e que queren de verdade darlles unha oportunidade a aquelas persoas que teñen algo que contar e non poden acceder as grandes editoriales. Porque cos tempos que corren, as editoriais queren ter garantías de que esos libros se van vender. E por iso só publican a xente recoñecida porque saben que vai haber saída. Pero si que é certo que hai editoriales que apostan pola xente nova. Porque esa é outra, hai moitas editoriais grandes que non publican a menores. Ou non che dan a oportunidade nin sequera de ler o que escribes solo por ser menor.
Deuse o caso contigo? Déronche pouca credibilidade polo feito de ser menor nalgunha das editoriais ás que mandaste os teus escritos?
Pois a min non se me deu o caso afortunadamente. Pero sei de xente que tivo que mentir ás editoriais sobre a súa idade solo para que o lesen, para que o valorasen. A verdade é que é unha situación triste. Queiras que non é un feito de discriminación. Porque hai xente da miña idade ou máis pequena que escribe increíblemente.
Dentro de trinta anos
podo seguir lendo fantasía
e pódeme seguir gustando
Que lles aconsellarías a toda esa xente nova que quere publicar?
Que sigan intentándoo. Ese foi o consello que me deron a min durante todo este tempo. Porque si que hai xente que aposta por nosotros. Hai que saber encontrala e seguir intentándoo.
Pensas que o e-book poderá algún día substituir ao libro impreso?
Dende o meu punto de vista, eu creo que non. O e-book é moi cómodo para algunas personas e supón menor gasto, e cos tempos que corren a xente ao mellor non está disposta a pagar polo libro escrito. Pero a sensación de ter un libro entre as túas mans e pasar as páxinas mentres te introduces na historia, non pode compararse co que pode ofrecerche unha pantalla. Eu non soporto os e-books, non podo ler en pantalla, xa me custa ler a min cando estou escribindo no ordenador…
Que futuro lle ves ás librarías?
Para min son realmente imprescindibles. Pero hai tamén bibliotecas onde podes adquirir gratuitamente os libros. Ou plataformas en internet onde che saen moi baratos. Coa crise está claro que se nota o descenso das ventas nas librarías. Pero non van desaparecer claro está, porque son necesarias.
Sempre hai o debate con que a xuventude non le, porque ás veces non se motiva correctamente aos nenos e iso é un problema que vai da man dos educadores. Que opinas disto según a túa experiencia?
Pois eu estiven en debates sobre este tema varias veces. E eu creo que en moitos casos se lles ofrece aos mozos lecturas dunha temática que non lles interesa ou que non son adecuadas para a súa idade. Hai que intentar ofrecerlles libros que lles poidan enganchar. Tamén é certo que hai xente que non lle gusta ler, e sendo adultos seguirán sen ler. Dende a miña experiencia, no instituto mandáronme ler algún libro que resultoume moi pesado e que non recomendaría. Mais eu son partidaria de que manden ler os clásicos, porque son clásicos, hai que coñecelos e lelos. Pero si que é certo que ás veces se lles mandan lelos a idades moi temperás e ten que haber un entrenamento previo para que a persoa poida disfrutar e enterarse do que está lendo.