E ti? Vas ir á folga?

Luns a mediodía cun sol radiante, atípico nun Novembro compostelán. As rúas ateigadas de xente. Que podería haber mellor ca responderlle unhas preguntas a un equipo de intrépidos e simpáticos xornalistas de Compostimes? Nós cremos que nada, pero non todo o mundo pensa o mesmo. Especialmente difícil foi este “A cámara descuberta” pois moita xente non se quixo pronunciar sobre un asunto tan polémico como a folga. Outros simplemente non puideron por risco a sufrir represalias laborais.

Con todo, isto é o que vos traemos. Estudantes, pequenos comerciantes da Zona Vella e mesmo a profesora Isaura Varela, da Facultade de Historia. Pero Compostimes quere saber: E ti? Vas ir á folga?

Se aínda non o sabes poden axudarche estes artigos:

Una huelga es poco, de Roi Sebio

Huelga sí, pero con matices, de Martín Pardo

Cámara e edición: Alberto S. Lozano

Entrevistadores: Darío Domínguez / Carolina Neira