Compostimes prepara nova presentación

Ante o éxito da nosa primeira presentación en sociedade na Facultade de Ciencias da Comunicación e para celebrar o noso primeiro mes de vida como xornal de referencia entre a comunidade universitaria compostelá queremos convidarvos ao noso novo evento: o próximo Mércores 21 ás 16.30 temos unha cita no Salón de actos da Facultade de Farmacia.

É dificil expresar a gratitude que sentimos con todos vós pola acollida que lle estades dando a Compostimes, por tanto, a nosa intención para esta nova presentación será darvos os datos deste mes de entrada no panorama mediático galego e comentar puntos ben interesantes sobre o futuro da nosa benquerida páxina.

Intervirán os máximos responsables da páxina, o noso director Jorge Pan e un representante de cada sección. Ao finalizar esta breve exposición respostaremos ás vosas dúbidas, suxerencias ou ameazas con todo gusto.

Agardámosvos alí e pregámosvos que difundades o acto entre amigos/coñecidos/compañeiros para que, como ata agora, sigamos medrando día a día.

Fotos: Charlie Peartree