As voces do 14-N
Baixo o sol de novembro, miles de persoas saíron ás rúas de Compostela para reivindicar os seus dereitos e amosar o seu desacordo coas políticas que os gobernos europeo, central e autonómico están levando a cabo. Nesta videorreportaxe quixemos darlle voz a toda aquela xente que raras veces a ten nos medios convencionais. Parados, estudantes e traballadores explícaronnos as súas razóns para secundar o paro. Aquí tedes o resultado.
Entrevistas: Iago González e Lara S. Santos
Cámara: David Fontán
Edición: Alberto Rivera