Metalízate
En vésperas de Nadal hai que ir aprovisionándose de turróns, bólas para a árbore, marisco conxelado, gorros de Papá Noel , diademas con cornos de reno e, sobre todo, envoltorios para regalo, é dicir, roupa para nós.
Para ir facendo fame de modelazos de Nadal, imos comezar cun tema candente, algo que nalgún momento da súa vida lle vén a toda muller aos miolos: OS METALIZADOS.
Cantas veces diríamos: “Con semellante farrapo Fulanita parece unha burbulla de Freixenet”. O peor pesadelo para calquera de nós cando preparamos con esmero a nosa posta en escena en datas sinaladas… Non obstante, cantas veces temos pensado: “Encántame esa prenda metalizada, pero… como a combino sen morrer no intento?”. Este artigo pretende chegar á reconciliación entre os desexos máis intimamente metálicos de calquera muller e o seu terror a acabar coma isto:
Os metalizados poden vir nos formatos máis diversos. Comezaremos polas camisetas:
Neste conxunto a nosa xa curmá Alexa Chung aposta por un top con refulxencias tenues pero evidentes, é un metalizado. Combínao cunha saia nos mesmos tons e uns stilettos coa punteira dourada.
Algo semellante podemos atopar en H&M:
Custa 24,95 euros (paréceme precioso, que opinades?).
Caroline Sieber amósasenos fabulosa debaixo desa camiseta semellante a unha cota de malla, que combina cuns pantalóns curtos esfiañados e uns salóns con pulseira:
Podemos imitala con esta prenda de Mango:
Sae por 25,99 euros.
Gala González, nun exercicio de poderosa audacia, mestura unha camiseta rematadamente dourada cunha chaqueta vaqueira que lle debeu mercar a un indio americano. Premio!
Non atopei nada similar, pero gustoume este xersei porque me dá a sensación de que o estilo é o mesmo:
Xersei de Mango: 39,99 euros.
Seguindo coa parte de arriba do corpo, podemos atopar chaquetas, coma esta que loce Clemence Poésy, á que para restarlle pomposidade adxunta prendas rockeiras e desgastadas:
Esta chaqueta de Zara ten un aire:
Custa 99,95 euros (moito habería que poñela para amortizar ese gasto, xa vos estou imaxinando poñéndoa de bata de andar pola casa… ; )
Máis arriscada aínda paréceme Laura Hayden, que leva este perfecto prateado (MOI prateado) que combina cun total black look:
E que podemos copiar mediante este perfecto de Mango:
Que custa 49,99 euros.
E incluso en versión dourada:
Chaqueta de Bershka: 89,99 euros.
Pasando xa á parte de abaixo, atopamos saias, coma a desta rapaza, que a elixe prateada e evasé para combinala con prendas moi simples que lle restan suntuosidade ao look:
Temos algo similar en Mango:
Que sae a 29,99 euros.
Aínda que tamén as temos en versión axustada-súper-marcadísima-moito-coidado-con-elas:
Coma esta saia de H&M de 19,95 euros:
Ou estoutra da mesma tenda, que custa 24,95 euros:
Temos tamén os pantalóns:
Aquí Agyness Deyn fai gala da súa personalidade con estes pantalóns prateados que combina cunha americana negra masculina e unha camiseta rosa lisa:
Podemos emulala a través destes pantalóns dourados de Stradivarius, que custan 32,95 euros:
En versión “paillettes” vemos os de Mary Charteris:
Que podemos imitar mediante estes pantalóns tamén de Stradivarius que saen por 19,95 euros:
Xogando coas cores observamos a Irina Lazareanu, que non creo que ande con esa cara pola rúa… Así que imaxino que está nun “shooting”…
Algo moi semellante haino en Mango:
Que custan 39,99 euros.
Tamén en versión formal e auga mariña:
Pantalóns de H&M, 29,95 euros.
E por último, os vestidos. Ou conxuntos que son a modo de vestido, vamos… Un “todo ao metalizado”:
Alexa Chung loce este vestido gris con lixeiros brillos, combinado cunhas bailarinas e un bolso moi “naïf”:
Algo parecido, máis sexy, é este vestido de Bershka que custa 29,99 euros:
Nestoutra foto, leva o vestido máis marabilloso do mundo, hahaha! Que vos parece? Aínda que teño que admitir que este roza moito o límite cara ao brocado:
Unha versión menos lady e máis bailarina é a de H&M, que custa 29,95 euros:
Caroline Sieber viste este conxunto, que admito que é estraño cando menos, pero ten un “algo” que o fai fermoso, que vos parece?
E tamén a Poppy Delevigne aposta todo ao “brilli-brilli” con este conxunto:
No estilo destas dúas últimas, aínda que moito máis escuro, e sen flores nin destinxidos, propóñovos este vestido de Mango que custa 49,99 euros.
Ata aquí a entrada de hoxe! Que vos pareceu? Atrevédesvos envolvervos nunha prenda metalizada este Nadal?
Ata a semana que vén!