Choque de titáns
Con este título que elixín debedes de estar algo perplexas, e non é de estrañar, calquera diría que vou poñer a dúas modelos embarradas loitando no ring; pero non, isto vai de algo que xa vos adiantara naquela primeira entrada de modas e modismos: a mestura de estilos.
Esta estratexia “modil” ten a súa complicación, porque se pode acabar como Paz Vega aló polo 2005, cando mesturaba pantalóns pirata de raso, chaqueta bómber de béisbol, “chúpame la punta” e gorra yankee. Ou coma este par de mulleres:
O peor de todo é que as atopei en www.trendycrew.com, ou sexa que se supón que son iconas de estilo… De feito a segunda delas, Vika Gazinskaya, sae constantemente. Nesta ocasión non sei se vai ver un partido de béisbol, á súa avoa da aldea, a un concerto de rock ou a embarcarse nun buque de guerra… Aínda que nisto da moda nunca hai consenso, así que, aí queda 😉
O certo é que tamén poden saír verdadeiros primores!
Comezaremos con saias, concretamente, saias de coiro:
Ás it girls encántalles adherilas a xerseis de punto, este é un dos meus xogos de texturas preferidos: PUNTO + COIRO
Propóñovos esta saia de Mango por 59,99 euros:
E este xersei trenzado tamén de Mango por 39,99 euros:
Seguimos movéndonos no terreo das saias, esta vez, tipo “brilli-brilli”, como diría unha que me sei eu:
Óscar De la Renta fixo gala do dichoso barroco, que tanto nos bombardea este inverno, con creacións coma estas:
Unha proposta sería esta saia “xoia” de Blanco por 25,99 cun xersei do estilo do anterior de Mango.
Fashionvibe tamén se fai eco desta mestura brillante con este look:
Que podemos copiar con esta saia de Mango por 39,99 euros:
E este xerseiciño de aire desaliñado de Bershka, 25,95 euros:
Non obstante, tamén hai cabida para o pantalón, coma pontifica Balmain:
Que podemos imitar con este pantalón metalizado de Zara de 39,95 euros e un xersei de punto normal e corrente de cores grisáceas (non? Para restarlle formalidade ao conxunto, que opinades?)
En definitiva, o contraste BRILLO + SPORT é outra das técnicas posibles!
Temos saias en versión máis lady, coma a desta street styler:
Conxunto que se pode resumir nesta saia de Mango, 25,99 euros:
E esta camisa vaqueira de Blanco de 29,99 euros:
Ou incluso a destoutra rapaza:
A nosa versión é a través desta saia de Zara de 29,95 euros:
E dunha suadeira como das que xa temos falado aquí ;). Pero por se non as coñecedes, propóñovos esta de H&M que sae por 24,95 euros:
En resumidas contas, esta fórmula é: LADY + GASTADO.
Estoutro conxunto tamén moi resultón:
Combina unha saia evasé cunha camisa militar en toda regra. Truco: LADY + MILITAR.
Unha técnica que xa vos soará pola semana pasada, grazas a Olivia Palermo (cantos links estou a meter hoxe!), é a que pon en práctica esta muller:
Que mestura ENCAIXE + PRINT ANIMAL
En versión low cost temos este vestido de H&M por 34,95:
E esta chaquetiña de Mango por 25,99:
Co mesmo leitmotiv, atopamos esta creación de IRO:
Que superpón un xersei de PRINT ANIMAL + ESTAMPADO GALÁCTICO.
Algo parecido, xersei de Mango de 19,99 euros:
E estes pantalóns de Zara por 39,95:
Outra fusión que vén moi potente é a que vemos en Fashion Vibe:
Que podemos copiar mediante esta blusa de H&M de 39,95 euros:
E estes shorts de Stradivarius que custan 22,95 euros:
Tamén Elisa Nalin se adscribe a esta tendencia:
Que podemos imitar con esta camisa de asos de 38,89 euros adheríndolle uns pantalóns camel, por exemplo:
¿A fórmula? FLÚOR + NEUTRO (cores, enténdese : )
Ata aquí a entrada de hoxe! Que vos pareceu? Atrevédesvos a mesturar? Que opinades desta técnica fashionista?
Ata a semana que vén!