A folga xeral a través do obxectivo

Amais de ter entre nós uns documentalistas primorosos e grandes reporteiros, en Compostimes tamén dispoñemos dos mellores fotógrafos a esta beira do Sar. Así, completamos a nosa cobertura da folga xeral deste 14 de novembro cunha selección das fotografías captadas por tres dos nosos cazadores de “momentos decisivos”. Tres deles, Charlie Peartree, Sara Yáñez e Tsara Mucci, estiveron en Compostela seguindo a manifestación de pola mañá e mailo piquete da CNT. Outra, Micaela Campanini, seguiu a marcha de Pontevedra.

Se tendes algunha fotografía, xa sabedes… en redaccion@compostimes.com serán benvidas!