Terbutalina: hostias para todos

 

No último ano Terbutalina deu mais dunha trintena de  concertos, que se di pronto, malia a ser un número que provocaría envexa na gran maioría de bandas galegas (ou estatais). Neste período chegaron a tocar en festivais cunha afluencia de xente tan grande coma o Brincadeira (Cambre) ou a formar parte do cartel oficial do San Froilán de Lugo neste ano 2012.

Non dan tempo nin a facerse de rogar e uns intres despois de que eu pida a primeira caña na barra do local Samu aparece pola porta  e búscame coa mirada. Saudámonos cortesmente. “¿Chegou Miguel?”. Case sen darme tempo a contestar o susodito fai presencia no bar. Ambos piden unha cervexa mentres propoño fuxir a unha das mesas do local para estar algo mais relaxados. Segundo  damos os primeiros tragos, imos rompendo o xeo con algunha broma e algún que outro comentario banal mentres esperamos que cheguen as famosas tapas da “Corredoira” para empezar a gravar todo o que se diga durante a seguinte hora.

“Vimos nolos dous que os outros membros do grupo andan traballando ou en clase”. Samu é o baixista da banda, mentres que Miguel ocupa o papel de guitarrista e voz principal. Acostumados a velos no escenario, agora parecen estrañamente tranquilos. Doulle ao botón vermello da gravadora.

¿Como valorades o último ano de Terbutalina, referíndome, en parte,  a ese salto musical que destes por Santiago e parte de Galicia?

Samu: Pois o feito e que o ano pasado pasámonos…

Miguel: Tocamos moito, case ata morrer, ¿ou non?, xa o dixemos, a ver se parabamos un pouco… Pero, eu que sei, en Santiajo sempre molar tocar… Somos un lote de xente sempre, bueno, un lote… comparado con outros sitios…

S: Comparado como de cando vamos de Pontevedra para abaixo (risas)

¿Case sodes entón mais de Santiago que de ningún outro sitio?

M: Si oh, é verdade

No concerto do Festigal (25 de xullo, festas do Apostol en Compostela),  creo que todos os congregados alí, flipamos un pouco co que a Terbutalina ofreceu ese día ¿non?

M: Si,  o certo e que foi un dos mellores concertos…

S: (interrompe) … do ambiente en xeral, eu acórdome da proba de sonido, de estar probando xa o bombo e a peña xa saltando e berrando e claro dis: “Hostia chaval…” Tamén as festas de San Pedro fora a hostia, a sensación da xente…

M: E por iso que Santiago e como tocar na casa… O primeiro da Moon que demos, o concerto na Radio… Foron moi grandes eses concertos. O ambiente en xeral, foi moi bo, unha festa.

¿E o Brincadeira tamén foi unha festa?

S: Estivo guay tamén, si.

M: Coñecer a Cañita Brava…

S: … Xa paga a pena da viaxe (risas) Foi a nosa gran baza tocar despois del que se non, non habería  nin Dios.

E agora para o San Froilán, a festa mais grande de Lugo

M: Temos ganas a verdade, nunca tocamos en Lugo e temos curiosidade por ver como vai… A ver se non é un Cangas

S:  (risas) Iso, non facer unhas das míticas nosas de chegar e que non haxa ninguén

¿Xa vos recoñecen pola rúa? ¿Páranvos cando ides por ahí?

M:  En algúns sitios de festa si… A xente de festa recoñécenos, pola calle igual non che falan se non están borrachos… O certo e que fomos coñecendo moita xente.

A última xira chamástela “Xira funeraria” a min recordame un pouco a o dos entierros en Nova Orleáns que entraban tristes no campo santo e saían bailando, cantando e mais felices que Dios… Podería ser un concerto de Terbutalina

M: Pois a verdade tiñamos unha canción que se chamaba xira, ¿sabes?, pegáballe ben e punto, non temos moitos misterio nesas cousas

S: Non somos moito de plantarnos a pensar, non (risas)

¿Cara onde vai a Terbutalina? ¿Que ten diante?

S: Ter un momentiño para gravar, bueno, un momentiño e uns cartos para gravar e seguir tocando… Aínda hai sitios que non pisamos como A Coruña, Ourense, Lugo…

M: Estamos agora facendo cancións novas para meter nun disco de novo. Un largo de novo, de 12 ou 13 cancións

¿Outra vez en Portugal?

S: Pois pode ser, témolo que mirar

M: A verdade e que alí quedaramos contentos. O tipo do estudio era unha personaxe… Gravamos só oito cancións, todo nun día. Estar dous días con ese tipo igual… non é aconsellable (risas)

S: Non, non creo que sexa aconsellable. Hostia… Para facer os coros tiña alí unha revista porno dos anos 70 en blanco e negro…

M: Que só tiña letra, case non había imaxes e púxoa alí para que afináramos… Quedamos contentos, a verdade.

¿Quedou como vos queriades?

M: O que queriamos era que quedara mais sucio co primeiro

S: O primeiro tiña moita presencia a guitarra limpa de Miguel ao mellor…

M: Si, ademais, valíanos todo un pouco mais, tiñamos esas cancións e veña, gravámolas todas e fora…Agora xa descartamos máis. De todo se aprende.

“Así nos vai” é o título dunha canción do EP “Hostias para todos” ¿Vainos moi mal? ¿Peor aínda?

M: Visto lo visto como diría Cañita Brava… Vainos mal, si… A nós non… a nós vainos guay.

S: … a nós vainos ben…

M: ¡Gañamos cartos! (risas)

S: ¡Pero non perdemos a humildade! … A cousa está jodida, moito.

E agora vémolo que cerran locais tan míticos en Compostela como foi “O Trasgo” antes do verán, o “Nido del cuco” fai unhas semanas, “La taquilla”…

M: Ao Trasgo aínda iamos bastante, no Nido del Cuco aínda estivemos o outro día que pechaban…

Ao final a crise chama as portas

M: Si, pero sen embargo Apolo e Liberty seguen abertas, aí, a muerte, e aínda por riba hai que pagar ¿sabes? Así que crise, so hai para algunha xente…

S: Se o final, o que está facendo a crise é aumentar as diferencias… Os que estaban ben seguen igual de ben, ou mellor, e os que estaban peor pois peor…

¿Xa non vende a cultura?

S: Nunca vendeu, penso eu.

M: Se consideramos reggaeton cultura…

S: Eu que sei, é a educación que tivemos… A xente paga 30 pavos por ir ver ao Getafe e non paga 5 euros por ir a ver dúas bandas ao mellor. Quen di Getafe, di Málaga, Celta… Ponlle o equipo que queiras.

M: E como o tema das orquestas que nos sempre as poñemos un pouco a parir… Temos unha canción agora que vai en contra delas… ¿Ti sabes que ao mellor no concello de Muros gástanse 30.000 euros por traer a 6 orquestas e a “Amistades Peligrosas”  habendo salas de ensaio que puxo a Xunta (rede Nsaio) onde ensaian 6 grupos e non chaman a ningún?

S: Ao mellor chaman a un e case llo venden como un favor, “Toca que non che damos nada”.

M: Non van gastar 30.000 euros, nin digo que se gasten home, pero como lle pagas a unha orquesta págalle a un deses grupos, é o mínimo.

S: Se todo o que fas aquí, o sacas para fora… A cultura anda a perder pasta, seguro.

Falando de cartos, ¿como vedes a descarga de música? (Terbutalina teñen os seus traballaos subidos gratuitamente a rede)

M: Non… Nós pensamos que para sacarlle pasta a un disco tes que ser Metallica… Se gravamos as cancións e  para que a xente se aprenda as cancións e poida cantalas nos nosos concertos e escoitalas cando queira. Logo, claro, para nós mesmos. Algo que tes gravado sempre mola, pero o de cobrar… Pff…

S: Cobrar pos descargas xa é o último… Porte agora a facer CDs… E que a dia de hoxe non teño onde escoitar un puto CD, xa o digo simplemente por iso. ¿A xente en que inverte? A xente inverte en concertos, inverte en dispositivos de música, pero non inverte noutros soportes… A nosa idea é poñelo o mais fácil posible por que nós o que queremos e tocar por aí… Gravando non o pasamos nada ben (risas) o que nos divirte e ir por aí.

Terbutalina é un grupo de directo

M: Eu creo que os grupos teñen que ser iso…

S: E que para nós a gravación e unha carta de presentación por que… Non sei, se o noso disco o escoitas moitas veces igual tampouco che presta tanto (risas)… Mola vernos, saltar, facer o coñas…

¿Que opina Terbutalina do 25-S?

M e S: Hostias… Hostias para todos, hostias como panes.

S: Sería un clásico dicir agora que estás indignado e tal pero… Xa non é indignación, todo o que se ve estes días, é unha puta sobrada. Está estado está tomado… E que non hai liberdade, nunca a houbo joder pero isto de entrar nos bares coller a calquera, dis calquera cousa… É un roio totalmente aleatorio. É o que xa foi sempre, a violencia perténcelle ao Estado e son os que din o que é violencia e o que non, e sobre eso a ver…

M: O roio e que estase poñendo tan normal unha manifestación na que se lle pega a xente que a peña o ve, protesta pero outra tanta xa di “é o de sempre”

S: Eles teñen toda a maquinaria, aos medios de comunicación que lles fan o traballo sucio de vender a esa xente como sobrada, rebelde…

O outro día lía en Twitter “Lo único que cambio de los grises de Franco a los de ahora, es que ahora los vemos en streaming” ¿Pode ser? Tampouco se ve unha resposta masiva da xente aínda vendo as cargas en directo….

S: É certo, a cousa non cambia, non se provoca unha resposta… A paciencia da xente sorpréndeme, parecen case exemplos esporádicos de ter conciencia. Con catro manifestacións, parece que se vai quedando ahí o tema… Non sei como se vai canalizar iso, non sei en que derivará. Ao final, vivimos nun puto país de fachas, entre PP, PSOE e toda a merda que hai detrás deles, non te podes salvar.

¿Queimalo todo?

S: A resposta podería ser queimalo todo, tranquilamente. ¿Que outra solución nos pode dar nadie? A solución temos que dala nos mesmos, e ata que nos deamos conta deso…

M: Pois en vez de prender lume as Fragas do Eume prenderlle lume ao congreso… Ou polo menos a xente de dentro que o edificio non ten culpa.

S: Expropialo para concertos, debe ter unha acústica impresionante.

Vouvos dicir cinco nomes… Antón Reixa

S: Antón Reixa… Maior continente cultural… A súa papada é o maior continente cultural que hai en Galicia.

M: Eu de Antón Reixa só digo que temos unha canción aí, inspirada nunha cousa de Samu cunha frase que o define moi ben: “Etiopía ten fame comeuno todo Antón”

Feijoó

S: Feijoó é un crack. Un tipo que che pode mentir na cara e facelo cunha elegancia e un saber estar impecable.

M: Para min é o Lendoiro de Galicia

S: Dentro de trinta anos terá unha papada preocupante como a de lendoiro na nuca…

Conde Roa

S: Un ídolo. Os dez meses que fixo Conde Roa na alcaldía foi o mellor que pasou na política a nivel europeo dende nunca.

M: É o meu caseiro deste ano… É o que lle alquilei o piso.

S: Non pagas o IVA logo

M: Todo en negro.

Alberto Casillas (dono do bar madrileño que non permitiu a entrada dos antidisturbios durante o 25S)

M: Apelidándose Casillas, foille mallada a historia

S: Fai xente así pero na vía pública, non fai falta xente así que defenda o seu negocio. Que o entendo, que é o normal, que o tio lle bota unhas pelotas e tal pero… Por cada Alberto Casillas que hai, hai dez seguratas do metro de Atocha que tamén aproveitaron o momento para cargar.

Mario Conde

S: Paréceme genial

M: A ver se ven aos nosos concertos na Karma (sala de concertos Pontevedresa)…

S: Só hai que ver quen está detrás, os seus apoios, “Galicia bilingüe”, “La Región” e toda esta peña… A nivel político en Galicia hai poucas persoas: Estivo Conde Roa, claro; estivo Lendoiro na deputación e están os de Democracia Ourensana

M: E que hai uns videos desa peña… (risas)

S: Eu só quero ir a Ourense para chegar a coñecelos.

M: Con peña así, dedicarse á política… Que se dedique Cañita Brava

Eu cheguei a dicir que foi o mellor concerto do Brincadeira (o de Cañita)

M: Eu solo vin dous, Cañita Brava e Lendakaris Muertos

Algúns vimos como Samu levaba en hombros entre o público ao cantante dos Lendakaris

S: Sí señor… Despois penseino joder… Púideno tirar, imaxínate: “Baixista de Terbutalina liquida ao cantante de Lendakaris” Dinme conta tarde, claro. 

Javier Gallego declaraba fai pouco nunha entrevista que “El periodismo no tiene que ser el cuarto poder, sino el contrapoder”  ¿Pode ser a música tamén un pouco a que teña que dar o toque de atención cando alguén se pasa?

S: E que ao final se queres mover a xente a través dese tipo de música, tes que entender que ao final e unha consigna… Quero dicir, se escoitas Skarnio, escoitas Koma, escoitas Habeas Corpus e pensas que iso che vai remover a conciencia… Ao final se simplemente estás repetindo “abaixo o estado” “abaixo…” e todo iso, estás facendo algo totalmente autocomplacente, estás chupándote a polla a ti mesmo. Creo que ten mais sentido dicir “Rajoy yo te quiero” que Rajoy muérete.

M: Ese é o roio. Hai moitos grupos, en Galicia bastantes, que se apoian no de “muerte al estado”, “no se que no se cuanto”… Van dun palo que por detrás é todo unha puta mentira. Nós podemos pensar as cousas que nós queiramos, pero podémolo transmitir dunha forma, como di Samu, mais cómica tal que “Rajoy yo te quiero”…

S: Está ben facer esa banda sonora, e a min mólanme moitas das bandas que antes che dixen, pero joder, logo veste nun concerto e dis: ¿Que estou facendo aquí? Por estar aquí, ¿Vai pasar algo?

M: A música si pode chegar a espertarte algo dentro, pero se vas a un concerto mais ben é como unha válvula de escape… Pásalo ben, emborracharse… Se aínda por riba, sacas unha conclusión que che poida axudar… mellor.

¿Que pensades do panorama musical galego actual?

M e S: Variado

M: A min paréceme a hostia, por que hai de todo e moitas cousas moi ben feitas. Grupos como a Familia Caamagno, Deseqilibrio Mental… Mira falando de Deseqilibrio que está Miguel Duarte. Se un día colles a Migue Duarte, ao Leo (i Arremecaghona) e ao Antón da Familia Caamagno  e os matas, desaparecen cincuenta grupos de Galicia… Están en todos tío.

S: En Galicia o que pasa e que temos un territorio tan dividido que en cada puta parroquia hai un grupo, en cada garaxe… Non sei se Galicia era o estado con mais bandas do pais… É unha sobrada.

M: A min paréceme unha pena que non haxa un festival que os reunira a todos.. bueno, a todos… Aos que se poida, pero todos de aquí, por que ao final, festivais como o Brincadeira os grupos que trae a xente son os de fora coma Status Quo.

Grupos que vos molen a vós, ao marxe das influencias de Terbutalina, grupos que vos molen persoalmente.

M: Vouche ser sincero eh, despois non vai vir nadie os concertos… Red Hot Chilli Peppers, e digocho en serio completamente (risas), Johnny Cash… The Clash, por suposto… os Sonics, e un galego, Malandrómeda.

S: Eu diriache: Gluecifer… Zen Guerilla… Familia Caamagno, a min é un grupo que me flipa moitísimo. Agora tamén estou flipando con Guadalupe Plata… Poderíache dicir mil bandas.

M: Eu por exemplo tamén escoito moito aos Black Lips por que me parecen unha forma de facer as cousas cojonuda. O roio que levan en directo podería serme un referente, pero xa che digo, para min, non para Terbutalina. Cando copio, copio de ahí (risas)

Algo se di por ahí ¿non? Que de copiar ou plaxiar, polo menos, facelo ben.

M: Creo que foi o Leo quen nos dixo “Só copiar non, copiar e mellorar”

Leo fixo moito, dos que mais

S: Leo o que fixo foi botarlle un par de huevos por que a súa proposta de entrada é difícil… Xente coma Leo, xente coma Tony Lomba e empezar a facer canción lixeira en Galicia… Hai xente que abriu e abre camiño para a xente mais nova que, eu que sei, nos vimos no seu dia e danche impulso, en plan: “nós temos que facelo tamén”

M: Con Leo por exemplo temos cadrado bastante este ano. Foi no Revenidas… El iba alí  coa súa guitarra,co seu cinto de amplificadores… Á primeira canción xa tiña metido ao público no bolsillo, subiuse a barra… Fai un espectaculo que é envidiable, que é botarlle un par de huevos e coller e meterse a peña no bolsillo

S: Ademais el solo, iso ten que ser..

M: Non ten que repartir con ninguén (risas)

¿E grupos que afogariades? De coller unha barca, ir pola ría de Pontevedra, enganchalos ben e para o fondo… Nin opción de volver a aparecer.

S: Pfff, así a voz de pronto…

M: ¿A nivel español? Así… non sei…

S: A ver, o exemplo clásico, sería Maná o roio de saco disco, saco recopilatorio, saco unpluged, saco grandes éxitos, saco…

M: … saco un directo…

S: exacto, unha canción nova, logo unha vella… ese tipo de roios…

M: Mira eu quitaría a Vetusta Morla, quitaríaos así… ¡bah!… Todo o que naceu de Operación Triunfo… Despois todo o que leve… e que eses todos están metidos nunha discográfica… ¡Vale Music! A iso prenderíalle lume. Logo a moito neto de Barón Rojo e cousas así que se poidan facer en Galicia tamén, fora. ¿Que mais?

S: Calquera grupo que toque “Dolores se llamaba Lola”

M: Si, Dolores.. Ese roio… A Miguel Costas en solitario prenderíalle lume

¿Tamén?

M: Si, por favor. “Yo lo que quiero es jamón…” tio… Non me gusta, é superior a min, as colaboracións do seu último disco tamén, prenderlle lume.

S: Despois tamén un repaso a todos eses grupos que están volvendo agora… Heredeiros da Crus…

¿E logo?

M: Eu que sei, a min é un grupo que sempre lle molou a xente, que sempre teñen cancións súas na cabeza, pero a min non me parece correcto iso que están facendo agora…

Los Enemigos tamén volveron de xira pero a diferencia doutros grupos eles declararon abertamente que volvían pola crise, pola pasta e por ter ganas de tocar… ¿van por aí os tiros do que falamos?

M: Claro, iso é… Non creo que fagan falta escusas… O único que lle recrimino a Heredeiros e ser peña que non che diga as cosas como son, ou iso me pareceu a min… Non sei. Ademais son grupos que van encher digan que volven polos cartos, digan que volven por amor aos fans.

¿E coa Cidade da Cultura que se podería facer?

S: A cidade da cultura é un monumento ao Pladur… Eu creo que se puxeran un cartel dunha empresa Pladur ao principio, todo cobraría sentido. “Mostrario de Pladur”

M: Eu non subín, so a vin dende a avenida de Lugo e en programa coma Salvados e as comparacións da mesma co aeroporto de Castellón que non ten avións.

Seica algúns querían promover enterrar a Manuel Fraga alí

S: Iso tería sentido, ou que o disecaran e o sacara nun tren arredor… Mira, metías nun tren a Fraga, a Ana Kiro, a Cuiña… A todos estes que van morrendo

M: A Feijoó

S: A Feijoó de maquinista e montar un trenciño que pasara por Santiago. Estaría guay. O negro de Boney M que tamén morreu e tiña casa por aquí. Todos no tren… Sería mellor co tren chu-chú este aberrante e humillante que mais que ver os que van montados nel a cidade, velos ti a eles aí saudándote en plan… non sei (risas)

Usa Terbutalina algún proceso creativo digno de mención ou…?

S: Normalmente trae Miguel a letra e algunha idea de como ten que ser a canción… Logo temos un caldeiriño con papeliños e vamos sacando “Riff”, “parada”, “cambio de ritmo”… Deses dous último temos moitos papeliños no caldeiro.

M: Mira, eu antes tomaba drogas e era moito mais fácil compoñer (risas) agora que non tomo… É chungo.

S: Estamos empezando a drogarnos de novo para ver se nos volvemos mais creativos…

¿Estrella Galicia ou SuperBock?

S: Mil novecentos

M: Estrella… ou Lager (risas)

As camisas que lucides ultimamente nos concertos, ¿foron de fabricación propia?

M: ¡Funcionou! ¡Fixácheste eh!

S: Tomáronnos a medida aquí en Santiago, pero recollémolas nun chino en Ribeira, cando fomos tocar á festa da Dorna.

M: Eu creo que os chinos cando nos coñezan, cando escoiten Terbutalina e vexan acercarnos a tenda van frotar as mans… Por que… en chinos gastamos unha pasta.

S: A metade do caché que pedimos e para chinos a verdade.

¿Cal foi o peor concerto de Terbutalina? ¿E o mellor?

S: Para min o peor que dimos foi en Ribeira… Levábamos bebendo dende as cinco da tarde e non safamos por ningún lado, foi o peor concerto que se deu nunca. Eu a segunda canción estáballe dando coa man aberta ao mástil do baixo… Non sei como volvemos a Ribeira esté verán… Enganamos a todo o mundo. O mellor… eu estaría entre o de San Pedro, polo ambiente e o espectáculo;  do sonido non sei, e o do Festigal… Soa populista pero e que é verdade que a xente fai o concerto, se a xente quere pasalo ben, vaise pasar ben.

M:¿ O peor? O primeiro…

S: ¡Hostia! O primeiro (risas) non acordaba…

M: O mellores eu diría: Revenidas, Festas de San Pedro, Festigal e Salceda (risas). O primeiro que demos e que é unha historia, tocábamos nunha festa en Abelleira alí o lado de muros e so puidemos tocar dúas cancións… Pero aínda así o peor, creo que foi o de Cangas na sala Son. Non polo trato, nin… é que non habia nin dios e fomos ata Cangas

S: A parte fixemos bises que nunca facemos bises

M: Non poñían música.. e saímos de novo… fixemos un cristo… E que dos peores ímonos olvidando, ou intentámolo (risas)

¿Que pensades das redes sociais? Terbutalina mostrádesvos activos con facebook e twitter.

S: Intentamos movelo bastante… Nós non temos discográfica, nin produtora, entón intentamos manter o contacto directo coa xente sexa da forma que sexa.

M: E que o como o de pegar carteis, case fai mais promoción poñer no Facebook que vas tocar por aí, que pegar carteis por aí adiante

S: O ideal seria combinar as dúas cousas… hai xente a que lle chegarías a través dos carteis, outro do Facebook, outro dun anuncio nun portal de internet… Ao final tes que estar en tódolos lados. É a diferencia entre que veñan 50 ou 80 persoas.

M: O día en que non usemos nada diso e a xente siga indo aos concertos, ese será o día que seremos algo ¿non sabes?(risas)

Outra recua de nomes… Rajoy

S: Gallego…”en el sentido peyorativo de la palabra”

M: Faltáballe nacer en Ferrol

Esperanza Aguirre

M: Ten un polvo

S: Ten un polvazo

Rosa Díez

S: Esa ten que ter unha cona con dentes, ou algo así… Imaxínoma así, cuns dentes de tiburón con varias filas…

M: Unha estúpida

Son Goku

S: Son Goku é un cabrón que se metía con Picolo

M: Vexeta

“O fodido non é morrer, se non botar tanto tempo morto” ¿Aínda hai Terbutalina para rato non?

S: Eles aínda son novos eu son algo mais vello… (risas)

M: Eu creo que si… Tampouco e unha cousa que nos ocupa moito…

S: Non somos un grupo que esteamos aí ensaiando mil putas horas nin convivamos tanto como pa poder ter mal roio…

M: Non como Spiderman que tiña que estar no periódico e despois á noite… Nós ao mellor algún día facemos doblete… Non estamos todos os días activos.

¿Algún saúdo para a familia ou para o Luar?

S: Para o voso xornal, moita sorte

M: Que tiredes para adiante

¿A Miguel Duarte?

S: A Miguel Duarte non, non queremos saber nada del

M: Pero pono na entrevista eh (risas)

 

Fotos e texto: Charlie Peartree