Steve Vai, o guitarrista imposible

A lenda da guitarra Steve Vai, coñecido polos seus solos imposibles e guitarras canto menos curiosas, estará actuando por primeira vez en Galicia para cerrar a campaña 2012 do ciclo de música “Galicia Importa”, que xa encargáronse de traernos a Adam Cohen, Pete Doherty ou Alice Cooper. O prezo das entradas para a sala Capitól roldarán entre os 20 e os 35 euros

Steven Siro “Steven” Vai, nado en Nova York o 6 de Xuño de 1960, interesouse dende moi xoven na música dos grandes da época, coma Jimmy Page, Brian May, Hendrix ou Alice Cooper, o que lle levou a querer tocar a guitarra. Con soamente 14 anos, tomou clases dunha, por aqueles anos, promesa emerxente da guitarra, Joe Satriani.

Cando xa era maior de idade, entra na Berklee Colege of Music, a universidade privada de música máis grande do mundo, e os 20 anos fai unha audición para Frank Zappa, sendo contratado para transcribir a súa música. Dous anos máis tarde chégalle o éxito, cando pasa a formar parte da banda de Zappa.

No ano 1982 decide deixar a banda, e un ano despois saca o seu primeiro disco en solitario, “Flex-able”.  Continúa compoñendo, tanto en solitario coma coa banda de Lee Roth,  pero non alcanza relevancia internacional ata o seu 3º disco, “Passion and Warfare”, sacado no ano 1990. Un ano antes, acepta formar parte da banda do ex-Deep Purple, David Coverdale; Whitesnake. Soamente dous anos despois a banda sufre a súa primeira separación. Dende aquela, continuou a súa carreira en solitario, chegando incluso a facer un concerto no 2005 coa Holland Metropole Orchestra, como fixera anos antes Metallica coa orquesta sinfónica de San Francisco.

A súa música foi utilizada en distintos videoxogos, coma o Formula One de 1996, o Grand Theft Auto: Vice City, o Halo, e formou parte de varios títulos da saga Guitar Hero e Rock Band. Tamén fixo aparición no cine, coas bandas sonoras para as películas Dudes e Ghosts of Mars, e incluso facendo de actor, aparecendo no clímax da película Crossroads, onde ten un duelo de guitarras co neno karateka, Ralph Maccio, que podedes ver aquí.

Á parte de ser un innovador na música, tamén o foi na guitarra coma instrumento. No ano 1986, deseña a primeira guitarra con sete cordas, unha máis das convencionais, para a empresa Ibanez, marca utilizada por el mesmo durante a maior parte da súa carreira. Anos máis tarde, crea unha serie única de guitarras de 3 mástiles, así coma un gran número de raros deseños. 

Fora dos escenarios, é un dos sustentadores oficiais da ONG Little Kids Rock, que encargase de repartir instrumentos e clases gratuítas a nenos de colexios públicos de Estados Unidos. Tamén é o dono de Favored Nations, unha compañía encargada da gravación e publicación de novos artistas, así coma da procura e mantemento internacional dos mesmos. Nos seus ratos libres, dedicase a apicultura, e os beneficios conseguidos coa mel das súas abellas, e doado para a súa fundación Make a Noise, encargada de levar a música os máis desfavorecidos.

Despois de tantos anos no mundo da música ten un milleiro de anecdotas. Algunha das máis recoñecidas foi cando o famoso guitarrista, con tan só 20 anos, lle confesou a outro gran guitarrista coma Frank Zappa que quería ser como el, e o que recibiu como resposta foi un “iso é imposible…es demasiado novo para quedar calvo”.

Durante a xira que fixo no ano 1998, notou que a EVO, a súa guitarra preferida e pola que ten un gran aprecio por ser a súa guitarra principal dende fai moitos anos (ata tal punto de que agora se ve obrigado a deixala no estudio xa que está destrozada de tanto uso e viaxe), non soaba como era debido, polo que lla deixou ó seu técnico de son. Este viu que o correcto era cambiar as pastillas, polo que lle puxo unhas novas, e tirou ó lixo as vellas. Seguiron coa súa viaxe, e Steve probou o novo son de EVO, pero o problema veu cando non lle gustou o resultado. Colleu tal enfado, que se viron obrigados a dar a volta e buscar no lixo as vellas pastillas. Despois de buscar ben, deron con elas e continuaron o seu camiño.

Con máis de 15 millóns de discos vendidos,  3 Grammys no seu haber, e máis de 50 anos as súas costas, Steve segue xirando polo mundo adiante, parando esta vez en España os días 14, 15, 16 e 17 en Barcelona, Bilbao, Madrid e Murcia respectivamente.

Por se estades aínda algo indecisos, deixámosvos cunha das súas canción máis recoñecidas, Tender Surrender.