Pantalóns capri (ou de ir ás troitas)

Pantalóns capri (pirata, pescador e outros termos menos glamurosos, para que nos entendamos), son aqueles que queren, pero non chegan a, rematar no nocello (tobillo, vamos).

A moitas de vós pareceravos que estou trasnoitada e que os capri xa levan entre nós desde o 2009, pero o certo é que estou aínda máis desactualizada, porque xa nos anos 50 actrices coma Audrey Hepburn, Grace Kelly, Doris Day ou Ava Gardner causaron sensación con esta prenda:

 

Ou incluso a icónica Uma Thurman no 1994 en Pulp Fiction.

 

Pero se dei en dedicarlles aos pantalóns capri a primeira entrada de “Modas e modismos”, é porque este outono veñen imparables e non poden arrolar connosco.
Nas pasarelas son unha constante:

Chanel:  monocromo, parte dun conxunto invernal (tamén vén forte a idea do “combinado”).

 

Isabel Marant: bastante asidua deste corte, nunha faceta cowgirl, incluso dándolle certa campá no final, apta para as máis atrevidas.

 

Yves Saint Laurent: a firma sempre sobria e elegante fainos parte dun conxunto formal e de silueta moi recta e estrita, outra opción.

 

Prada: moi, moi, moi, moi, moi sixties. E na liña da idea xa mencionada en Chanel, conxunto, todo ao laranxa.

 

Emilio Pucci: mesturando uns capri brillantes cun xersei de punto moi invernal (unha artimaña que tamén hai que practicar este outono: mestura de prendas aparentemente irreconciliables).

Pero a gran cuestión é: ¿COMO PODO LEVAR EU ISO?

Para comezar, está a cuestión de se favorecen: si e non. Ao cortar a perna por un lugar tan controvertido (os nocellos, os nosos nocellos de galegas), a moitas pode parecerlles que fan as pernas máis curtas, o cal non deixa de ser certo. Pese a todo, son unha prenda extremadamente feminina e non hai que tirar a toalla: é preferible evitar calzado que curte o nocello, botíns, oxford ou zapatillas; moito mellor con bailarinas. E para acertar, sexan como sexan as túas pernas e os teus nocellos: UNS STILETTOS CON TACÓN MIDI (é dicir, uns zapatos de tacón que non corten o pé e de tacón mediado). INFALIBLE.

Para seguir, está o asunto de como combinalos. Simple: os capri poden ser de todos os tipos, desde pantalóns vaqueiros ata pantalóns aptos para unha celebración real. Nin sequera fai falta mercar uns! Chega con remangar uns pitillo que teñamos! De tódolos xeitos, achégovos unhas cantas fotos que quizás vos interesen:

A venerada Alexa Chung soe deixarse ver con capri, aquí, de TERCIOPELO GRANATE (TOMEN NOTA), un abriguiño sinxelo e uns STILETTOS.

 

Poppy Delevigne elíxeos ESTAMPADOS e cun corte formal combinados cunha SINXELÍSIMA BLUSA (chega con eses lunares…).

 

Kate Bosworth escólleos TIPO BOYFRIEND, cuns botíns cowboy e un XERSEI DESALIÑADO.

 

Caroline Sieber cuns MOI SIMPLES, combinados cunha ENORME AMERICANA BROCADA.

 

Betty  D… Perdón! January Jones atrévese cuns LIXEIRAMENTE ACAMPANADOS e unha BLUSA GRANATE cunhas tachas dispostas a modo cowboy (non vos parece? Que por certo, haina en Zara case igual, para quen lle interese!).

 

Olivia Palermo recicla (coma nós) os seus VAQUEIROS pitillo e dálles un toque elegante cunha AMERICANA GLITTER e unha BLUSA MASCULINA.

 

Jessica Alba tamén os colle con campá e xúntaos cunhas BAILARINAS e unha CAMISA MASCULINA DE CADROS.

 

E por último, a incombustible Kate Moss, que escolle uns CHINOS dobrados abaixo e unha CAMISA; un look bicolor apto para as máis altas executivas.
A última cuestión a responder é onde adquirilos: EN TODAS PARTES. Zara, Mango, Blanco, Massimo Dutti… e todas as tendas que poboan Santiago (para as máis cibernéticas tamén Asos ou American Apparel e incluso H&M… a non ser que vos acheguedes á Coruña, Vigo ou Lugo, COMO EN SANTIAGO NON HAI!) están poboadas de pantalóns capri, onde os atoparedes de todos os tipos. Non farei unha selección dos que máis me gustan que despois acabádesme con eles 😉
Deixade os vosos comentarios e suxestións, sería fantástico.
Ata a semana que vén!