O fillo de Messi dalle os tres puntos ao Barça

Messi foi dúbida ata última hora polo posible nacemento do seu fillo. Non se sabía se ía a viaxar, e si viaxaba á Coruña dicían que tampouco sería titular. O Dépor vía un alivio niso, consciente dos seus problemas en defensa, xa que o de este ano está a ser un dos equipos máis goleados da súa historia. O rapaz retrasouse no parto, e finalmente o arxentino foi titular.

Minuto 15, o Barça entra no partido coma un furacán e xa gaña 0-3. Messi marca o terceiro, logo de dar o pase do segundo gol tamén.

Riazor comezou a animar coma nunca, en ningún momento cesaron os berros e o esforzo das 35000 gorxas obtivo o seu froito. A partir de aí o Dépor tirou de casta e comezou a remontar. Primeiro unha acción illada. A típica caída teatreira de Riki pola que sempre lle cae un cartón, desta vez tivo recompensa. Logo diso chegou a rabia dun rapaz da casa, do barrio coruñés da Sagrada Familia que non desprezou un balón na área e puxo ao Dépor a un.

Pero Messi volveu poñer as pilas, e xusto antes do descanso aproveitou un xenial pase de Cesc Fábregas.

O Dépor resistíase e Pizzi, xusto ao voltar do vestuario, marca a falta que todo futbolista quere facer algún día. De esas que pasan a apenas 15 centímetros da escuadra na que está situada o porteiro. Volvían recortar distancias 3-4 e quedaba toda a segunda metade. Mascherano era expulsado e Vilanova víase obrigado a facer algún cambio defensivo. Riazor comezaba a soñar e xa deliraba berrando o mítico “míralos como se acojonan”. Leo Messi mentres tanto seguía coa súa música. Ao momento faltáronlle centímetros para replicar a falta de Pizzi, pero desta rematou no ferro da portería de Aranzubía. 20 minutos despois agarrou un balón no medio campo que non soltou ata chegar á frontal da área e metela nas redes de novo.

Messi marcou tres goles nun partido que pudo ter marcado cinco ou seis. Tan só Jordi Alba lle deu un chisco máis de emoción antes de rematar poñendo o 4-5 definitivo nun dos partidos máis emocionantes que se recordan nos últimos anos en Riazor, onde os seareiros voltaron contentos á casa igualmente pola actitude amosada polo seu equipo. O Dépor nin en soños imaxinou nunca marcarlle catro a este Barça, pero a él marcáronlle cinco. Seguro que Oltra se laiou ben de que o neno de Messi podería haber vido xa ao mundo. De momento o rapaz, sen sair do útero xa gañou un partido. E agora, toca derbi.

Foto de portada: EFE/Cabalar