Non diga Lobelle, diga Santiago Futsal

Van 10 tempadas xa en División de Honra (agora chamada 1ª División) pero o Santiago Futsal xa ten un oco dentro da historia de esta liga. Aínda que a moitos se lles pase pola cabeza e digan “Lobelle”, estamos ante un novo cambio, de nome, de dirección, pero non de ideas. Son moitos anos con esa marca no nome do equipo e será difícil que os afeccionados se acostumen. Será máis complicado se cabe, xa que o espírito segue sendo o mesmo. Equipo, traballo e axudas ó compañeiro foron as bases dos éxitos do Lobelle. Agora, co cambio de adestrador, de Tomás de Dios a Santi Valladares, as ganas non se terminan e pese ós continuos cambios de xogadores aínda o Santiago Futsal pode competir a un gran nivel.

Chegados ó parón liguero pola desputa do Mundial de Tailandia no que España parte como favorita xunto a Brasil, o Santiago Futsal está situado na parte máis alta da táboa empatado cos grandes do fútbol sala nacional. Inter, Barça e Pozo miran con abraio o comezo dos de Valladares. Un empate, fronte o Barça no Fontes do Sar, foi o único “tropezo” do club santiagués. As vitorias no derbi fronte o Azkar e no Pedro Delgado de Segovia ante un histórico e que volve a xurdir con forzas deu máis crédito ós Álex, Raúl Campos, David, Diego Quintela e compañía. Nin sequera a lesión de longa duración do rapaz Mario Costa freou o impulso que levan os composteláns.

Leva superando adversidades ano tras ano, tira de canteira sen dubidar da calidade dos xogadores. O Santiago Futsal criou a moitas das estrelas que agora están nos grandes. Pola, Rafael, Betao, Aicardo, Eka e por suposto, Alemao que deixou o seu mellor fútbol sala no parqué de Sar e que lle serviu voltar á selección española. Eses contratempos non fixeron outra cousa que convertir ó club en máis consistente e con máis confianza de cara ós vindeiros anos. A canteira está dando os frutos que manteñen ó equipo no top da LNFS, e quén sabe se dentro de pouco repítense os éxitos logrados anos atrás coa consecución da Copa de España primeiro, da Recopa una ano despois e da Supercopa de España co gol dun canteirán como Diego Quintela.

Gracias a eses momentos o Santiago Futsal ten un referente á hora de plantexar o futuro. Con novas incorporacións coma Hugo, Alan, Jorge, o grupo non se rompe, son xente moi nova, con ganas de triunfar neste deporte e saben que o Santiago Futsal é a mellor plataforma de lanzamento.Veñen dos grandes, sen oportunidades, e no Sar van desfrutar delas e aproveitalas. Quizás nun futuro poderemos mencionar a Hamza, Pazos, Álex, Barrón e os demáis xa nomeados como unha nova xeración de xogadores españois que son campeones de Europa e do Mundo. Mentres, hai que sorprenderse do que están a facer por este club e esta camiseta. Primeiro con Tomás de Dios e agora con Santi Valladares, este equipo vai a ser o quebradeiro de cabeza dos Inter, Barça e Pozo, e seguramente poda dar más dunha alegría á afección que vai ó Multiusos a desfrutar do empuxe, das ganas, da solidariedade, do saber xogar e en definitiva, de suar a camiseta pola que están xogando.

Polo tanto, Lobelle xa é pasado, un gran pasado, agora o que hai que apoiar é o Santiago Futsal, que só  mantén dúas cousas do Autos Lobelle: o nome da páxina web e o espírito e as ganas de facer as cousas ben desde ó primeiro ó último traballador de club.

Foto portada: lainformacion.com
Texto: JuanMa Serrano