Molaba unha TrustoCorp en Compostela

Logo TrustoCorp

Son moi fan desta xente de TrustoCorp. Para etiquetalos de maneira sinxela poderiamos decir que son os Banksy de Estados Unidos, pero teñen o seu propio estilo. Esta xente adícase a facer o que se coñece como «culture jamming»: unha forma de ‘arte ilegal na rúa’ que ironiza sobre a natureza homoxénea da cultura popular. Curiosamente non é demasiado correcto clasificalos coma un movemento social porque son máis ben unha ‘evasión individual da mentalide de rebaño ou dirixida’. Non se trata de algo tan novo: hai 500 anos MiguelAnxo xa escondera na Capela Sixtina moitos detalles de colleita propia, coma burlas a Xulio II, precisamente o Papa que encargara a obra. Pero as principais referencias para TrustoCorp son as creacións de situacións levadas a cabo polos situacionistas hai 50 anos, o Billboard Liberation Front de San Francisco de finais dos setenta, os canadianos Adbusters nos anos noventa e outros contemporaneos coma Guerrilla Girls, The Yes Men, Ron English, a campaña Obedece ao Xigante de Shepard Fairey, a Fronte de Liberación de Barbie, etc.

Just buy way more stuff & forget your problems

TrustoCorp camufla o seu traballo na paisaxe das ‘imaxes creadas polas autoridades’ (sinalética visual cívica ou de tráfico, productos, marcas comerciais…). As ‘autoridades’ son indistintamente governos e mercados, pois ambolos dous diríxense ao cidadán da mesma maneira: un sinal de STOP está dicindo «Párate aí!» e un sinal de Coca-Cola está dicindo «Bebe esto!»

A sede de TrustoCorp está en Nova Iorque. Ali naceu primeiro como obra dunha soa persona (naturalmente, non se sabe quén) pero en pouco tempo estendeuse unha rede de voluntarios ben organizada por todo Estados Unidos. Teñen mesmo un ‘kit para o voluntario’ con plantillas e ideas, e infórmanse entre eles das novidades a trevés dunha lista de correo pechada. Segundo eles mesmos informan, para as súas criacións usan Adobe Illustrator, unha cortadora de vinilos Roland Stika e cuchillas X-Acto. Cantas marcas, ¿non resulta paradóxico?. A xente de TrustCorp considéranse un servizo público ao alertar sobre a hipocresía do seu país. «Fainos felices simplemente por un sorriso na cara da xente e romper a monotonía da sua rutina diaria. Outras veces pretendemos que a mensaxe sexa algo máis seria e esperamos que a xente pense un pouco máis sobre o que está sucediendo ao seu redor.»

Pride

Son deseñadores gráficos e nótase. Góstanme especialmente as súas accións de rebranding, nas que imitan os códigos de comunicación comerciais para inserir nos lineais dos supermercados as súas mensaxes subliminais. Os seus traballos mistúranse ben co entorno porque semellan imaxes oficiais, non sátiras. É cando o cidadán se achega a elas que se decata de que algo non é normal. E cando por fin le a mensaxe e (moi probablemente) fai unha foto, a misión está cumplida. Molaba facer algo así en Compostela, ¿non si?

Caution. God thinks you are stupid

Nestas ligazóns tedes unha mostra do seu traballo.

TrustoCorp na web: