Loitar para desfrutar
Celta e Dépor xogan este sábado un deses partidos que se marca no calendario despois de ver o sorteo.
Ambos veñen de pasar o último ano no inferno de segunda, o único para o Deportivo pero no que o Celta xa levaba as cinco últimas tempadas.
Ambos proveñen de xogar con equipos do talle do Guadalaxara, Sabadell, Alcoiano e demais, sen desmerecer a ningún deles para poder agora xogar contra Barça, Madrid, Atlético, Sevilla e demais equipos estelares.
O Celta pola súa parte volve ao Bernabeu para intentar facer historia, xa que de gañar convertirase no único equipo que gañou tres veces consecutivas no historial da Liga Española.
O Bernabeu é sempre un campo difícil mais o Celta xa ganou nas dúas últimas ocasións, si ben éstas foron xa hai tempo. Na 2006/07 gañou 1-2 con goles de Nené e Jorge Larena, e encaixando un tanto de Emerson. O ano anterior gañou 2-3 con goles de Contreras, Antonio Núñez e Cannobio.
Sen dúbida este Madrid non é comparable con aquel aínda que este Celta non lle ten medo a nada e está máis confiado cá nunca tras granarlle ao Sevilla no anterior partido.
O Deportivo pola súa banda tamén ten outro gran partido, deses que garantizan que se colgue o cartaz de “non quedan entradas” na taquilla. E que recibe nada máis e nada menos que ao Barcelona en Riazor.
Pola súa banda nas últimas tempadas a penas poido rascar algo destas visitas, aínda que si que na última visita ao Camp Nou empatou a ceros, o que a posteriori se viu que foi insuficiente e no seguinte partido acabou descendendo.
O Dépor non lle gana ao Barça na casa desde o 2008, con goles de Juan Rodríguez e Pablo Amo aínda que polo menos é un partido que historicamente caiu máis veces do lado branquiazul xa que lle gañou en 17 ocasións colleitando tamén 14 empates e 10 derrotas.
Tras perder os últimos tres partidos, de maneira bastante decepcionante o Dépor busca reafirmarse ante o invicto líder da liga.
Sen dúbida serán dous partidos onde as aficións disfrutarán co partido a pesar de saber que contarán con poucas oportunidades ante dous equipos que nos últimos anos están a ser intratables.
Tras estes malos anos de ambos equipos este tipo de partidos son sempre os que demostran que o esforzo ao final vese sempre premiado cunha boa recompensa.