Fenómeno Sneaker
É curioso como no mundo da moda sempre hai artígos que despertan amores e odios ó mesmo tempo. Estas sneakers están no punto de mira de todo o mundo xa que por un lado son motivo de culto para todas as fashionistas e por outro de mofa.
Impostas por Isabel Marant, volven á carga e estánse a converter no calzado “it” da tempada. Son un calzado deportivo cunha cuña interior que estiliza a figura femenina cuxo diseño exterior está cuberto de coiro e ante provistos dunha longa e grosa lingüeta.
Marant diseñou estos sneakers pensando na muller da rúa, cómoda e desenfadada. A pesar de ser deportivas, non están creadas con esa finalidade, senón para completar un look urbano e arriscado, xa que existen diferentes estilos e cores, que respetan o deseño orixinal. O seu prezo oscila os 450 euros e, así e todo, xa o levan as nosas celebrities:
Miranda Kerr con zapatillas de Isabel Maratan Alto-top de gamuza vermella da marina.
Irina Shayk de compras con sneakers de Isabel Marant.
Paula Echevarría.
Como soe ocurrir a meúdo coas prendas de éxito, estos sneakers ,que tamén teñen moitos detractores , xa teñen os seus clons, que calman as nosas ansias por uns Marant, a precios moito máis asequibles.
Paula Echevarría cuns clons de Hakei
Pull and Bear: 50 euros.
Tenda online Fashion Pills: 59’90 euros.
Como podedes comprobar estas Willow ou Bekket tamén chamadas, están moi de moda últimamente é son moi fáciles de combinar, tanto con jeans pitillo como de coiro, cunha camiseta XL , minishorts para aquelas que teñan as pernas longas, ou mesmo con vestidos de verán.
Gústanvos ou sodes desos que pensan que son un mal chiste da moda?