Compostres e potaxes ¿E logho isto, de que se supon que vai…?

Sexan tod@s benvid@s á sección de Compostres e potaxes!

Para comezar, quero deixar ben claro que nesta sección non imos discriminar a ninguén por sexo, idade, ocupación… así que dende una estudante de bioloxía ata un empresario ou un parado, está sección vai dirixida a ti.

Cantas veces pasaría isto…

O que vou tratar de facer é algo novo, variado e sobre todo útil. Por un lado, vouvos facer chegar un feixe de receitas de todo tipo para animarvos a participar neste vicioso pero descoñecido mundo da cociña. Non pensedes que vos ides a gastar demasiados cartos, que non tedes ese tempo ou que xa o intentastes e non fostes capaces, Compostres e potaxes vaivos meter o gusanillo da cociña no corpo.

Por outro lado, de cando en vez, e para non aburrirvos, irei introducindo artigos, reportaxes, entrevistas nas que se recollan temas relacionados ca cociña, pero que nos poden interesar, e dicir, non vos vou entrevistar a Carlos Arguiñano nin a Juanma Arzak, o que quero e que sepades o que se move aí fora no mundo da comida, dende os “fast-food” ata “Casa Manolito”.

O sistema de receitas vai ser o máis sinxelo e intuitivo posible. O que se vai facer e incluír as típicas seccións de ingredientes, tempo e modo de preparación, e ademais, varias fotos do proceso, sobre todo as partes máis difíciles, así como un cálculo aproximado do prezo por persoa, que sei qué interesa moito nos tempos que corren.

Un exemplo de como se presentarán as receitas

Haberá variedade de pratos e ingredientes, uns gustarán máis e outros menos, pero o que quero e facer ver que comer san, rico e barato e moito máis sinxelo do que poidades pensar. Ademais, no caso dos estudantes, que alegría se levarían as vosas queridas nais, se as chamades e lles dicides que estades cociñando, e non unha pasta con atún nin uns bistecs con patacas,non, que lles digades ca cabeza ben alta que estades facendo un CALDO GALEGO.

Esto si que é cociña de autor

No tema das entrevistas e reportaxes sobre a cociña da rúa, o que se pretende e que desmitifiquemos moitos clichés cos que convivimos e asumimos, moitas veces, por non coñecer o que se move por aí adiante.

Quero que vexades o que se esconde detrás de grandes ofertóns de comida, ou os grandes “atracos” que nos fan sen que nos demos conta cando comemos en certos sitios.

O “colega” Ferrán, dándolle ao tema…

Tamén irei recollendo unha especie de “Guía gastronómica de Santiago”, na que o qué se pretende é recoller unha serie de locais aos que vos recomendo acudir, tendo os mesmos clasificados segundo o tipo de comida, o prezo, a compañía ca que ir (noiv@, colegas, pais…) etc.

Espero que vos esteades relamendo os fociños só de pensar en todo o que ides ter nesta sección, espero que sexa do voso agrado e sobre todo que sexa útil para vos.

 

Que aproveite !