A orixe das resacas
Estábase acercando o verán, ía un día soleado e caloroso, e o campo fronte á facultade de Farmacia estaba repleto de xente cales lagartos ao sol. ¿Quen diantres é capaz de prestar atención en clase ante tal situación?
De repente o profesor/a de Bioquímica II comenta algo que “activa” a túa atención: “¿Por que temos resaca?”. Parece que foi Dios! Volvín estar de corpo e mente presente no aula!
Ben, non me vou parar en toda a base anterior (Glicólise) xa que se faría eterno este post, aínda que farei unha breve introdución: a Glicólise (do grego glycos: azúcar e lysis: ruptura), é a ruta inicial do catabolismo dos hidratos de carbono, encargada de oxidar ou fermentar a glicosa e de obter enerxía para que poidamos perrear na discoteca ata horas intempestivas. A glicólise ten 10 pasos nos que se convirte 1 molécula de glicosa en 2 moléculas de piruvato, xerando 2 moléculas de ATP (que é como a nosa gasolina).
Cando non hai osíxeno o piruvato sufre unha fermentación, na cal o composto final obtido varía según o tipo de organismo.
Para poñer un exemplo, nos animais, o piruvato fermenta a lactato (fermentación homoláctica) e nas levaduras fermenta a etanol (fermentación alcohólica).
Na Fermentación Alcohólica, as levaduras convirten o piruvato en etanol nunha ruta de 2 pasos:
(1) a descarboxilación non oxidativa do piruvato a acetaldehído, catalizada pola enzima piruvato descarboxilasa.
(2) a reducción do acetaldehído a etanol, dependente de NADH, catalizada pola enzima alcohol deshidroxenasa.
O tecidos animais (ónde nos incluímos os seres humanos, algúns máis animais que outros, no sentido pexorativo da palabra) tamén conteñen a enzima Alcohol Deshidroxenasa, a pesares de que o Etanol non é un produto metabólico importante nas células animais.
Así, algunhas das consecuencias metabólicas importantes da intoxicación por Etanol (aká: borracheira) débense a oxidación do Etanol por esta enzima no fígado.
En primeiro lugar, producese unha reducción masiva do NAD+ a NADH (é dicir, si observamos o esquema de arriba, é o paso inverso, de dereita a esquerda), que disminue o fluxo a través da enzima Gliceraldehído-3-fosfato Deshidroxenasa (na glicólise, o Gliceraldehído-3-fosfato convírtese en 1,3-Bifosfoglicerato, producindo 2 NADH, os cales se fan a paritr de NAD+), e polo tanto tamén disminue a xeneración de enerxía (así estamos polo chán o día seguinte).
Así observamos que, si se está convertindo Etanol en Acetaldehído, o NAD+ redúcese a NADH, polo tanto non hai NAD+ para usar no paso da glicólise que acabo de mencionar (o da enzima Gliceraldehído-3-fosfato Deshidroxenasa).
En segundo lugar, o Acetaldehído é bastante tóxico para os seres humanos, e os “efectos desagradables” das resacas son consecuencia das accións do Acetaldehído e os seus metabolitos no noso organismo (dor de cabeza, náuseas… creo que todos sabemos ó que me refiro).
En fin, que isto ven a ser a base “científica” de porqué estamos tan escarallados principalmente os xoves e venres despois da cita nocturna con ese personaxe “de todos conocido, por moitos temido. Así foi Jim Bardett’s, bucaneiro nas Antillas”.