A suadeira de Nicolas Ghesquière

Supoño que algunhas de vós xa leriades por aí que se levan as suadeiras, concretamente, as suadeiras “coraza”. Si señor, coma unha armadura. Son varios os deseñadores que seguen esta tendencia, pero hai que destacar a un: o xenio creativo de Balenciaga, Nicolas Ghesquière (por se non se ve o título ; ). Non é raro que o deseñador nos deixe de pedra con algunhas creacións do máis insólitas, pero desta volta conseguiu xerar verdadeira queimazón, cunha desas prendas que unha non sabe se lle horrorizan ou lle encantan. Aquí a tedes:

www.trendencias.com

www.list.com

www.teampeterstigter.com

www.fashioneditoratlarge.blogspot.com

www.ladivorciada.com

www.whowhatwear.com

www.jakandjil.com

 

Que vos parece? Aterradas? Ou namoradas? Ou sucédevos coma a min que non tedes moi claro que vos suscita?

A aquelas ás que vos guste, lamento dicirvos que non hai nada parecido en ningunha das tendas “mainstream” das que gozamos en Santiago, e atreveríame a dicir en Galicia.

De todos os xeitos, déixovos aquí unhas cantas opcións, que recollen algo da esencia desta prenda tan controvertida, aínda que NADA, repito, NADA, se parece verdadeiramente á orixinal…

A tenda online de “the cobra snake” (esta negrita lévavos á páxina) ofrece xerseis vintage moi 80’s que vos poden interesar. Estes son os que seleccionei, que andan polos 50 dólares. Os envíos son internacionais, así que para as máis cibernéticas, adiante!

http://shop.thecobrasnake.com/

http://shop.thecobrasnake.com/

 

Outra tenda online, chamada “Etsy”, tamén ten unha sección vintage a bastante bo prezo, atopei  uns cantos xerseis que tamén dan esa sensación de grandes e coloridos (horteras). Poño os enlaces porque se vos gusta algún dos que inclúo, atopalo entre centos de páxinas é case un imposible… Aínda que é probable que cando vaiades mirar xa non estean! Hai unha rotación incrible de produtos. Paseádevos pola web, alucinante.

www.etsy.com

Este custa 30,52 euros (poño estas cantidades tan estrañas porque son o cambio de dólares normalmente…).

 

www.etsy.com

Este outro son 13,32 euros.

 

www.etsy.com

E por último este, que custa 7,87 euros.

 

Para as que non lles gusta poñer enriba cousas usadas, atopei algunhas semi-réplicas, a ver que vos parecen!

www.asos.com

Este é de Asos, chámase Jessy de Komodo e custa 134,09 euros… ejem (debe de ser porque é un xersei con nome e apelidos).

 

www.asos.com

Estoutro tamén é de Asos, marca Asos mesmamente, de 56,46 euros.

 

En Topshop atopei un par deles coa mesma forma, que queren semellar unha “coraza”:

www.topshop.com

Este, de 40 libras.

 

www.topshop.com

E noutra cor.

 

E para as máis selectas, introduzo un par de opcións de Net-à-porter:

www.net-a-porter.com

Esta é de Karl by Karl Lagerfeld, e custa 130 euriños.

www.net-a-porter.com

E estoutra de Jil Sander e custa, case nada, 350 euros.

 

Outras opcións que me viñeron á mente unha vez concluído este artigo (algo máis, aínda, de andar por casa) son: ou ben mercar unha suadeira dun grupo heavy sen capucha, e cun debuxo así… psicodélico deses que lles gustan a eles, ou ben… mercar dous metros de neopreno e dicirlle a mamá ou á avoa (ou pai, ou irmán, ou can, ou cadela… que saiba coser) que teñan compaixón de nós e nola copien! Hahahahahaha!

Ata aquí a entrada de hoxe! Que vos pareceu? Que opinades da suadeira de Balenciaga?

Ata a semana que vén!