Deseqilibrio Mental, con Q sin U

Moi equivocado está aquel que pense que na Casalonga non hai rocanrol, ou simplemente que o metal en galego non é de calidade. Deseqilibrio Mental levan bourando dende o 2002, 10 anos as súas costas de concertos, cancións e sobre todo, moito rock. Composto por Tito, Jimmy, Miguel Duarte, Piky, Piedra (Chochi) e Markos (Pajarito), de recente entrada trala saída de Anxo, unha das voces do grupo. Deseqilibrio non se cortan a hora de contar e demandar as cousas, de mostrar unha realidade que parece implacable mentras camiñamos por ela.

Sigue chovendo en Santiago, e o único certo diso e que ninguén sabe cando se pechará o grifo na capital. Quedo cuns vellos amigos ao calor da Corredoira. Fai tempo que non os vexo, teño ganas de preguntarlles pola súa vida. Ali están xa cando chego, Duarte e Pajarito, o que aínda non puidera coñecer trala súa entrada no grupo. Miguel ponme ao día dos novos proxectos mentras esperamos por Chochi, que chega ao pouco, protestando polo tempo como mandan os canones. “-Tres contra un, non é xusto… -Ti non poñas todo que sempre largamos de mais”.

¿Como esta sendo a volta de Deseqilibrio Mental?

M: O tema de haber tido que cambiar de cantante no seu día foi un pouco cortaroios… Estabamos tendo un camiño que medianamente ía solo, polo menos ao nivel de ensaios, de tocar en directo… a cousa ía encauzada xa, sen que nós tiveramos que facer un gran esforzo ou polo menos, maior do habitual. Despois da saída de Anxo, non nos dedicamos dende o primeiro momento a buscar cantante, se non que pensamos que de ter que parar, pois aproveitar para empezar a compoñer de novo e logo, si, comezar a búsqueda dun cantante… E atopamos ao que estaba mais cerca a nós, a Pajarito. Tamén prometémonos a nós mesmos que de seguir co grupo, seguiríamos de verdade, mais serios, mais profesionais e con mais ganas a tódolos niveles, mellorar, dar un paso adiante e seguir sen caralladas (risas)

Botariades de menos o grupo e todo o que conleva: ensaios, actuacións, xente…

C: Claro que se botaba… Nos tiñamos claro que iamos coller outra persoa, que Deseqilibrio ten dous cantantes e que é algo que nos diferencia doutras bandas, ter dous vocalistas.

M: Realmente tivemos que retomar o camiño dende atrás, o que supón volver a aprender o repertorio por que había que velo con Pajarito e que el mirase o funcionamento interno do grupo… Que non é tempo perdido, non é algo que retrase ao grupo, pois é algo necesario para retomar o andado.

¿Que estades tramando polo estudio ultimamente como deixades entrever na vosa páxina?

M:  É un proxecto paralelo a Deseqilibrio que agora mesmo, non podemos falar moito do asunto… Si, estamos gravando algo, e ese algo  terá o seu momento e a súa saída… (risas)

¿E de Deseqilibrio, poderemos ver pronto algo novo?

M: A principios deste ano gravamos unha maquetilla na radio galega a modo de preprodución para nós, cuns temas novos e tal… Pero non podemos asegurarche nada, de que faremos exactamente con iso, e tampouco podemos adiantar nada por que nin nós sabemos exactamente o que faremos ao 100%. Si está claro, que non imos facer o de sempre. A experiencia de sacar un disco xa a tivemos, e agora posiblemente, toque probar outras. Os tempos cambian, a forma de moverse, a música e a economía tamén. Hoxe por hoxe, está todo feito unha merda como ben sabes,  entón queremos ter tódolos factores en conta, analizalo e ver que é o que mais lle compensaría ou o que mellor iría con Deseqilibrio.

Falabamos antes de Pajarito, o novo cantante, ¿foi moi dificil adaptarse?

P: A ver, eu xa fora a moitos concertos deles, xa os coñecia a cada un deles e home, para min foi unha sorpresa entrar na banda por que non esperaba que me foran coller… Pero unha vez xa dentro, pois fun poñendomo a idea e o proceso de adaptación aínda non rematou, pero as sensacións están sendo moi boas.

M: Pajarito viña de tocar en Ohqueoh, onde tocaba a guitarra, entón a función de cantante non é a mesma, polo que tivo que facer unha gran adaptación personal pola sua parte, aparte da nosa adaptación propia, que é a de que o grupo se adapte a el, é unha persona distinta a como era anxo, traballa doutra forma, a voz e distinta, entón a adaptación ten que ser mutua, polas duas bandas-

¿Que é de Anxo? ¿Mantedes aínda relación?

C: Si oh, aínda nos emborrachamos con el fai dous días (risas) fumos ao Maycar e todo iso. Anxo decidiu marchar por que non era algo que lle molase xa, dende facía anos… Él faciao por nos e nos ultimos anos tiraba no grupo por nos… Quixo deixalo, pero moi amigablemente, por suposto, sempre será amigo noso e o noso veciño. No seu momento foi un pao bastante grande, pero o grupo ten que tirar para diante e seguir facendo cosas novas.

M: E que a ver, non e que foramos os Rolling Stones, pero estabamos nunha inercia que era tocar bastante, ensariar… Estábamos na mellor tempada de deseqilibrio nos seus 10 anos súa historia, 20 concertos nese ano e con boas vibracións

Ademais ganastes concursos, fostes ao Derrame Rock…

M: Gañamos o Novoson si, tamén fomos ao Derrame e o nivel que tiñamos en directo xa era moi bo… Claro, foi un cortaroios, eramos como un tren que ía polo raíl e ía solo, estabamos funcionando case sen pensar, entón claro a saída de Anxo, resultou ser un golpe algo duro. Iso si, aos poucos días quedamos na casa de Tito e reafirmámonos: Se seguimos, seguimos con collóns e para chegar mais lonxe do que chegamos ata o de agora.

¿Pode ser o rock unha panacea contra todo e para todo como falades na canción “Na Casalonga rocanrol”?

M: Para os seis membros que estamos en Deseqilibrio, o rock non é só estar nun grupo e tocar esa música é…

C: …é unha forma de vida.

M: Si, exactamente, é unha forma de ver as cousas e unha forma de actuar ante elas. Estamos dentro desa burbulla, vendo todo a través da música, é o noso día a día. ¿Si é unha panacea? Pois si. Hai días fodidos, por que no momento no que estamos, a vida é fodida pero cando chegas o ensaio, e aínda que tiveras un día de merda, tocas as cancións vellas, fas unha nova, estás de cháchara coa xente do grupo e xa podes ir tranquilo para cama. O rock é algo imprescindible, é todo.

C: O rock únenos, é algo mutuo e que compartimos entre todos.

Por que Deseqilibrio Mental é un grupo de seis amigos

M: Si, o grupo cando naceu, naceu de cinco amigos e sen dubida é algo que queremos preservar e basearnos niso. Cando fichamos a Pajarito podiamos coller a calquera descoñecido pero decidimos collelo a el por que ante todo queríamos preservar a amizade na que se basea o grupo.

¿Como valorades a situación do rock e do metal en Galicia?

C: Hoxe en día hai unha cantidade de grupos que é unha animalada; tanto de rock, coma de metal, coma de calquera estilo. E cada vez saen mais. Hai cultura de rock n roll por un tubo, está de puta madre. Cando empezamos nós, pois había dous ou tres grupos, pero agora xa, unicamente, por Santiago hai unha burrada deles, e grupazos. Poderán ser mais ou menos coñecidos, pero son moi bos. Se a xente lles prestara mais atención, fliparían.

¿Coma por exemplo? ¿Que grupos citaríades nese plan?

M: ¿Galegos? A min mólanme moito grupos coma Machina ou Nao. Non viven desto, pero a hora de comportarse coma un grupo son absolutamente profesionais, en todo o que fan.

P: Hoxe en día vivir da música e case imposible, tal como están postas as cousas e as trabas que hai e incrible como hai grupos que van saíndo e subindo pouco a pouco.

M: No panorama do rock o que realmente falla é o público. Hai unha chea de grupos pero non hai festivais que apoien de verdade aos grupos de rock. Agora prefiren levar bandas que armen festa, estilo “Che Sudaka”, “La Pegatina”… E aquí a peña so che responde ante Panorama e cousas así… Non hai un público que vaia a concertos a salas ou a ver grupos de rock como norma xeral.

Pode que sexa unha moda sen mais, e o futuro pinte mellor para o metal ou o rock

C: Si, pero non ten que ver… Aquí aos festivais en Galicia elles moi difícil decidir que traer. Ao final decántanse por traer grupos que fagan festa e animen a peña  e non tanto de protesta e caña coma nos. E decímolo co coñecemento de loitar tódolos días para intentar meter a Deseqilibrio nestes festivais. Tamén é certo, que algúns si apostaron polo grupo e eu creo que resultou.

M: O certo e que cando hai un festival que aposta pola nosa música ou por grupos cañeros e tal, ao mellor o que faia é o público, realmente é un  pouco a pescadilla que se morde a cola. Se non hai público non hai festivais. Pasa algo parecido coas salas, ¿cantas salas pecharon nos últimos anos en Galicia?

¿Como levades iso de estar en varios grupos? (Ademais de Deseqilibrio Mental, Miguel, Chochi e Pajarito militan en Ruxe-Ruxe, Astarot e Okeoh, respectivamente)

P: Realmente so hai que pórse de acordo para organizar os ensaios e e tal… Logo se saen concertos, o que primeiro tivera cerrada a fecha soe ser o que ten prioridade. Tamén hai que ver a magnitude do concerto, claro… Se é para tocar nun festival pois home, debería ter mais importancia ese.

M: É coma un crucigrama. O maior problema son un par de coincidencias a hora de ensaiar, ou a hora de ir tocar por aí, pero non é algo tampouco que complique moito a vida dos grupos nin a convivencia entre eles.

C: Pola miña parte, tocar en dúas bandas incluso é mellor. Estás sempre activo, sempre aprendes cousas novas, ademais de ter outros puntos de vista que che poden vir ben a hora de compoñer ou de trasladar certas experiencias entre os grupos nos que andes.

¿Que opinades do papel da polícia na sociedade?

M: Dende logo as cargas que houbo no 25-S ou en manifestacións/concentracións similares foron unha vergonza e por suposto, innecesarias. A policía debería defendelo pobo, non atacalo nin fodelo. Pero mira, vivimos en España, un país de pandereta. Aquí o importante é o carto, e ao policía se lle dan unha extra por ir alí a repartir leña, pos vai. Se falamos dos polis infiltrados que comezaban eles mesmos a bullas pois aínda mais vergonza.

Pero poden ser un caso extremo estas cargas, ¿se falamos mais do seu papel no día a día?

P: A ver, ese tipo de actuacións son desorbitadas. Pegaronlle a nenos, a vellos, a embarazadas… O papel da policía se fora axudar ao pobo, por que hai moito parásito por ahí adiante, pois estaría ben; pero as actuacións que están facendo e deixándose ver, son lamentables.

M O tema da policía está moi mal plantexado, non sei como será noutros paises, pero aquí a xente que se mete a policía non o fai por boa vontade ou coa vontade de axudar ao seu pobo. O que se mete a policía é o típico tío que era un pringado no instituto, que non ten un graduado, que non ten nada e decide meterse a policía, sacar unha oposición e fora. Danlle unha autoridade é un poder a unha persoa que non ten dous dedos de frente, e xa de paso, tamén lle dan unha pistola. Un médico ten que estudar dez anos para exercer o seu poder, ¿un policia que ten que facer? Practicamente nada, pero danlle unha porra, unha pistola e un poder que nin Dios, e dille ti algo…

C: Se che entran a roubar na casa pois está ben que veña a policía a botarte unha man, pero non teñen que cargar contra cidadáns que están cumprindo a lei e que teñen os seus dereitos. O seu papel e axudar e coidar ao cidadán, que é o que teñen que facer, ou deberían. E que os canutos llos vaian joder a nai que os pariu (risas) que despois fúmanos eles (risas).

Nomeádeme cousas das que esteades cansos

C: Estamos xa todos cansos uns dos outros, non nos podemos ver sequera (risas)

M: De prender a tele e ver sempre o mesmo, que si crise, que se eleccións, que si banqueiros corruptos… E nada cambia.

C: ¿Serios? Pois de non ter un curro como a puta xente e comprar unha batería coma me a min me gustaría…

P: De ver como se aproveitan os políticos e os banqueiros para pintarche as cousas da maneira que eles queren e non coma realmente son.

M: E das vellas que botan ao PP… E que mecago en Dios, ao final vai sair reelixido o outro… Mira, o outro día no facebook un rapaz de 20 anos que foi a un mitin do PP. Borreino. ¿Como carallo un rapaz de vinte anos estaba alí, nas xuventudes do PP? Levaba a camiseta e todo…

C: A ver, cada un ten a súa forma de pensar pero aínda así hai que ser bastante mamón.

M: Ou ser un pouco bobo. O PP ao que mais jode é a xente xoven, e un tío con vinte anos, de ser medianamente espabilado, non faría iso.

Tedes blog, twitter, facebook… ¿Hay que estar conectado todo o día agora?

C: Tamén temos páxina porno (risas)

M: Con vídeos do grupo e tal, pero é privado (risas)

P: As redes sociais, hoxe, axudan moito a banda, sen duda.

¿Iría menos xente aos concertos se non fora por elas?

M: Hoxe en día, a xente non se move unha merda para nada. Todo dios está no ordenador na casa, frikeando nesas cousas… Se queres darlle promoción ao grupo, tes que estar onde estea a xente, sen mais. Agora a xente nin sequera mira as páxinas webs dos grupos. Twitter, Facebook, Tuenti… Quitando dous ou tres que anden por certas páxinas musicais, a peña móvese por ahí.

C: Ao mellor non vai mais xente ao concerto, pero dende logo, entérase mais xente de que hai un concerto. Pode que ese día non vaian, pero poden chegar ata Deseqilibrio e posteriormente molarlle o grupo.

M: A día de hoxe a xente non compra discos, nin camisetas… Compensa mais facer un videoclip que o pode ver calquera dende calquera punto de Galicia en Youtube ou descargar gratis o teu disco… Hai xente que se non é por iso non ten a oportunidade de ir verte ou escoitarte.

C: Da igual a que nivel te movas, a promoción é algo vital para o grupo

Na entrevista que lle fixen a Zapa fai un par de semanas, mandoulle unha mensaxe a Chochi, ¿tes algo que dicir?

C: teño que dicir teño… Podes por aí que como xa lle dixen fai tempo, cando montou o grupo este de “Maldito Zapata” que lle puxera “Mamón Zapa”, pero nunca me fixo caso, que aínda esta a tempo se volver a tocar en solitario… Tamén ponlle que lle envío un abrazo para el, grande, dende logo.

¿Cal é o gran problema da música galega?

M: Os galegos.

C: E que hai demasiado onde escoller e ao final, a xente so se move para ir ver a catro. Tocan Heredeiros da Crus, hai 20.000 persoas; despois toca Deseqilibrio e non hai 15.

M: Moita xente vai de abandeirada da música galega. Se queres apoiar a música galega vai ver os concertos das bandas galegas, vaite aos festivais organizados aquí, mércalles un disco ou unha camiseta para apoialos e que as bandas poidan seguir adiante. Tamén pode habelo dende internet, pero despois na realidade non é o que é. Mítico de que van 1.000 persoas a un evento vía facebook e logo non vai naide…

¿Falta promoción ou educación de cara a ensinar a música galega?

C: Non é falta de promoción, o problema empeza en nós mesmos… As veces non nos apoiamos entre os grupos o suficiente, en ir a vernos tocar e axudar a encher unha sala.

M: Eu creo que o que falta e conciencia, xa de raiz. Se un grupo é veciño teu xa é menos ca un grupo que é de Nova York, xa sabes, se ven un grupo de fora un día dicimos “imos a velo a ver que tal” se toca o teu veciño dis “bah, xa tocará mais veces”

C: O exemplo ese eu aínda o paso, o que non aguanto é se cambias ese grupo de fora por unha orquesta como a Panorama ou así.

M: Tamén che digo que a nivel de organización faia moito o asunto. Algunha vez chámate unha comisión de festas para tocar nun pueblo e din “imos facer un concerto de rock para a chavalada”, aínda que a chavalada nin lle interesa, o mítico de todo para el pueblo pero sin el pueblo… Chegas alí e dis “-oes, que non traemos palco +como que non? Eu contrato a unha orquesta e tráeme o palco xa” … Hai moita ignorancia

C: E que a orquesta cobra 150 veces mais ca nós

“Todo é lixo e ferrallas […] e todo se vira escuro debaixo da uralita, mentras derrubo muros a puñadas[…]…eu na miña esquina, comezo outra batalla” Cantaban os Ruxe fai anos, ¿pode que teñamos que empezar nos a batalla pola música? Non ceder tanto a hora de tocar por ahí adiante e dar a entender de que a música, non é gratis, que non pode ser totalmente gratuíta aínda que quixeramos

P: Ao principio é certo que o que queres é tocar, pero claro, chega un punto en que tes que plantexarte que iso de ir gratis aos sitios non che convén a corto nin a longo prazo. Sempre tes gastos de desprazamento, de cear…

C: Eu creo que no noso caso, falando no nome de todos, os cartos nunca nos importaron moito excepto para cubrir o mínimo, o desprazamento e outros gatos de supervivencia… ¿Temos ido gratis? Si, loxicamente, pero sempre mirando se iso aportaba algo positivo para o grupo, que lle aportase algo.

Pero quizais falte unha concienciación no público xeral e nos propios donos das salas e dos bares a hora de busca certa dignificación da profesión

 C: O grupo ten que sobrevivir, e para iso ten que cobrar un mínimo… Non é cuestión de sacar 20e cada un, non é iso, e sacar cartos para que o grupo tire pa diante.

M: É dignificar o que se fai, non ir de arrastrado… Un día podes ir a un sitio sen cobrar por que tes ganas de tocar, pero oie, que che dean unha cea e incluso onde durmir ¿non? O problema é cando che ofrecen tocar nun festival cunhas condicións de merda… Dinche: “hai este equipo, esta pasta” e o grupo ao momento observa que con ese equipo non vai soar ben, un show pésimo e enriba perdemos pasta… O roio e que outro grupo acepte esas condicións. Entón non se pode dignificar o tema dos grupos, sigue sendo o mesmo.

Licorcafé ou licor de herbas?

M: Eu antes era de licorcafé, pero quitábame o sono e a de herbas e mais dixestiva

P: As dúas cousas estaría ben.

C: Se teño que escoller entre os dous licorcafé, pero despois de comer, de noite non (risas)

¿A quen botariades da política galega?

P: Se te pos a botar, creo que non quedaría nadie eh…

C: Todos nun saco e a virgen (risas)

Van unha recua de nomes… Zapatero

C: Teño un veciño que e zapateiro e arregla os zapatos de puta madre.

M: Un que ía de esquerdas e ao final estaba noutra esquina.

Terbutalina

C: A min o que me ven a cabeza con eles é festa e bo roio que son grandes amigos nosos… E o cantante está pillado.

M: Saben aproveitar as ventanas todas do “Firefox”, xa saben eles … ¿Acordaste Choche, alí en Catoira?

C: Aahhhh (risas)

Lady Gaga

M: Ten que haber música de tódolos estilos pero tampouco creo quea sea unha cantante moi orixinal, o que fai xa o fixeran outros fai anos, e está absolutamente sobrevalorado o seu traballo. Unha moda, xa pasara.

P: Penso que aínda non veu ao Lúar, que veña un día, si.

Felix Baumgartner

C: Foi mais orixinal cando Miguel se tirou da ponte de Noia, vin as fotos e moláronme.

M: Arranxou o mundo el solo.

P: Deberían lanzarse varios políticos así, pero sen paracaídas, estaría moito mellor… Vin unha montaxe co rei por internet que realmente merecía a pena. (risas)

S.A.

C: Unha escola do metal, para mín… A puta hostia, vamos.

P: Igual ca Chochi, moitos recordos de concertos deles ademais de ser un dos primeiros grupos que admirei musicalmente

M: Son un grupazo, un exemplo no país, que fixeron cousas que ninguén fixera e dixeron cousas que tampouco ninguén se atrevera a dicir. Se lles puxo unha imaxe que non son, se lles botaron culpas e… Hai xente que pensa que son etarras que tal que cual… é todo un invento, eles no son para nada así. Eu teño o pracer de poder levarme guay con Pirulo, o baixista, mais con Iñigo, tamén algo con Jimmy e Juan pero menos; e son unhas persoas cojonudas. Son simplemente un exemplo a seguir, tanto no musical como en actitude como banda

Dalle un peixe a un home un día e comerá ese día, ensínalle a pescar e acabará co ecosistema mariño” ¿Que falla na nosa educación?

M: A xente cada vez e mais egoista e cada vez mira mais polo seu, polo que fai. Eu teño un sobriño e as profesoras que lle dan clase, miran de gañar pasta mais que de realmente educar. Son cousas que faian dende a base. Cada un mira polo seu cu, e nos poderíamos incluírnos no mesmo, ¿non? Todo o mundo está nesa dinámica, mais ou menos, pero está.

P: Pode que moita a culpa a teñan tamén os medios de comunicación de hoxe en día… A televisión pública, as consolas… Hai moita xente que prefire meter o rapaz nunha habitación cunha Play Station, que levalo a dar unha volta polo monte a facer cousas que de verdade lle valeran de algo, metelo nunha habitación e tirar a chave, non sirve para nada.

C: Se nos foramos ao terreo da música, tamén me molaría que houbese ou se prestase mais educación nos pequenos… O rock é comunicación, é un saber estar. Eu creo que moitos gañanes que están por aí se escoitaran Os Suaves dende pequenos pois serían doutra maneira e outra forma d pensar.

Pode que se ensinaran na escola letras de Yosi (Suaves) a xente sentiríase mais atraída pola poesía…

C: E que Lorca ao lado de Yosi non é ninguen (risas) ¿ou? (risas)

Coa independencia de Catalunya a orde do día , ¿Que pensariades dunha independencia de Galicia?

M: Cojonuda… Pero oie, a indepencia de galicia debería ser opinada polos de aqui, igual que coa de Catalunya deberían opinar eles e ninguén mais… Cando foi o de Galicia Bilingüe trouxeron buses de Madrid, ¿con que dereito ven esa xente? Xente que non vive aquí, que non coñece a realidade galega. Os que debemos opinar somos nós, ninguén de fora pode entendelo. Galicia ten unha idade cultural que nada ten que ver coa de Madrid, historicamente a realidade foi que tiñamos unha identidade que ía por un camiño, chegaron os reis católicos e dixeron que isto teña que ser así, asá e así, e tivémonos que joder, fixéronnos parte de algo que nunca fomos, e a dia de hoxe seguimos sendo parte de algo que nunca fomos… A día de hoxe somos vítimas daquelo.

P: Estaría ben coidar as nosas raíces, o noso patrimonio, a nosa cultura, a nosa lingua… Non se pode privatizar algo como iso, non se pode facer olvidar a xente algo que é noso, que é propio de nós.

Xa Wert quere españolizar aos cataláns, ¿logo tocaranos a nos?

M: Si bueno… Que veña (risas)

¿Creedes que medidas como a subida do IVE sirve para algo?

P: Realmente o que tiñan que haber feito era baixalo, non subilo. Se queren mais produción, que a xente compre mais, pois que o baixen, non que o suban… é unha medida estúpida, unha cagada.

M: ¿Que se consegue así? Un exemplo próximo: Saes un día de noite e ou tomas menos copas ou xa te plantexas quedar na casa, ¿Quen pode permitirse eses prezos? Así o único que se consegue e que pechen mais locais dos que xa están cerrando. Se así pensan sacarnos dunha crise que provocaron os propios banqueiros pois…

¿Que lle pedides ao futuro? ¿Que lle pedides para Deseqilibrio?

C: Que dure moitos anos mais. Que se converta nun grupo mítico coma Zenzar ou Ruxe-Ruxe, sería a hostia… Pola miña parte, que oxalá Deseqilibrio dure 30 anos, ser vello e ter que tocar en playback (risas)

P: Seguir medrando e caña para diante, sempre.

A portada do próximo disco vai ser frontal ou ides seguir na línea vosa?

C: Bueno, dependerá dos huevos que teñamos (risas)

¿Mandades algún saúdo para a Televisión de Galicia ou a de Chipre?

C: A tódalas bandas de Compostela e en especial as nosas bandas amigas que son Ruxe, Medomedá e mamón Zapa, por que non (risas). A Labazada tamén.

P: A Okeoh claro.

M: Eu a Terbutalina por acordarse de min sempre nas entrevistas, aínda que me queiran matar… (risas) A Toño tamén, polas tapas e polas cervezas e agradecer a toda a xente que nos sigue que e sigue apoiándonos

C: E a banda municipal de Teo, tamén (risas)

Texto e fotos*: Charlie Peartree

*Excepto portada do disco