Galicia en bólas

Moncho Fernández, o último regalo xacobeo

Moncho Fernández, o último regalo xacobeo

“Do the fuckin’ rules!”. Sinxelo, curto, directo. Golpe coa pizarra no xeonllo. “Cinco es cinco, pecho cuatro es pecho cuatro. Looking for the switch, joder. We are doing the opposite thing every single time. What’s the goal of the things”. Fin do tempo morto. 24 de marzo do 2013. Estudiantes visita o Fontes do Sar para enfrontarse ó sorprendente Obradoiro. Tras un inicio espectacular ... »

Fernando Vázquez: o regreso do profesor

Fernando Vázquez: o regreso do profesor

Nove de febreiro do ano que remata, o Dépor perde 0-3 contra o Granada amosando un pésimo xogo, era o sexto partido de Domingos Paciencia e na grada bérrase por primeira vez nun cuarto de século un histórico “Lendoiro dimisión”. Tamén se escoita aínda que con menos forza un “menos portugueses e máis coruñeses”. Lendoiro toma nota. Ao día seguinte o adestrador luso presenta a súa dimisión. Augusto ... »

Morriña Celeste: “Vivir o Celta na distancia”

Morriña Celeste: “Vivir o Celta na distancia”

Sábado 30 de novembro.  Centos de celtistas baixan pola rúa de Fragoso cunha idea na cabeza: “despois de sete partidos, hoxe xa toca”.  Teñen tempo para saudar aos coñecidos, consultar a aliñación no móbil ou incluso para levarse a man ao peto buscando ese amuleto que nunca esquecen levar ao templo celeste. A seiscentos quilómetros de distancia, en Madrid, decenas de celtistas collen o metro coa m... »

Obradoiro CAB: Volta ao realismo

Obradoiro CAB: Volta ao realismo

Tras un tempada cargada de soños no Multiusos Fontes do Sar, a vida do Obradoiro CAB volta á normalidade. O equipo de Moncho Fernández tocou o ceo coa clasificación para os playoffs hai uns meses, pero tras as baixas do verán e a reestructuración do equipo parece que a nova campaña non vai ser tan positiva. O obxectivo volta a ser a permanencia e unha soa vitoria en cinco partidos, sumada ás sensa... »

A liga máis galega

A liga máis galega

O Celta, o Río Natura Monbús e o Frigoríficos do Morrazo son as tres cabezas visibles do deporte galego por equipos nas grandes competicións nesta tempada. Tendo en conta a situación de crise que atravesa o deporte en España non se pode pedir moito máis, pero ás veces os grandes medios esquecen falar doutro deporte onde os galegos temos ata tres equipos na elite. Falamos do fútbol sala, onde o San... »

Carreiras de fondo nos circuítos, e fóra deles

Carreiras de fondo nos circuítos, e fóra deles

Dende o debut en Castropol, con quince anos e moi poucas horas de adestramento específico sobre a bicicleta e a carreira a pé, aquel rapaz galego nado en Basilea non deixou de medrar, de apuntar quilómetro tras quilómetro máis alto. A súa figura xorde nun momento no que o triatlón comeza a aparecer de xeito máis evidente nos medios de comunicación. Un compatriota seu, que ben cedo será compañeiro ... »

“De por cojones”

“De por cojones”

Os equipos de fútbol, por moi duros que parezan detrás desas coirazas de sociedades anónimas deportivas, teñen o seu corazonciño. Estamos intimamente convencidos de que a cada clube lle corresponde unha forma de ser, da que se contaxian os seus xogadores, directivos e afeccionados. Todos pensamos no seny do Barça, no señorío do Real Madrid, na dignidade fronte á derrota do Betis. E, como tal, asum... »

O Celta de Luis Enrique

O Celta de Luis Enrique

O Celta inicia unha nova etapa coa chegada de Luis Enrique. Tras pechar o inicio da pretempada, tentamos sacar conclusións. O sistema táctico parece unha das variantes máis interesantes na pizarra do técnico asturiano, pero tamén se puideron observar detalles das novas fichaxes ou dos xogadores da canteira que están realizando esta preparación co primeiro equipo. Por último, analizamos os problema... »

O duelo: Djalminha vs. Mostovoi

O duelo: Djalminha vs. Mostovoi

Os seres humanos temos o estraño desexo de cambiar o curso do tempo. Encántanos recordar tempos pasados e proxectarnos no futuro. Sobre todo, cando o presente non é demasiado alentador. Co fútbol acontece algo semellante, e hoxe imos poñer a funcionar a máquina do tempo para recordar tempos mellores para o fútbol galego. Hai nada, durante o último cambio de século, dous equipos galegos tiñan moito... »

O importante é o proxecto

O importante é o proxecto

No mundo do fútbol existen moitas variables, pero ao final todo depende de que o balón remate entrando na portería ou non. Os resultados son o baremo fundamental que marca a evolución deportiva e institucional dos clubs de fútbol en España. Porén, existen algunhas excepcións, como se demostrou nas últimas horas. Xusto unha semana despois de certificar unha permanencia histórica en primeira, o Celt... »

Page 4 of 7«23456»