Xornalismo sen tirantes

Singular e plural

Singular e plural

Non temades: non veño ofrecer outro alegato a favor da ortografía coma o do meu amigo e compañeiro de redacción Álex Salse. A RAG aínda non financia Compostimes para tal fin (aínda que todo se andará). Aquí quería proporvos un exercicio mental que pode resultar mesmo máis doado ca distinguir entre “se non” e “senón”. Imaxinade que vos ofrecen unha illa deshabitada con abund... »

Rápidos no río da vida

Rápidos no río da vida

Hai momentos que cambian a historia. Non estou falando de cando Bruto (quoque) decidiu acabar para sempre con Xulio César, nin do día no que o piloto do Enola Gay non quixo quedar na súa casa, nin daquel telefonazo vermello con aroma nuclear entre Kennedy e Kruschev, nin de cando aquel 31 de agosto de 1997 Henry Paul creu conveniente pisar un pouco máis a fondo o acelerador debaixo da Pont de L... »

Blas e Caneda: vidas paralelas

Blas e Caneda: vidas paralelas

Un bo día do ano 2001, o estudante filipino-estadounidense Dino Ignacio decidiu acabar co aburrimento que o asediaba creando unha páxina web, Bert is evil (Blas é malo). Nela, Photoshop mediante, o personaxe de Barrio Sésamo aparecía en contextos bastante diferentes da casa que compartía con Epi: Blas entre a multitude no asasinato de Kennedy, Blas facendo de fiel escudeiro de Adolf Hitler, un Bla... »

The Snuff Times

The Snuff Times

Imaxinádevos que, por un desgrazado casual, vos vedes na necesidade imperiosa de escribir a man. Tendes folios no voso caixón, unha mesa sobre o devandito caixón e ideas na cabeza. Pero vos falta algo co que escribir. Unha das opcións para solucionar este problema sería baixar ó chinés do lado e coller un fabuloso pack de cen bolígrafos azuis por 0,99€. Ó escollermos esta opción, é moi probable qu... »

Por que non entrevistamos a ninguén do PP?

Por que non entrevistamos a ninguén do PP?

Os que estivestes seguindo a páxina durante os dez días que cubrímo-la xornada de reflexión quedariades probablemente sorprendidos vendo como entrevistabamos a partidos coma Converxencia XXI, UPyD ou Sociedad Civil y Democracia, ós que as sondaxes non otorgan ningún deputado no Hórreo, e non publicabamos ningunha entrevista cun membro do Partido Popular, aínda que fose un suplente primeiro. Por qu... »

De informativos y confianza

De informativos y confianza

Hoy, esta noche, este día, o cuando estéis leyendo esto, os pido que me permitáis esta pequeña dosis de primera persona. Quiero arriesgarme a algo de lo que todo el mundo tiene cierto miedo, un pequeño reparo. Y es lógico, natural, la reticencia a “que nadie le importe lo que yo pienso” Pero a veces es necesario dar un pequeño paso, es hasta sano. Total, al fin y al cabo, y como se suele decir: “l... »

Xornalismo: Invaders must die?

Xornalismo: Invaders must die?

Estes son días tristes para os que queremos vivir facendo xornalismo. A Federación de Sindicatos de Periodistas española cifra en 11.000 os xornalistas que están hoxe por hoxe engrosando colas do INEM xunto a outros cinco millóns de españois. É unha pena e unha vergoña. E como en case tódalas cousas da vida que nos dan pena e vergoña, tentamos reduci-las súas causas, convertíndonas adoito nunha lo... »

O xornalismo como antídoto

O xornalismo como antídoto

Unha pantasma percorre Europa. É a pantasma da desazón, do desánimo, da crispación, da indignación. O noso mundo vese perfumado cada día cunha recua de exabruptos, de berros domésticos, de conductores furiosos canalizando as súas iras cara o próximo. Como unha virulenta epidemia, esta negra sombra penetra en tódolos estratos da nosa sociedade, facendo suar ó executivo agresivo, berrar á frustrada ... »

Page 5 of 512345