Sete ideas para regalar moda este Nadal

Chega o Nadal e, con el, o momento de botar a pensar nos regalos de familiares e amigos. Desde Compostimes sabemos que pode ser un verdadeiro quebradeiro de cabeza, por iso fixemos unha selección dos mellores regalos destas festas para os amantes da moda. Regalar moda nunca foi tan sinxelo.

Planeta Tres Zetas

A artesanía de Planeta Tres Zetas crea pezas únicas que converten o regalo de Nadal en máis que especial.  Detrás da firma atópase Cruz López unha galega que deseña a realiza a man cada un dos colgantes, pulseiras, pendentes…  que conforman as súas coleccións. Este colar pertence á súa colaboración co creador Jorge Méndez Galiñanes. Sorprender está asegurado.

praha-2

 

Eferro

Os zocos desta firma de Merza (Vila de Cruces) hai anos que saltaron á palestra. Cada vez son máis coñecidas e aclamadas, non só en Galicia, senón en toda a Península. Combinando a tradición zoqueira coas tendencias máis actuais, Elena Ferro conseguiu coas súas coleccións o que parecía imposible: que os zocos volvan pisar a rúa. Para atrevidos/as e orixinais, as opcións de Eferro son todo un acerto

eferro

Bimba & Lola

Ás veces non é preciso procurar algo demasiado estrafalario para dar no clavo. Un básico como este bolso da firma galega Bimba & Lola pode ser unha das mellores eleccións para este Nadal. Bo, bonito e agora cun 20% de desconto.18074-79409-pdf

Who Killed Bambi?

A medio camiño entre zapatos e deportivas, atópase este modelo da firma Muroexe. Actuais e modernos a rabiar e cun deseño que non deixa indiferente, xa son todo un obxecto de desexo na moda masculina.  Pódense atopar en Who Killed Bambi? e na súa tenda online.

14705063_631659153680229_3418688431679602688_n(1)

Zara

As camisetas de grupos musicais nunca estiveron tan de moda. Cada día son máis as marcas que reeditan deseños e os/as influencers que as engaden ós seus looks para conseguir un aire rockeiro. Zara sempre estivo subida a este carro, e presenta agora  unha colección cápsula sobre os Rolling Stones. Camisetas, suadoiros, chaquetas. Os fans dos estadounidenses están de sorte.

0495430800_2_5_1

Mango

Unha bufanda coma esta é unha aposta segura. Alegre, cun deseño orixinal e facilmente combinable. No inverno galego, nunca temos suficientes prendas de abrigo. Está dispoñible na firma española Mango por tan só 19, 95 euros.

83020138_56-99999999_01

 

H&M por KENZO
Os amantes da casa xaponesas agardaron a colaboración con H&M con ansia, pero, por sorte, algunhas das pezas aínda continúan dispoñibles. Estes pantalóns, impregnados, como non, de estampado oriental, son o mellor regalo para coleccionistas.

hmprod (1)

Fotografía de portada: © apuntesdemoda.com