Janna Jihad, a periodista máis nova do mundo

IMG_20160728_222039

Janna Jihad / © support.karangkraf.com

Unha palestina con ansias de loitar e denunciar as inxustizas. Ela é Janna Jihad, que con 10 anos convértese na periodista máis xove do mundo.  Nata en EE.UU, vive en Nabi Saleh, un pobo de pouco máis de 500 habitantes ó noreste de Ramallah (Cisjordania) e a 25 km da “Línea Verde” (fronteira con Israel definida polo Armisticio de 1949). É unha das aldeas palestinas, xunto con  Bil’in, Ni’lin ou Al-Walaja, que máis famosa se fixo pola resistencia que opón á represión. Cada venres, os seus habitantes (incluíndo nenos), realizan manifestacións  pacíficas en contra das colonias israelíes que lles sacaron as súas terras. E cada venres as manifestacións son reprimidas polo exército da ocupación. Nada máis lonxe do que se esperaba o líder da resistencia, Bassem Tamimi, foi arrestado o 24 de marzo de 2011 e imputado principalmente por incitación á violencia.

Mentres as súas dúas irmás e o seu pai viven en norteamérica, Janna e máis a súa nai, Nawal Tamimi, atópanse atrapadas nun territorio no que o 60% deste está baixo o control do asentamento israelí Halamish. Janna adícase a grabar os indecentes incidentes que protagoniza o exército  israelí: “a cámara é máis forte que unha pistola xa que podo enviar a miña mensaxe a todo o mundo”; converténdo así a súa aldea nun símbolo indispensable de loita. Comezou a súa labor con sete anos, tras o asasinato do seu primo Mustafa e o seu tío Rushidie. A súa principal motivación vén do silencio dos medios tradicionais e do vacío informativo sobre o que está a ocurrires nas rexións ocupadas de Palestina. A prensa israelí acusa ó clan dos Tamimi, do que forma parte a súa familia, de irresponsables ao poñer en risco a vida dos máis pequenos.

Cando lle preguntaron no canal Al Jazeera por que o facía ela inmediatamente respostou “Non moitos periodistas envían a mensaxe de Palestina ó mundo, daquela pensei, ¿por que non enviar a miña mensaxe e mostrar o que está a sucederes no meu pobo?”, afirma que “Cando sexa maior gustaríame traballar para a CNN ou Fox News xa que eles falan de Palestina e eu quero facer informes sobre o meu país”. A súa nai, Nawal Tamimi, tamén fixo declaración ó mesmo canal: “Estou orgullosa da miña filla porque envía a súa mensaxe ao mundo, compartindo os seus medos, sentimentos e os problemas que existen para acudir á escola”. O seu tío Bilal Tamimi, fotógrafo que documenta a violencia exercida polos soldados, afirma que  “Ela debería estar xogando e estudando, pero na nosa vida iso non é unha opción”, sinalando que a súa familia conta cun historial de activismo que comezou no 1948, “Debemos ensinar aos nosos fillos a non aceptar a humillación e non ser cobardes. Estamos baixo unha ocupación. Non  podemos ensinarlles a quedarse en silencio, deben loitar pola súa liberdade”.

IMG_20160728_221845

/ © aljazeera.com

 O seu Facebook  atrae a aproximadamente 213.000 seguidores e tanto nesta rede social como na súa web; pódense atopar vídeos da súa participación en manifestacións, das atrocidades e dos bombardeos cometidas no seu pobo e zonas de Xerusalén, Hebrón ou Nablus.  Internet é unha ferramenta de denuncia, coa que dar visibilidade ó que sucede nunha rexión con moito risco para os periodistas. O primeiro viral de Janna estivo protagonizado por unha meniña, que tras saber da morte do seu amigo Mustafa, lle berraba ós soldados que marcharan do lugar. Janna fora testigo da traxedia: “Non podo esquecer a Mustafa nin o que lle ocorreu”; el morrera desangrado tras recibir o impacto dun bote de gas lanzado por un vehículo do exército.

O primeiro viral de Janna estivo protagonizado por unha meniña, que tras saber da morte do seu amigo Mustafa, lle berraba ós soldados que marcharan do lugar

Hai que lembrarse de que Janna Jihad atópase nun dos lugares máis perigosos do mundo no que  as mulleres, ademáis das agresións recibidas polo exército, padecen un fundamentalismo relixioso que recorta excesivamente os seus dereitos. Por exemplo, a activista  feminista palestina  Salam Hamdan indica que “en todas as guerras do mundo a xente sufre, pero as mulleres polo xeral sufren o doble pois asumen a responsabilidade de coidar ós fillos ou alimentar as súas familias; sendo xeralmente o sector máis pobre da sociedade”. Datos aportados por organizacións de mulleres palestinas, indican que a anemia afecta a máis do 36% das mulleres embarazadas en Gaza, que un 62% sofre malos tratos e que un 80% depende da asistencia alimentaria; sufrindo gran parte delas desnutrición. Outra lacra é a do aumento da prostitución e do sida pois moitas son empurradas a iso, xeralmente polos seus maridos, para salvar a economía familiar.