Poema para ler na bañera

A noite que lle confesei

que rematara na bañera con outro home,

tamén lle dixen que quería ter fillos con el.

Ningunha das dúas novas gustoulle.

 

-Non podemos ter fillos. Os dous quereríamos ser o pai divertido. Non poden ter dous pais divertidos.

-Si que poden. Serán deses fillos que teñen que coidarse o un ao outro para sobrevivir e que rematarían coidando de nós.

E nunca tivemos fillos.

fillosrotos

Eran coma oviños de peixe.