Xornadas de radio e televisión municipais en Verín

Os días 22 e 23 de abril Verín foi o berce da primeira edición das xornadas de Radio Televisión Municipal co obxectivo de achegar ós asistentes á realidade dos medios locais e facelos conscientes da súa importancia como servizo público mediante charlas, mesas redondas e talleres. Miguel Ángel Ortiz, profesor da Universidade Complutense de Madrid, foi o invitado encargado de abrir a primeira conferencia da mañá. A súa enerxía e entusiasmo inauguraron o novo auditorio do municipio. No seu relato, o que máis destacou foi o sentido que ten a radio local e municipal na cidadanía, asegurando que “se trata del instrumento más cercano al pueblo. Sin su existencia, se perdería la razón de ser del ciudadano”. Nese sentido, Ortiz lamenta o alto consumo comunicativo que realizan as familias dende os intereses das grandes cadeas. Ademais, sinala que a tecnoloxía xoga un papel negativo nesta sociedade, ao non deixar distinguir a manipulación. É por isto, en palabras do profesor, “que precisamos la aportación de medios colaborativos que sintamos propias”.

Na imaxe, Miguel Ángel Ortiz| ©Mikaela Viquiera

Na imaxe, Miguel Ángel Ortiz| ©Mikaela Viquiera

Polo tanto, insiste na necesidade de ofrecer un servizo “alternativo, dando voz a quienes no pueden y toque los temas más cercanos, que sea la vertebración de la comarca, promoviendo la cultura y la lengua propia. Si no hay estrategia e iniciativa, es evidente que no va a salir adelante”. O profesor non soamente aporta a súa visión persoal sobre a radio, senón que tamén apunta datos relevantes. Actualmente, existen 1196 emisoras radiofónicas en España. A pesar de que parezan moitas, a xuízo de Ortíz non son tantas.  “La Ley permite que cualquiera pueda solicitar una frecuencia de emisión para la radio. Podrían ser muchas más. Si estas cadenas tuviesen una programación constante y permanente, se convertirían –la radio- en el mayor medio de España”, asegura. Debuxa, así un escenario pobre en oferta pero potencialmente moi rico en recursos.
A importancia da radio local e municipal non deixou de estar presente no discurso de Ángel García Castillejo, avogado e profesor de Periodismo e Comunicación Audiovisual pola Universidade Carlos III de Madrid. Durante a conferencia, facilita ao espectador un percorrido evolutivo sobre as liberdades e permisos dos medios de comunicación tras finalizar a ditadura española de 1975, dende unha visión máis procesal e institucional. Pero, sobre todo, centra o seu discurso na radiodifusión galega, recalca o último Real Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenrola o servizo dunha comunicación audiovisual na Comunidade de Galicia. Establece, así, que todos aqueles expedientes para solicitar un espazo de emisión, tanto na radio como na televisión, se transformarán en licencias para prestar servizo á cidadanía.
Neste sentido, Verín asegura un servizo de titularidade na frecuencia 107.3. Castillejo conclúe coa necesidade de cubrir estes espazos para atender á poboación verinense, nun intento por “asegurar una cobertura que cubra las necesidades comunicativas de la ciudadanía”. Tras as intervencións de Ortiz e Castillejo, tiveron lugar dúas meses redondas. A radio local e municipal foi o tema central do primeiro debate, na que tanto José Font (Radio Municipal de Tui) como Henrique Sanfiz (EMUGA e Radio Fene), defenderon unha radio pública e municipal, dependente dos Concello, pero non vinculada ós partidos políticos e considerada como un servizo público ós cidadáns.

De esquerda a dereita: José Font, Santi Veloso (de Ponte nas ondas) e Henrique Sanfiz (EMUGA e Radio Fene) e Nagore Fernández (moderadora da mesa)| © María Losada

De esquerda a dereita: José Font, Santi Veloso (de Ponte nas ondas) e Henrique Sanfiz (EMUGA e Radio Fene) e Nagore Fernández (moderadora da mesa)| © María Losada

José Font explicou a súa experiencia  na Radio Municipal de Tui dende o 1993, ano da súa fundación.  Font considera que na actualidade, o proxecto radiofónico na vila chegou ata o punto no que xa “non se entende a información de Tui, sen a súa radio municipal”. Ademais, botou por terra o pensamento de que as radios locais son de mala calidade: “unha radio municipal non pode ser mala nin cutre, senón que debe tratar a información co mesma rigor que calquera outro medio”, para acadar isto, afirmou, precísanse tanto tanto profesionais coma colaboradores.

“Unha radio municipal non pode ser mala nin cutre, senón que debe tratar a información co mesma rigor que calquera outro medio”

Na actualidade é moi difícil entender os medios de comunicación sen as novas tecnoloxías, e os profesionais dos medios non poden estar máis de acordo:  “as redes sociais tiran da radio, e a radio tira das redes sociais. O camiño sen dúbida é ese”, afirmou José Font. Henrique Sanfiz amosouse totalmente de acordo con este concepto de retroalimentación entre radio e redes sociais, que espallan e difunden a información emitida nas ondas.  Para el a radio é un elemento cunha gran proxección de futuro, e considérao como o máis capacitado para realizar esta fusión coas novas tecnoloxías
Pola súa banda Santi Veloso, explicou o proxecto Ponte nas Ondas, unha experiencia de comunicación escolar que se leva desenvolvendo dende hai 21 anos e que naceu a raíz de obradoiros de radio escolar, que se levaron a cabo entre Salvaterra do Miño e Monçao  (Portugal). A súa primeira emisión foron 12h continuadas de programación durante a inauguración da Ponte entre as dúas vilas o 29 de marzo de 1995.  Na actualidade realízanse xa 24 horas de emisión nesa xornada de comunicación onde xa teñen participado máis de 900 centros educativos dende primaria ata a ensinanza universitaria.
Sábado 24: “Televisión local, municipal e online” con  Mercedes Vázquez (Televinte) e  Antón Escudero de (Nós TV)

Mesa redonda sobre televisión local, municipal e online. De esquerda a dereita: Mercedes Vázquez (Televinte), Nagore Fernández (moderadora) e Antón Escudero (Nós TV)| ©María Losada

Mesa redonda sobre televisión local, municipal e online. De esquerda a dereita: Mercedes Vázquez (Televinte), Nagore Fernández (moderadora) e Antón Escudero (Nós TV)| ©María Losada

Na segunda xornada, a mesa redonda versou sobre a Televisión local en Galicia, contando con dous representantes, Mercedes Vázquez e Antón Escuredo. Xabi Lombardero, de Galiza Ano Cero, finalmente non puido acudir ó acto. Ámbolos dous poñentes expuxeron ós presentes a programación habitual das súas canles e os elementos que os facían diferentes. Pola parte de Televinte a aposta clara pola educación e a conservación da memoria histórica, e a importancia do local da zona de Lalín e Silleda, tendo a Santiago de Compostela como marco de referenza.
Ambos concordaron tamén nas dificultades que supón hoxe en día manter unha televisión local. Mercedes Vázquez explicou o seu desexo de deixar de ser empresa e pasar a constituír unha asociación como unha vía para lograr a subsistenza. Pola súa banda Antón Escuredo puxo sobre o candeeiro as dificultades do mundo das licenzas de Televisión, que desexan conseguir para espallarse por outros concellos, pero que as concesións a empresas e Concellos que as posúen e non utilizan fan dinamitar esta posibilidade.
E pola tarde, impregnámonos na maxia da radio…

Na imaxe, tres estudantes de Xornalismo ao finalizar a locución dun programa, durante o taller de Toni España | ©Mikaela Viqueira

Na imaxe, tres estudantes de Xornalismo ao finalizar a locución dun programa, durante o taller de Toni España | ©Mikaela Viqueira

Pechemos os ollos e deixemos que a nosa imaxinación se deslice polos camiños da comunicación. Teñamos a iniciativa de crear e soñar, sen esquecer que loitamos por facer un xornalismo de calidade ao servizo da cidadanía. Da man de Marc Vila, comunicador de Teleduca Educació i Comunicació, entramos no taller de “Dinamización audiovisual para axentes sociais”, onde descubrimos o mundo dos espazos comunitarios. Este taller foi o lugar onde confluíron unha gran cantidade de ideas e proxectos. Todos eles respiraban o aire da ilusión e do compromiso. Se puideses imaxinar a creación dunha emisora dende cero, quen formaría o equipo motor?, qué contidos incluirías?, cal sería a participación do Concello?  Configuramos a nosa emisora como un espazo de expresión, unha fiestra aberta ao mundo, onde todo pode ser posible: conversemos sobre a xente de Verín, as bodegas e o entorno natural. Incluso, cando o sol se agoche tras o horizonte, por que non contar lendas e historias de medo?

Na imaxe, Marc Vila durante o taller de “Dinamización audiovisual para axentes sociais” | ©Mikaela Viqueria

Na imaxe, Marc Vila durante o taller de “Dinamización audiovisual para axentes sociais” | ©Mikaela Viqueria

Porque a radio municipal é o instrumento para manter viva a cultura galega, é a razón de ser do cotián e a retransmisión do propio. E foi neste mesmo instante cando me decatei de que formaba parte dun proxecto fascinante, que me conquista para logo deixarme soñar na futura emisora de Verín. Esta fiestra aberta ao mundo péchase durante uns intres para que comece o segundo taller: “Técnicas de Radio para emisoras locais e municipais” da man de Toni España, de Radio Campus Culturae. A maxia da radio invade o ambiente e permite que todos os participantes sexan locutores mentres dure o meigallo. Pousamos a ollada naquilo que amamos e é por iso que, dende unha emisora, podemos facer mellor o lugar onde vivimos.

Na imaxe, Toni España xunto a tres estudantes de Xornalismo da USC| ©Paula Martínez Graña

Na imaxe, Toni España xunto a tres estudantes de Xornalismo da USC| ©Paula Martínez Graña

En definitiva, soamente nos medios comunitarios pode darse a máxima expresión de xornalismo, xa que, é aí onde a cidadanía pode ter voz. Porque pode que os veciños de Verín sigan ás grandes cabeceiras, mais nelas nunca atoparán unha verdadeira representación.

A fiestra ao mundo vólvese abrir, mais desta vez non se pechará. É a radio de Verín e o seu futuro máis próximo.

Realizado por Mikaela Viqueira, Paula Martínez e María Losada.