A ciencia baixo a mirada dos Nobel

Pecha os ollos. Só un segundo. É para que contestes unha pregunta sen caer na tentación de ler a resposta… Que son os Premios Nobel? Cinco segundos de reflexión.

Podes abrilos.

Pois si, tiñas razón. Son uns galardóns que premian diferentes disciplinas do coñecemento humano e naceron da man de Alfred Nobel, un polifacético químico sueco que inventou a dinamita. Este certame internacional acaba de facer públicos aos afortunados deste ano. Queres saber máis? Só tes que continuar lendo…

Cando un bebé nace, as persoas que o suxeitan en brazos e o miran con cariño nunca se imaxinarían que estiveran a aloumiñar a un futuro premio Nobel. Pero nunca digas nunca. Isto foi o que lles ocorreu a familia de William Cecil Campbell (Irlanda, 1930), Satoshi Omura (Xapón, 1935) e Tu Youyou (China,1930). Ao redor duns 80 anos despois e tras longas e exitosas carreiras, estes tres científicos poden presumir de seren galardoados co Nobel de Medicina por loitar contra “algunhas das enfermidades parasitarias máis devastadoras”.

 Entre os dous descubriron un tratamento chamando Avermectin, que actúa contra a cegueira de río, unha enfermidade parasitaria crónica e unha das principais causas de cegueira no mundo.

William é biólogo e parasitólogo e no 2002 xa fora elixido membro da Academia Nacional de Ciencia dos Estados Unidos. Satoshi, pola súa parte, é bioquímico e traballa como profesor na universidade de Kitasato. Entre os dous descubriron un tratamento chamando Avermectin, que actúa contra a cegueira de río, unha enfermidade parasitaria crónica e unha das principais causas de cegueira no mundo. O verme nematodo, causante desta infección, provoca grandes lesións na pel e nos ollos.  Na súa versión adulta ten un acceso limitado ao sistema inmunitario do corpo que habita, mais as larvas do mesmo poden producir inflamacións.  Avermectin non só loita contra esta enfermidade senón que tamén ten como finalidade axudar a vencer a elefantitis, que se caracteriza polo aumento desmesurado dalgunhas partes do corpo e pode producirse por algunhas enfermidades inflamatorias.

Este fármaco ten como principal función loitar contra a malaria, unha enfermidade producida por parasitos do xénero Plasmodium que é a responsable dunha parte da elevada mortalidade en África

Tu You You, ademais de formar parte dun diminuto porcentaxe que representa as mulleres gañadoras de premios Nobel na ciencia,  é química e médica farmacéutica que xa recibira en 2011 o premio Albert Lasker por Investigación Médica Clínica.  A creación do medicamento de nome Artemisimin foi o que a fixo merecedora de tal galardón. Este fármaco ten como principal función loitar contra a malaria, unha enfermidade producida por parasitos do xénero Plasmodium que é a responsable dunha parte da elevada mortalidade en África. A finalidade principal de Artemisim é a de eliminar aos parasitos desta enfermidade nas súas fases principais e reducir así o número de infectados. 

Con semellantes avances médicos, podemos pasar a outra cousa un pouco máis tranquilos. Se che dixeran que explicaras o que é mapear a nivel molecular de como as células reparan o ADN danado e conseguen gardar a información xenética e non es un experto en química, doerache a cabeza tan só de ler tres veces esa frase. Se semella complicado entendelo, imaxínate descubrilo. Avance merecedor de premio. E así foi, xa que Tomas Lindahl, Paul Modrich e Aziz Sancar recibiron o premio Nobel de química 2015 grazas a isto.

Tomas LindahlFonte: www.chron.com ©

Tomas Lindahl, Nobel de Química 2015 | ©chron.com

Tomas Lindahl, nado en Suecia en 1938 e membro da Academia Noruega de Ciencias e Letras é un científico especializado na investigación do cancro.

O ADN non é estable, a pesar de que iso era o que se pensaba ata 1970

Paul Modrich naceu en1946 é bioquímico e investigador Howard Hughes Medical Institute e recoñecido polos seus estudos sobre a reparación de erros do ADN.

Aziz Sancar naceu en 1946 en Turquía e é bioquímico e biólogo molecular e membro honorario da Academia Turca das Ciencias e Academia estadounidense de Artes e Ciencias.

O ADN non é estable, a pesar de que iso era o que se pensaba ata 1970, cando Lindahl descubriu que esta molécula se descompón a gran velocidade. Aziz conseguiu trazar a reparación que realizan as células ante os constantes danos dos raios UV aos que o ADN está constantemente exposto e Modrich explicou o sistema de reparación das células tras as modificacións que poden sufrir durante a replicación molecular.  Este conxunto de avances poden utilizarse no desenvolvemento dunha das principais enfermidades do século: o cancro.

Aínda non remataches de ler porque a estas alturas semellarache que a ciencia é infinita. Pero tal afirmación non ten que contradicir que o mellor perfume só se vende en frascos pequenos porque a física é a disciplina que mellor pode corroborar tal afirmación. Os Premio Nobel desta materia en 2015 son o xaponés Takaaki Kajita (1959) e o canadense Arthur McDonald (1943) polo estudo dunhas diminutas partículas que xogan un papel fundamental na estrutura do universo. Bautizadas como neutrinos, estes elementos traen pola rúa da amargura á comunidade científica posto que son moi abundantes pero tremendamente esquivas. É máis… Acabaron alcumándoas como “partículas pantasma”. Porén, estes dous físicos armáronse de valor e lanzáronse á aventura. As súas investigacións deron froito e conseguiron demostrar que os neutrinos teñen masa.

As súas investigacións deron froito e conseguiron demostrar que os neutrinos teñen masa.

Pero tal conclusión requiriu de moitos anos de estudo. Kajita, director do Instituto para a Investigación da Radiación Cósmica e profesor da Universidade de Tokio, tamén é colaborador do Super-Kamiokande, unha enorme estrutura subterránea baixo o chan xaponés onde o investigador nipón e o seu equipo descubriron que os neutrinos sufrían modificacións ao pasar polo observatorio. McDonald, profesor emérito da Universidade de Queen, en Kingston, e colaborador do SNO de Canadá, outro mecanismo para o estudo dos neutrinos, descubriu que aspartículas pantasma” que proviñan do Sol non desaparecían durante a súa viaxe á Terra, senón que experimentaban un cambio.

Este avance foi moi loado pola Academia das Ciencias Sueca, organizadora dos Premios Nobel. Non é curioso que estes dous científicos conseguiran o galardón a pesar de estar a tantos quilómetros de distancia? A pesar de formar parte de culturas tan diametralmente distintas? Porén, hai un punto de unión que vincula a Kajita e a McDonald por encima de calquera fronteira. Que tamén vincula aos galardoados en Medicina e Química sen ter en conta ningún límite. E ninguén será quen de negar que ese fío é a ciencia.

Artigo escrito por Sofía Caamaño e Laura Filloy.