Estudar ciencias na USC

Á hora de elixir un grao a todos nos entrou a curiosidade polos testemuños de primeira man. A conversa con algún estudante da carreira dos nosos soños sempre nos clarifica un pouco a mente nesa, para moitos, convulsa época de incerteza. Así, nestas datas nas que a Selectividade aperta pero non afoga, Compostimes quere poñelo fácil aos futuribles universitarios. Varios estudantes da Universidade de Santiago dannos a súa particular visión sobre o grao que están a cursar. Por suposto, son opinións individuais que falan só en nome de quen as firma, pero desmitifican tópicos e dan a visión propia do que atopamos ao traspasar os muros de varias facultades de Compostela. Neste artigo están presentes as ciencias, adicámoslle outra peza ás letras e ao apartado de ciencias sociais.

ⒸLoiro

ⒸLoiro

Veterinaria, Fidel Soto Gestal

Que dicir sobre unha das poucas carreiras que quedan con cinco anos de duración que non se poda supoñer xa. Comezarei dicindo que non é unha carreira doada, nin que se poda estudar sen entregarte a ela, o cal non quita que sexa fermosa á súa maneira, pois o máis habitual é levarse unha gran impresión cando te introduces neste mundo da veterinaria.

Evidentemente, cando son vidas o que dependen das túas mans, ninguén espera que sexa coser o cantar, senón máis ben suturar e suar. Porén, se desde o principio tes a vocación necesaria e lle ves a utilidade a todo canto fas, cando, tras horas de interminables prácticas e outras tantas de estudar coma se o fosen a prohibir, rematas o curso, sentes unha gran ledicia ao botar unha ollada retrospectiva e comprobar todo o que levas contigo tras un ano estudando veterinaria.

Cando pasa o tempo e segues sen verlle a lóxica aos calendarios, estás farto de correr para apuntarte ás prácticas e o estrés te supera, é realmente o momento no que comprendes que estás aí porque é o lugar onde debes estar. Sempre que estás canso e te preguntas por que estudas veterinaria, a resposta é a mesma: por eses seres que non se poden valer de si mesmos.

Química, Alicia Rioboo Vidal

Química é unha carreira na que se aborda o estudo da materia dende distintos puntos de vista. Poderás aprender que ocorre á máis pequena escala coas diminutas partículas que xerarán os átomos que todo o compoñen. Poderás entender como e por que estes átomos interaccionan con uns e non con outros. Como xorden as moléculas e estudalas para saber como son. Que propiedades teñen. Como se dispoñen no espazo. Como e en que condicións reaccionan e crean sustancias. Como nós mesmos podemos modificalas e ser nós quen as creemos. Como obter dos minerais que a natureza nos proporciona os materiais que día a día empregamos. Saber que compón todo aquilo que precisemos analizar ou desexemos coñecer, e que mecanismos ou aparatos debemos empregar para chegar a estes resultados.

E todo isto e moito máis veralo non so dun xeito teórico, senón enormemente práctico, xa que contamos con moitas sesións de laboratorio nas que poderás ademais de afianzar e comprobar se é real o estudado, ver, tocar, descubrir… é dicir, coñecer a química real tal e como é. Por outra banda, unha vez rematada a carreira, contarás con variadas saídas, dende industrias téxtiles, cerámicas, de alimentación, laboratorios de análise ou a vía da investigación. Se todos este temas son do teu interese, non o dubides, química é a túa carreira.

Enfermaría, Ana Isabel Mosquera Mosquera

Xa fai quince días dende que me graduei, e botando a mirada cara atrás aínda me parece incrible que todo rematara xa. Recordo o primeiro día de clase: a miña primeira impresión da facultade non foi moi boa, á vista está que non é un edificio que destaque pola súa beleza; as asignaturas parecéronme insuperables (anatomía, fisioloxía, estatística…); os alumnos estábamos completamente perdidos e os profesores parecía que só se preocupaban por impartir as súas horas de clase. Pero a ilusión de comezar unha nova etapa que te levará a acadar un soño superaba todos os inconvenientes.

Se tivera que escoller o mellor que ofrece a Facultade de Enfermería, sen dúbida, escollería as prácticas tuteladas. É unha oportunidade única de contactar de preto coa túa futura profesión, de cargarte de enerxía e de ánimo para afrontar as dificultades. É certo que o camiño non foi sinxelo, e no medio destes 4 anos houbo momentos nos que todo parecía estar en contra, persoas que coa súa actitude che quitaban a ilusión, pero escoitar as palabras de agradecemento dun paciente compénsao todo con creces. Se a enfermaría é a túa vocación, non o deixes pasar, porque en canto te achegues e ela descubrirás que non é só unha profesión; como dixo Florence Nightingale, “a enfermaría é a máis bela das belas artes”.

Enxeñaría Informática, Alberto Losada Vázquez

Pasas tantas horas delante del ordenador que empezar a cobrar por ello parece una idea más que aceptable. Y sin embargo debes saber que tu experiencia previa importa muy poco. El mundo de la computación nunca ha dejado de cambiar a gran velocidad y el aprendizaje continuo se ha convertido en una constante para todos los que hemos elegido esta profesión. Los cuatro años (o más) de carrera son solo el principio de un camino en el que deberás actualizar tus conocimientos hasta el día en que te jubiles.

Ingeniería informática es una carrera perfecta para aquellos amantes de la tecnología que estén dispuestos a trabajar y a exprimir su cerebro. Es probable que durante el primer curso acabes ahogado entre asignaturas de matemáticas (tranquilo, la cosa mejora en segundo) y que al principio las líneas de código te parezcan más indescifrables que Matrix. Pero no te desanimes, antes de lo que crees estarás desarrollando tus propios algoritmos, con los que quizás encuentres la satisfacción personal que obtiene todo ingeniero que construye algo que funciona.

Y entenderás que en esta profesión estamos hechos de otra pasta en una de esas noches que pases programando para terminar una práctica (pero no descartes nunca el alcohol, saber programar borracho puedo conseguirte un gran empleo).

Física, Isabel Suárez Fernández

Como estudiante de Física una de las preguntas que más veces me han hecho ha sido: “¿Y eso no es muy difícil?”. Sin duda la respuesta es sí. Física es una carrera complicada, para qué negarlo, a la que es necesario dedicarle mucho tiempo y prácticamente hacer de la biblioteca tu primera casa. Probablemente requiere mucho más esfuerzo y sacrificio que otras titulaciones y aun así, nada te asegura tener éxito en ella.

¿Por qué estudiar Física entonces? Desde mi punto de vista, es una carrera totalmente vocacional, si te gusta lo que haces no importan las trabas que te encuentres en el camino (que te las encontrarás) porque eso sólo va a aumentar el sentimiento de satisfacción al conseguir superarlas. Estudiar Física es duro, pero también te proporciona muchas cualidades que probablemente no se puedan conseguir de otro modo.

Te abre la mente de una manera increíble, te acostumbras a dudar de todo hasta que ves su demostración y a resolver cualquier tipo de problema, aunque nunca hayas visto algo similar, pero sobre todo ganas la capacidad de aprender por ti mismo. Realmente si algo se puede decir, es que Física es la carrera de los curiosos.

Psicoloxía, Alejandro Pardo Castro

¿Qué tienen en común el Holocausto de la Alemania Nazi y la caída de Lehman Brothers? Estos hechos, a priori ajenos entre sí, tienen un denominador común tan obvio que ni lo mencionaríamos. Ambos fueron protagonizados por personas. Personas sujetas a procesos de interacción social, sesgos lógicos y determinantes biológicos que dieron lugar a  algunos de los hechos más centrales de nuestra historia como especie. ¿Qué lleva a un ser humano a cometer crímenes de obediencia? ¿Qué lleva a un individuo a tomar decisiones económicas de riesgo?

Los procesos mentales y las conductas del ser humano son el centro de estudio de la Psicología, tanto desde una perspectiva social como de sus bases más puramente biológicas. Ello convierte a la Psicología en una ciencia entre el ámbito social, el sanitario, el evolutivo y muchos otros, todas ellas centradas en convertir algo tan complejo como nuestras ideas, pensamientos y recuerdos, en algo tangible y que pueda ser estudiado. Por ello, antes de entrar como estudiante es necesario dejar de lado ideas preconcebidas porque no hay divanes y sí neuroanatomía, procesos de atención, recursos humanos o desarrollo evolutivo.

La Psicología es la ciencia, o el arte, de convertir lo ideal en material y cuantificable, siendo nosotros mismos una variable más de la naturaleza regida por sus leyes, para poder responder a las dos preguntas planteadas al principio de una forma más general. ¿Por qué hacemos lo que hacemos?

Facultade de Psicoloxía | Ⓒusc.es

Facultade de Psicoloxía | Ⓒusc.es

Óptica e optometría, Jessica Fraga Codesido

Óptica e Opto que? Cansaraste de oílo unha e outra vez, pero nunca te cansarás de repetir OPTOMETRÍA, coa boca chea de orgullo. Porque o que moita xente non sabe é que nós exercemos moito máis de optometristas que de ópticos. Esa profesión que se dedica á detección primaria e tratamento de defectos da vista e non simplemente á venda de gafas. Día tras día atoparaste nos medios artigos sobre a nosa profesión que demostrarán a evolución que está a ter e o seu futuro tan prometedor.

Unha carreira na que cada asignatura ten as súas prácticas, dende os hospitais, os gabinetes de optometría ou os laboratorios de oftálmica. Porque de que vale adquirir coñecementos se non os podes levar a cabo? Esa carreira envidiada polos demáis pola familiaridade que existe. Somos poucos, coñecémonos e axudámonos todos entre nós.

Medicina, David Revilla Nebreda

Una de las carreras más bonitas es Medicina. Pero hace falta vocación. No busques ganar mucho dinero. La recompensa aquí es otra mucho más gratificante: AYUDAR A LOS DEMÁS. Lo otro, aparte de ser mentira, es secundario. No empieces Medicina sólo por tener buenas notas o como reto. Que nadie te coma la cabeza, debes hacer lo que de verdad te gusta.

¿Qué necesitarás para sobrevivir en este mundillo? La cualidad de hacer cada cosa al máximo. Si aprovechas tu tiempo de estudio no te hará falta estar encerrado a todas horas. Y lo agradecerás. ¿Salir de fiesta? Que no te mientan diciendo que no vas a tener tiempo para eso y muchas cosas más. No se es joven y universitario nunca más en la vida. Disfruta de la carrera y de tu juventud. ¿Salidas profesionales? No sólo es médico House o tu médico de cabecera. Hay muchas especialidades o ramas; desde radiólogo hasta cirujano pasando por especialidades de microscopio y de investigación. Tendrás para elegir. ¿Las notas? Los números de tu expediente no dirán nada sobre si serás o no un buen médico. Lo importante es que sepas pensar, analizar y actuar sin olvidar que un fallo en esta profesión no es un simple cortocircuito sino la pérdida de un paciente, un amigo o un familiar. Anímate a entrar en este mundo. Y recuerda que Medicina, para los que nos encanta, es más que un trabajo; es un modo de vida.

Bioloxía, Ricardo Castro Camba

A selección natural ten dúas grandes premisas: a supervivencia e a adaptabilidade. Nos seres humanos todo iso se resume a unha soa, a aprendizaxe. E se estudas bioloxía dígoche dende agora que aprenderás. Aprenderás moléculas, xenes, plantas e animais, todo isto sempre e cando che interese, pero non é o máis importante que podes aprender na carreira.

Aprenderás a distinguir que a bioloxía non é unha, son moitas. Diferenciarás inmediatamente ós biólogos de bota dos biólogos de bata. Aprenderás que absolutamente todo o que necesite xustificación non é cousa de ningunha persoa material, senón dun ente case místico, o decanato. Aprenderás que tes un piso en Santiago, pero os teus verdadeiros compañeiros de piso son os teus amigos da clase porque vivirás máis na facultade que na casa. Dende que te ergas e vaias á primeira clase ás 9:00 ata que saias das prácticas ás 20:30 da noite só os verás a eles. Aprenderás a falar en plural xa que nun laboratorio o erro de un é o fracaso de todos. Esta pluralidade vese reflectida nos teus apuntes, que serán un popurrí de apuntes de compañeiros deste ano e de anos pasados.

Aprenderás estas e moitas outras cousas pero sorprenderaste a ti mesmo cando ó final aprendas o máis importante. Esa vida gústache, a pesares dos horarios, das interminables prácticas, traballos e exames. E se ó final non che gusta, ou pensas que mentín en algo, a min non me digas nada, fala co decanato.

Farmacia, Alba García Pose 

Se tivera que definir os primeiros anos de farmacia nunha frase, sería como un período no que se aprende “pouco de moitas cousas”. Abarca materias diversas, permitindo ao alumnado unha viaxe polo mundo das plantas, a fisioloxía e anatomía humanas, así como polas distintas ramas da química. A medida que pasan os cursos, comeza a dirixirse ao mundo dos medicamentos e produtos sanitarios, e a todo o que xira en torno á súa síntese, dispensión, testado, comportamento no corpo humano… Porén, o percorrido polas distintas áreas da bioloxía e da química, xunto con pinceladas da medicina e do mundo da saúde, abren bastantes posibilidades laborais. Asociarnos a unha oficina de farmacia é unha visión simplista, pese a ser a máis común.

A dificultade máxima que ten na USC é ter que desenvolver unha gran capacidade de organización que permita compaxinar clases con prácticas, así como satisfacer os requisitos do plan Bolonia e dedicarlle a cada materia o tempo de estudo pertinente. O curso comeza con apenas tres clases ao día e evoluciona ata días de seis (tres delas probablemente obrigatorias) que, xunto coas prácticas, poden chegar a alcanzar ata nove horas nun día. Esta falta de constancia nos horarios incrementa o cansazo e diminúe o rendemento. Con todo, pese a que farmacia adoita non ser unha carreira vocacional (polo menos no meu caso) e pese ao enfoque desacertado que moitas veces se lle da, favorece o enriquecemento intelectual.

Matemáticas, Pilar Páez Guillán

¡Hola, futuro compañero! Parece que, dado que te estás planteando escoger estos estudios, te gustan las matemáticas y se te dan razonablemente bien. Tal vez, como les pasa a muchos, alguien te ha comentado que las matemáticas de la carrera y las que tú conoces se parecen en el nombre y poco más. Sí es verdad que hay un cambio muy llamativo en la manera de enfocarlas. Si lo que te gusta es resolver grandes cálculos, y solucionar problemas concretos, te aconsejaría que te matricularas en una ingeniería. Si, por el contrario, prefieres averiguar de dónde vienen las técnicas que utilizas, te gusta llegar al fondo de las cosas, y no te importa resolver problemas usando sólo la lógica, entonces creo que estás en el buen camino.

Por otra parte, si finalmente te decides, tienes que saber que estás en buenas manos. La USC está reconocida internacionalmente como un importante centro de investigación matemática, y además, en general la docencia no decepciona. ¡Y es una de las carreras con menos paro, que nadie te diga lo contrario! ¡Suerte en tu elección! Espero verte por la facultad el año que viene.

Agradecemento especial aos autores das opinións que non redactan habitualmente nesta revista e que nos aportaron a visión de graos moi representativos da Universidade de Santiago de Compostela.

Fotografía de portada: Ⓒusc.es