Estrea Estilo, revitalizando Compostela

Era domingo e un sol de xustiza acompañounos durante toda a xornada da terceira edición de Estrea Estilo. O impoñente Pazo de San Lourenzo albergou máis de 30 postos, que foron tomados por algúns dos comercios locais da capital galega. Foi un día de reivindicación e de orgullo propio no que os maiores e os pequenos gozaron dunha fin de semana diferente.

DSC_1790

Fogbound, un grupo de rock psicodélico proveniente de A Coruña, foi o encargado de amenizar as horas máis calurosas do día. A pesar de que moitos dos alí presentes se refuxiaron baixo os parasoles, un pequeno grupo de valentes permaneceu á fronte do escenario durante todo o concerto.

DSC_1796

A maoría dos postos pertencían aos locais de gastronomía: cupcakes, produtos típicos galegos, comida de importación… como o salón de té Dulce Victoria ou My Food Shop. Tamén houbo espazo para a beleza.

DSC_1808DSC_1809DSC_1824

O interior do pazo estaba reservado para as tendas de roupa, como B Besito, Core Surfing ou Núa.

DSC_1828DSC_1812DSC_1831

O Pazo de San Lourenzo despediuse desta terceira tempada de Estrea Estilo con moi bos resultados de asistencia, funcionando como plataforma de apoio aos comercios máis modestos de Santiago de Compostela.

DSC_1786

DSC_1785

DSC_1794

Texto e fotografía: Irene Picallo Doce e Natalia Saavedra.