As enquisas piden pactos nas principais cidades galegas

Estamos a menos dun mes das Eleccións Municipais e as enquisas empezan a sementar a partes iguais medo e desilusión entre os partidos. La Voz de Galicia publicaba onte os datos proporcionados por Sondaxe sobre a intención de voto das sete principais cidades galegas de cara ás eleccións municipais do 24 de maio e tamén ás xerais, que todavía non teñen data. Como xa contabamos hai unhas semanas, as enquisas non son fiables ao cento por cento, pero amosan unha tendencia común a toda España: é tempo de pactos.

O PP é o principal damnificado desta nova etapa da política española: en Galicia desfrutaba de tres maiorías absolutas en A Coruña, Ferrol e Santiago. Se os resultados dan enquisas se repiten dentro dun mes non conservaría ningunha das tres. Iso si, podería gobernar en A Coruña e Ferrol co apoio de Ciudadanos, que irrompen con forza con catro e dous concelleiros, respectivamente. Unha fronte de esquerdas botaría por terra un goberno en Santiago, onde a corrupción tan só lle custa ós populares dous concelleiros —pasarían de 13 a 11—. En Ourense tamén terían esperanzas de arrebatarlle a alcaldía ó PSOE, xa que os 12 concelleiros do PP sumados ós tres de Democracia Ourensana suporían unha maioría absoluta. Máis complicado terían o panorama en Lugo, onde empatan co PSOE a once concelleiros e hai outras tres forzas cun edil que decidirán a cor do goberno: Ciudadanos, BNG e Lugo Novo, a candidatura de unidade popular da cidade das murallas.

O podería de Feijóo a nivel autonómico parece evidente, pero o seu partido está en clara decadencia a nivel local | Fonte: EFE

O poderío de Feijóo a nivel autonómico parece evidente, pero o seu partido está en clara decadencia a nivel local | Fonte: EFE

O panorama e moito máis desolador para o PSOE, xa que perdería a alcaldía de Ourense. En Lugo contan con opcións de revalidar o goberno local, xa que das tres forzas que poden inclinar a balanza hai dúas —BNG e Lugo Novo— que teñen máis posibilidades de pactar con eles que co PP e manter a José López Orozco no cargo. Mención aparte merece o caso de Vigo, onde Abel Caballero repetiría no cargo… pero con maioría absoluta. É a única alegría da que pode disfrutar o PSOE segundo estas enquisas, xa que a caída en toda Galicia de cara ás eleccións xerais é tamén moi importante.

A debacle do bipartidismo non axuda ó BNG a ascender precisamente, máis ben todo o contrario: o partido nacionalista perdería concellarías en tódalas cidades galegas, menos en Ourense —onde se mantería con tres— e Pontevedra. Neste caso, Miguel Anxo Fernández Lores faríase cunha maioría absoluta e revalidaría o seu posto de alcalde por quinta lexislatura consecutiva. Lembremos que Lores leva ó frente do concello dende 1999, polo que é o rexedor máis veterano das grandes cidades galegas xunto con José López Orozco en Lugo. O verdadeiro problema chega ó ver de cara ás eleccións xerais: a caída do BNG faría peligrar un dos dous escanos do partido no Parlamento. O sistema electoral español podería salvar ó Bloque dun mal maior.

Unha das novidades de cara a estas eleccións municipais son as candidaturas de unidade popular. A súa aterraxe na vida política dos concellos galegos é discreta na meirande parte das cidades, pero noutras aspiran a facerse cun premio maior: a alcaldía. Cómpre recordar que estas candidaturas están conformadas por persoas de partidos do ámbito da esquerda —Podemos, Esquerda Unida ou Anova— e de movementos sociais que entran a título individual. En Santiago están ante unha oportunidad única: o seu candidato, Martiño Noriega —actualmente alcalde de Teo por Anova—, pode ser o próximo alcalde da capital galega. Para iso sería necesaria unha fronte de esquerdas entre esta candidatura de unidade popular, Compostela Aberta, xunto a PSOE e BNG. O seu equivalente en Ferrol, Ferrol en Común, tamén desembarca con cinco edís, superando en intención de voto ó PSOE. Iso si, todo apunta a que o PP conservará a alcaldía. Obviando Pontevedra e Ourense, estas candidaturas terán presencia no concello no resto de cidades galegas, chegando no caso de Lugo a poder ser determinante de cara á formación de goberno.

O papel de Ciudadanos será fundamental para que o PP manteña as alcaldías de Ferrol e A Coruña

O outro debutante nestas eleccións municipais é Ciudadanos. A formación liderada por Albert Rivera ten pouco percorrido en Galicia, pero iso non impide que se faga con concellarías determinantes á hora de formar goberno. A meirande parte dos seus integrantes, ademais de fóra da política, veñen do PP, UPyD —partido que non obtería ningún concelleiro nas sete grandes cidades— e dalgún partido localista, algo que choca co ideario do partido. O papel de Ciudadanos será fundamental para que o PP manteña a súa alcaldía en Ferrol e A Coruña, onde os de Rivera obterían con catro postos na corporación, os seu mellor rexistro en Galicia. En Santiago a cousa estaría máis complicada: un pacto entre PP e Ciudadanos podería conferirlle o bastón de mando ó PP se Compostela Aberta, PSOE e BNG non se poñen de acordo.

O panorama a un mes das Eleccións Municipais do 24 de maio | Fonte: Datos de Sondaxe, Infografía La Voz de Galicia

O panorama a un mes das Eleccións Municipais do 24 de maio | Fonte: Datos de Sondaxe, Infografía La Voz de Galicia

A nota característica desta nova etapa política que polo de agora está tan só no horizonte está clara: a obriga de pactar. Coa salvedade da provincia de Pontevedra e as súas maiorías absolutas, no resto de cidades haberá que esperar ás conversacións posteriores aos comicions para saber quen formará goberno.

Este mesmo panorama é extrapolable ó ámbito nacional, aínda que é moito máis que preocupante para os dous grandes partidos.

O PSOE perde en xeral sobre 10 puntos porcentuais de intención de voto, incluso no Vigo de Abel Caballero. Preocupantes cifras, pero que se quedan en nada se as comparamos coas do PP: os populares perden entre 10 e 22 puntos en intención de voto en todas e cada unha das sete cidades. Son especialmente demoledores os casos de Lugo e Ferrol, onde o PP pasaría do 50.2% ó 29.8% de votos e do 48% ó 25.6%, respectivamente. Non fai falla aclarar que, evidentemente, é a maior caída dun partido nunha sola lexislatura. O ascenso de Podemos e Ciudadanos é proporcional á caída dos dous grandes partidos: os primeiros serían segunda forza en Ferrol, mentres que os segundos ocuparían ese posto en Vigo e Santiago. Superarían os 10% de votos en tódalas grandes cidades. Pódemoslle chamar cambio ou recambio, pero a política española e, por ende, a galega, estase a mover… e moito.

Fonte: Datos da enquisa preelectoral de maio de 2015 de Sondaxe, infografía de La Voz de Galicia.