Rógase ledicia

© Anxo Galbán

© Anxo Galbán Lesende

Pasado San Xoan, somos seres afectados por unha maior cantidade de horas de luz, o cal de forma subconsciente nos inunda de outra enerxía e perspectiva moi distinta á presente nos días de borrascas e temporais. Sol, terrazas, xente, conversas e risas bombardean estos escasos meses nos cales se nos permite vivir con certa flexibilidade e despreocupación. Convídovos a tomarse a vida diaría con menor hastío; reíde, disfrutade, realizade lecturas despreocupadas e recoméndovos depurar a máxima cantidade posible de residuos causados pola dieta do sofá e a escaseza de tempo.