Terbutalina: “O rollo é acabar tirados”

A Terbutalina está de volta. Xusto un ano despois de facernos vibrar na Capitol co Ritmo Serbio, regresan á muerte. E non é unha expresión, a cousa vai en serio! A Muerte estrearase en directo o 7 de marzo. Dez intensas cancións, cada unha coa súa historia, e ningunha delas supera os dous minutos. Porque son moi punk, porque si, porque lles gosta, porque lles peta e queren e lles da gana, como diría Celso Emilio. En internet, o disco leva dispoñible xa dende mediados de febreiro e en tan só tres horas esgotáronse as descargas gratuítas de bandcamp colocándose en menos dunha semana en primeiro lugar como disco máis popular de Galiza e 5º a nivel español no portal web.

Portada do disco. Deseño de ArinsPunk

Portada do disco. Deseño de ArinsPunk

Como se sente Terbutalina ao esgotarse as descargas gratuítas de A Muerte dende o bandcamp?

Samuel: Son moitísimos meses nos que o estás preparando. Aínda que o disco sexa cortiño de todo, é un proceso moi largo e estás moi expectante con como o vai a recibir a xente porque nunca sabes cando vas chegar a aburrir. E que de repente houbo así xente pendente dese momento para descargalo a esa hora…

Miguel: A verdade é que a nós molounos moito. De repente acabáronse as descargas e foi en plan, hostia! Se viñeran a metade deles á Capitol ao do 7 de marzo…(risas). Gústanos moito ese rollo, xa que non o vendemos nin nada. Iso é que a xente está expectante.

S: Ou que a xente ten pouco criterio…ou moito criterio.

M: Y que es gratis. Lo gratis es mejor y es bueno.

Terbutalina1

Samuel e Miguel | ©Ada Seoane

E que é o que máis vos gusta deste disco?

S: Antes de que o sacaramos foi cando máis o escoitei para ver como o recibiría a peña. Escoitei varias cancións seguidas, unha canción solta… e penso que é un disco de puta madre para escoitar antes de saír. En plan de vou saír hoxe a muerte e bailotearte, e escupirlle na boca á xente. É un disco para escoitar o día seguinte con resaca, e discos para escoitar con resaca non hai moitos!

M: O son que sacou Tomás -Ageitos, do estudio A Ponte, ubicado en Roxos-. A min paréceme que as letras están mellor.

S: Porque as fixo el (risas).

O ano pasado, a presentación do Ritmo Serbio foi o 7 de marzo. Este ano presentades A Muerte tamén un 7 de marzo. Isto é casualidade, foi a posta ou como é a cousa?

S: Temos collidos os proximos cinco anos na Capitol, entón vémonos forzados a sacar disco. Non queríamos sacar este disco realmente, pero foi en plan de: temos pillada a Capitol, vamos facer algo.

M: Eu teño un colega que se chama Víctor que cumple anos o 7 de marzo e pensa que é polo seu cumple, pero non é.

S: Meu abuelo cumple anos ese día.  É para non ir ao cumpleaños. Para ter unha excusa.

A Familia Caamagno estivo un mes antes. Non estivestes os dous grupos detrás desa data para estrear disco?

M: Eles presentan antes porque así é rollo “los teloneros”.

S: La antesala de los Oscar.

M: Eles son os Goya e nós somos os putos Oscar.

S: Os Caamagno son moi dados a roubar ideas. Son moi dados a roubarnos cousas.

M: Como Rantanplan que era nosa.

S: O Ritmo da Caverna que é unha idea de Migui. Isto é mentira, pero bueno. Non, querémolos moito, por iso dicimos estas cousas.

M: Creo que somos os dous grupos de Galicia que fan as cousas mellor e creo que se non tocara en ningún grupo gustaríame ir ver a Familia Caamagno e a Terbutalina. Cun par de huevos aí. Despois péganme pola calle, pero dame igual. La humildad pa’l fútbol.

No ecuador deste álbum atopamos un verdadeiro himno, a canción con máis sona, cousa ben notable coa cantidade de tuits nas que se lle fai referencia. Compostela fala das noites de festa da cidade universitaria, e ten sentido esta transcendencia dado que a maioría do público dos terbutalinos atópase eiquí.

©Ada Seoane

©Ada Seoane

M: Porque somos de Muros, pero a xente á que lle mola está aquí ou en Salceda- “e na Capela”, engade Samu- Eu creo que nós temos moito público estudante e aínda que o estribillo diga Compostela, pode ser en calquera cidade.

S: É un tema universal. En Pontevedra tamén quedaría ben, eh. Ten as mismas sílabas. Cando vaiamos a Pontevedra dicimos o mismo.

M: O roio é ir cambiando.

S: Adaptándonos camaleonicamente.

M: Probamos con Los Angeles e Nueva York, pero non quedaba ben.

Entón Compostela, xa se converteu na vosa cidade adoptiva?

M: Si, tío.

S: Para min si. E que realmente, cantas veces tocamos xa en Santiago?

M: Non sei, porque aquí sempre mola, sabes? Aquí de Compostela hai pouca xente. Eu creo que o que mola é iso. Que nós non somos daquí e o público que temos tampouco é daquí, pero é como o sitio para reunirnos.

S: É como baixar o bar pero en Galicia.

M: É a capital, eu creo que eso non o ten moi claro a xente.

S: Hai un apóstolo enterrado.

M: E unha catedral non a hai en moitos sitios. Hai un camiño que vén ata aquí desde Francia.

Falades de ir ben peinados, cal vai ser o estilo do 7?

M: Bua tio, aí desteslle.

S: Vai ser unha sorpresa. É unha forma de dicir que non temos nin puta idea. Estamos perdidísimos tío.

M: Haberá gafas de sol, iso seguro.

S: E haberá aínda máis luces que o ano pasado.

M: E non imos ir desnudos e tal. Conste que cando empezábamos a tocar desnudábamonos. Eso sabeo pouca xente.

S: Pero era moi catárquico, eh tio!

Acompañarannos os Demonhigh, un grupo formado por dous rapaces, Senra á guitarra e voces e Docampo á batería, que tamén estarán estreando álbum. Como xurdiu  o contacto cos Demonhigh?

M: O día que tocamos en Santiago cos Carminha e os Curtinaitis, despois fumos a tomar algo por aí e atopámonos con Christian, o cantante, que era colega dos Carminha, e presentáronolo alí. Dixo que tocaba nun grupo e contounos unha historia de que un día nun concerto quedarase a durmir no medio dun terreo ou algo así, e caeunos guai e dixemos rockanroll. Comentámosllo e apetecíalles.

S: Ademais presentan disco agora.

M: E a ver que tal, nunca tocaramos con eles pero supoño que irá ben.

S: Quero dicir, alguén que coñeces nun bar a esas horas e che fala máis ou menos ben, dis ti, tes que confiar nel. Nós somos moi  de primeiras impresións, moi de amor a primeira vista.

Algunha vez alguén foi a muerte con vós por algo que decides nas cancións?

M: Non, nós non temos problemas con nadie… Bueno a veces temos problemas pero non son para decir en entrevistas.

S: Os problemas que teñamos nós arréglanse como se arregla todo, a hostias. Temos moitos inimigos pero eles xa saben quen son.

M: De verdad somos un pouco aí “rudeboy gañán”. Non, pero nunca tivemos ningún follón… denunciaronos aí polo de Madeleine….- isto é verdade ou é mentira?- É mentira, como o 90% das palabras que saen da miña boca.

E o video promocional?

S: Estabamos pensando como promocionar A Muerte e vimos un anuncio provida e dixemos: ca vida vas a muerte. A min a vida encántame. Entón vimos a esa xente falando da vida e foi en plan: “joder pues a muerte”. Aparte era como un all-star do roio rancio. Estaba Carmen Lomana, Ortega Lara…

M: Como se chama este o de chatina?

S: Arturo Fernández, menudo crack: “yo apoyo la vida” e a tomar polo cú. Nós somos de cousas moi fáciles. Se o disco se chama A Muerte buscamos “vida” en google e o que encontramos, masticámolo un pouco e xa.

M: Nós somos moi normais. Somos una persona normal, de la calle como a los que nosotros llamamos fans. Que bah esto non o poñas. Se non lle pos risas, igual me pegan unhas hostias (risas).

S: Parece que somos parvos, pero non somos parvos, eh, cuidao.

©Ada Seoane

©Ada Seoane

E máis aló da festa que vai ser o concerto do 7, Terbutalina confésanos o verdadeiro cometido deste día:

M: Eu o único que espero da Capitol é que veña xente.

S: E que dentro de nove meses nazan rapaces dese día, ese é o obxectivo. E que lle poñan ao neno amuerte, escrito todo xunto, amuerte. Amuerte Fernandez nosequé, o que sea, eme igual.

M: Esperamos que vaia moita xente a bailar.

S: E que a xente o tome como o día de romperse máximo. Que a xente veña a Capitol a dalo todo. E despois ímonos encontrar con esa xente pola noite, e queremos ver a todos dándoo todo, ese é o obxectivo. O rollo é acabar tirados.

M: Que sexa algo máis que un concerto, e que a poder ser non se acorden de como foi.

S: Exactamente, por iso imos levar o tema das luces e todo eso, para que olviden todo o que viron.

©Ada Seoane

©Ada Seoane

Para moitos grupos de punk e rock, a cousa é sexo&drogas&rock’n’roll. A Terbutalina coincide con isto ou cal sería a vosa versión?

M: Bua, no tío. Amor… alcohol…

S: Sobre todo amor.

M: Y música ligera, y reggaeton.

S: Nós sobre todo somos expectativas non cumpridas, sabes? Ese tipo que che mira durante o concierto e despois non pasa nada. Esa tipa que che insinúa pero…

M: Andamos ahí moi pegados sempre eu e Samu, pero ao final nunca acabamos de consumar o acto. A min o de sexo, drogas e rock and roll paréceme unha mierda-

S: Home as drogas, eu penso que si, algunhas.

M: O sexo, unha mierda. O rock and roll é unha mierda. Sudar, gintonic e reggaeton. É o concepto do siglo XXI.

S: Agora, na Capitol vai ser sexo, drogas e rock and roll. Sobre todo sexo para cumplir o obxectivo. De feito reto a calquera persoa que estea na Capitol a manter relacións sexuais na propia sala.